Articles
O SAMAÍN NO COLE
Así foi como celebramos o Samaín no cole.
Recollida solidaria de roupa
Dende o colexio queremos agradecer o éxito que tivo a recollida de roupa solidaria.
Aquí vos deixamos un agradecemento e a mostra da cantidade de roupa e calzado recollidos. GRAZAS!
SEMANA BRANCA EN SAN ISIDRO
Pinchando no seguinte enlace podedes ver imaxes da semana branca que pasaron alumnos e alumnas de 5º e 6º de E. Primaria do CEIP Nosa Señora dos Remedios na estación de San Isidro en León:
https://drive.google.com/drive/folders/1CPuX2sQuy0r7uk6vHW2gVy-2wybz5w4V?usp=sharing
PROXECTO PITIÑOS E ROBÓTICA NA III SEMANA DAS CIENCIAS DE PONTEAREAS
Os pasados días 13 e 14 de abril alumnado de 2º de E Primaria e varias mestras do colexio participaron na III Semana das Ciencias de Ponteareas co proxecto Pitiños: Un proxecto do ovo á galiña, premiado no IV Concurso de traballo por proxectos da Consellería de Cultura, Educación e O.U. Tamén se participou co proxecto de iniciación á robótica que estamos a aplicar no colexio.
A experiencia foi moi positiva e houbo moita expectación por parte do público asistente a esta Semana das Ciencias.
CHARLAS DA GARDA CIVIL SOBRE OS PERIGOS DE INTERNET E ACOSO ESCOLAR PARA O ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA
Neste mes de abril de 2018 tivemos no colexio dúas charlas importantes para o noso alumnado de 5º e 6º de E. Primaria, impartidas pola Garda Civil.
O 12 de abril tratouse o tema dos perigos de Internet para o alumnado asistente ás charlas e o 18 de abril tratouse o tema do acoso escolar e ciberacoso. Os asistentes mostraron moito interese pola exposición realizada pola Garda Civil e confiamos en que lles sirva de moita axuda.
Agradecémoslle á Garda Civil a colaboración inestimable nesta actividade.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »