Articles

PROTOCOLOS DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID

18/09/2020 09:29
Atlantic/Bermuda

Aquí tedes os documentos de adaptación á situación covid, que como xa vos informamos, trátase de PROTOCOLOS VIVOS, que serán sometidos a continuas revisións e/ou actualizacións segundo indiquen as autoridades sanitarias e/ou educativas.

CONCURSO DE IDEAS CAMBIO DE DENOMINACIÓN DO CENTRO

Pechamos 50 anos de ensinanza, case nada! Así que pensamos en facer unha renovación do nome do cole, e queremos que toda a Comunidade Educativa participe (nenos/as, pais, nais, mestres, persoal do centro, Concello...)

 

Pensamos adicar o nome a unha muller (xa que o resto de coles levan nomes de homes), unha muller da vila ou da zona, e preferiblemente científica ou ilustre. Aínda que tamén podedes enviarnos outros nomes interesantes.

 

Agardamos as vosas propostas ata o 15 de xuño, cubrindo este formulario.

A PITA FALADORA 2019/20 - Nº41

17/05/2020 00:00
Atlantic/Bermuda

Como ben sabedes, hoxe é o Día das Letras Galegas, que este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero.

Como non o puidemos celebrar no cole, quixemos darvos unha sorpresa e publicar a nosa Revista anual o 17 de maio de 2020

A nosa Pita Faladora xa vai polo número 41 (fai clic), e este ano é o primeiro número integramente dixital. Froito das aportacións de alumnos, alumnas, mestres e mestras; o Equipo de Dinamización da Lingua Galega encargouse da súa maquetación. Agardamos que vos guste!!! A desfrutar deste día lendo.

Portada Pita Faladora nº41   Bandeira Galicia   Contraportada Pita Faladora nº41

DÍA DA EDUCACIÓN FÍSICA NA CASA 2020

02/05/2020 18:17
Atlantic/Bermuda

Que gran acollida tivo a nosa proposta! Como nos alegramos!

Tras procesar a morea de fotos e vídeos que nos enviastes, aquí tedes o ansiado resultado. Agardamos que vos guste e sentimos os recortes que tivemos que facer para que non se nos extendera demasiado a composición.

Un saúdo e o noso agradecemento pola participación!! Os profes de Educación Física e psicomotricidade: Rubén, Conrado e José Ángel.

#DEFC2020

      

CONSIDERACIÓNS INICIO 3º TRIMESTRE

13/04/2020 23:55
Atlantic/Bermuda

Texto da Consellería:

Con motivo do mantemento da situación de emerxencia de saúde pública causada polo COVID-19, e conseguinte suspensión da actividade lectiva presencial desde o pasado 13 de marzo,  unha vez rematadas as vacacións de semana santa e coa finalidade que os centros educativos poidan iniciar a organización da súa actividade neste terceiro trimestre:

1.- A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Así mesmo, os centros educativos avaliarán as medidas a adoptar para a atención ao seu alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto. 

2.- Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan.

 

- En canto recibamos información máis precisa, a partir desa reunión do mércores, vos poderemos aclarar algunhas dúbidas que nos consultades; mentres, plantexamos unha primeira semana de repaso con tarefas sinxelas.

- Nada máis poidamos saber se o terceiro trimestre se adicará a repaso, si se poderá ampliar contidos, se os contidos virán predeterminados logo dun acordo nacional, se serán avaliables, se se entregarán tarefas, como dar resposta á fenda dixital para chegar a todo o alumnado... nada máis poidamos saber todo isto volo faremos saber.

 

Paciencia e moito ánimo nesta situación tan complicada. SAÚDE!

MENSAXE D@S PROFES: VÍDEO

07/04/2020 09:51
Atlantic/Bermuda

Todo o profesorado do CEIP Nosa Señora dos Remedios queremos enviarvos unha mensaxe en forma de vídeo. Un graniño de area para intentar animar a todos os nenos e nenas e a toda a familia. Na distancia, seguimos estando ao voso lado e vos estrañamos.

Pero... PRONTO ESTAREMOS XUNTOS!!!


Moito ánimo familias, e moita saúde.

Unha aperta enorme de todo o profesorado.

AXUDAS ECONÓMICAS USUARIOS COMEDOR ESCOLAR

30/03/2020 00:05
Atlantic/Bermuda

Hoxe, publícase no Diario Oficial de Galicia a Orde de 27 de marzo de 2020 pola que se aproban axudas económicas destinadas ás familias con fillos/as usuarios de comedor, na condición de gratuidade total ou semigratuidade (os pagadores dun euro).

TRAMITACIÓN EXCLUSIVAMENTE TELEMÁTICA (fai clic)

Explicámosvos todo o proceso nos dous ficheiros adxuntos: a propia Orde, e un resumo que vos fixemos para unha interpretación máis doada da mesma.

Dende o martes 31 ao venres 3, o Equipo Directivo resolverá dúbidas en horario de 10 a 13h no teléfono 886110532 e no mail ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal

PRAZO LÍMITE DE SOLICITUDE: LUNS 6 DE ABRIL DE 2020

AVISO URXENTE: SUSPENSIÓN DAS CLASES

12/03/2020 14:46
Atlantic/Bermuda

A partir do luns 16 de marzo o centro estará pechado, suspendéndose polo tanto os servizos de transporte, comedor, excursións e todo tipo de actividades extraescolares. A atención ao público farase telefónicamente de 10 a 13h no 886110532 ou vía correo electrónico ceip.nosasenora.remedios@edu.xunta.gal (non se atenderá presencialmente).

Continuaremos actualizando esta entrada.

Un saúdo,

O Equipo Directivo.

*Actualización ás 19:39h do 12/03/20: publícanse as medidas a adoptar no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirusMedidas a adoptar en todos os centros de ensino en relación coa pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o día 16 de marzo de 2020.

*Actualización ás 11:47h do 13/03/20: debido ao peche de todos os centros educativos dende o luns 16, todos aqueles alumnos/as que teñan libros, libretas, estoxos... na aula que desexen recoller, poden facelo durante a maná de hoxe. Agora mesmo o profesorado se atopa seleccionando as tarefas a enviar durante o período no que o centro se atope pechado. A partir do luns farémosvos saber como acceder ás mesmas.

*Actualización ás 20:08h do 13/03/20: a presentación de SOLICITUDES DE ADMISIÓN prolóngase, e finalizará unha semana despois do reinicio das clases. Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

*Actualización ás 23:47h do 15/03/20: Nos centros educativos de todos os niveis de ensino non universitario de mais de seis unidades solo permanecerá en réxime de quendas unha persoa do equipo directivo do centro de 10 a 13 horasEn todo caso, tal como xa explicamos, non se atenderá presencialmente a ningunha persoa; a atención será telefónica e telemática.

 

 

ENTROIDO 2020

26/02/2020 20:53
Atlantic/Bermuda

O pasado venres 21 de febreiro celebramos o Entroido no cole, logo de estar toda a semana ás ordes do Meco. Culminando cun gran desfile e chocolatada posterior para recuperar forzas. Aquí tedes mostra delo!

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 2020

10/02/2020 10:49
Atlantic/Bermuda

O Equipo Directivo ten o pracer de convidarvos a coñecer o noso Cole, visitar as instalacións coas que contamos, e charlar resolvendo as vosas dúbidas. 

Xornadas de portas abertas do CEIP Nosa Señora dos Remedios para as familias de posibles novos alumnos/as para o curso 2020/21. Tedes dúas opcións:

Martes 18 de febreiro ás 17:00h

Mércores 19 de febreiro ás 12:45h

Vide a visitarnos! clika no enlace para ver o vídeo

 https://drive.google.com/file/d/1pQXQOvz38S0J88h5tkLVEzIx0gSB5vR9/view?usp=drivesdk