Na semana previa ao Día mundial da meteoroloxía, teatro e poesía o alumnado do Ciclo de animación do CIFP Portovelo realizou catro contacontos no noso centro, relacionados, todos eles, co tema dos PDI que se entán a desenvolver en Ed. Infantil e 1º, 2º e 3º de ED. Primaria.
- O alumnado de 4º e 5 de educación infantil participou na representación dun conto sobre planetas titulado "A que sabe a lúa" que mantivo aos máis cativos do centro pendentes de todo o que acontecía no teatriño de monicreques.
- O alumnado de 6º de educación infantil presenciou a representación dun teatrillo de monicreques sobre robots.
- O alumnado de 1º e 2º asistiron ao contacontos titulado "A noite das mudanzas". Ao remate, realizaron unha pequena sesión de xogos populares dentro da aula.
- O alumnado de 3º presenciou a representación con sombras chinescas de "Wangari e os árbores da Paz". Ao remate do conto, realizaron un pequeno obradoiro medioambiental para concienciarse da importancia da auga nas nosas vidas.
O alumnado do CIFP Portovelo fíxoo xenial, e nós pasámolo moi ben.
Temos que repetir!!!
![](https://lh3.googleusercontent.com/qNWHdrQ3mCoy6BziDI1ieZQNUCke6jkAjhYQ69ju5jxwDmL0XXF7gi7UZZtY5_qyWUqP5ElvD4JrbL8BTAPQtaoPwgKuM38HCSuHeeWw9Nudw0c-G2VGX23XCVA4lBgggaZKhfVUFOlDpwsA4dCuG_BrlT9zaoLJ77bsCeCp1aZ7dLRERw_UxQDe7D-J_Jy4SJG69tls6wgMVTJ9eMpXJjc1bK7j3KTRgzIcgyYLztV2u7dveIu3UDVmMTyDuUnvRCzP5SdCuFta5wHCGoTQfg5Ft-G8iwZXOzG3mq3B0BNvG5frdE5EKI_kx3Ifrf3_Fw-k0UkngAPWEEbqaW_O7JrzKTvWRJ5wiE3prbhdaqPLXMN9UKSpQhJUyv1R-zuMvxUy77hP6UnE3sk_YJbPCIUtZsqmIXEzP2Pyal6pnJppOxA6VDLMJTv6vVzzMuZAOXMh72tFTtCDGTd8pw0MbD9LS1g2dKyPeiC-JC3M538PnJ6qaMLI9M62xhAiPrAiGFWccZGVlKtL68KKz8Ajt_GdB7hU8b5K7-x4usoMS4pwOdntd5zCkVxPZx3JYgzNbE35I59gaNQGVOfk64vM26s2NGf7p6Rwxx933e5WNHrlWqy3YZbZ1ihGDcTmNlQHWFAFpmoEoWvy-0Xy0G8Fka08aE5170xudQ=w1200-h804-no)