CLUB LECTURA. 3º EDUCACIÓN PRIMARIA.

portada

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como primeiro libro “Luuuume” de Andrea Freire da Editorial Antela. O libro foi traballado no mes de outubro onde nos centramos na xestión das emocións, prestando especial atención á ira.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como segundo libro “Sabela e os zocos máxicos” de Lorena María Croques da Editorial Proxecto Terra. O libro foi traballado no mes de outubro. Neste libro rexistramos o vocabulario galego descoñecido a través da historia dunha nena no rural.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como cuarto libro “O cazo de Lorenzo”de Isabelle Carrier da Editorial Juventud. O libro foi traballado no mes de outubro e novembro do curso escolar 2023/2024, este libro tiña o foco en tratar a diversidade.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como quinto libro “Mercedes quiere ser bombera”de Beatriz Moncó e mabel Pierola da Editorial Bellaterra. O libro foi traballado no mes de xaneiro. A temática principal é a igualdade de xénero. Este libro deu moito para reflexión e debate sobre a situación de xénero na actualidade.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sexto libro “Pregunta a Dra Peteiro sobre o tempo”de Claire Llewellyn da Editorial Baía. O libro foi traballado no mes de xaneiro e febreiro. Con este libro traballamos conceptos do tempo xa que este tema está ligado ao noso PDI “Acción polo Clima”.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como sétimo libro “Descubramos o océano”de Mia Cee Cee da Editorial Émbora. O libro foi traballado nos meses de febreiro e marzo traballamos o coidado dos océanos a través dun cómic.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como oitavo libro “Os bolechas no entroido”.de Pepe Carreiro da Editorial Promocións Cultuaris Galegas. A través do caderno que ten este libro, os nenos aprenderon sobre o entroido e as súas peculiaridades.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como noveno libro “Xela, a superheroína da aldea”.de Inma Soto Iglesias da Editorial Aira. Este libro foi lido en Abril. Deseñamos un caderno de actividades onde os nenos facían comprensión lectora xunto con xogos onde o alumnado coñeceu o nome de animais da fauna típica galega. Ao rematar, tivemos o privilexio de ter como invitada a autora do libro representándonos o conto e firmando aos seus cadernos.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como noveno libro “Te necesitamos”de José Luis Gallego da Editorial WWF. Libro que trata o tema dos animais en perigo de extinción. Ao igual que o libro da Dra Peteiro, que mencionamos anteriormente, este libro está ligado a temática do noso PDI.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como décimo libro “Quen me quere adoptar? de Fina Caslderrey da Editorial Xerais. O mes de maio comezamos lendo este libro coa finalidade de enganchar aos nenos na lectura a través dun divertido relato corto.

O Club de lectura de 3º de curso de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe Manuel Sueiro, elixiu como undécimo libro “Estrela...fugaz?” de Carlos Labraña da Editorial Galaxia. Seguindo no mes de maio e como aínda non traballáramos nada de teatro, escollemos esta obra para enganchalos a outro estilo de libro onde cada neno poderíamos practicar a dramatización.

    estrela   oceano

lorenzo

sabela

Galeria

DOBRAXE NA ESCOLA

dobraxe

O 14 de maio o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participou no obradoiro de “Dobraxe na escola” que organizou a concellería de educación do noso Concello no Auditorio.

Da man dos actores e dobradores profesionais Suso Pando e Manuel Pombal achegámonos á técnica da dobraxe, concretamente á das películas de animación para coñecer esta máxica e innovadora ferramenta que foi quen de captar a atención, do alumnado, sobre aspectos básicos na comunicación oral, como cadencia, ritmo ou intención.

A técnica de dobraxe fai que os nenos e as nenas traballen aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e a colaboración en equipo; ao tempo que os motiva a divertirse na nosa lingua.

Ao principio, os monitores fixeron un xogo dramático no que nos contaron todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe. A continuación, ensaiamos un fragmento de Bob Esponxa, aprendendo a encaixar as nosas propias voces nas bocas dos personaxes. Para rematar, fixemos de dobradores e dobradoras, lendo o guión facilitado, ensaiamos, para gravar a continuación a dobraxe.

dobraxe

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria convértense en artistas do cómic

Os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria convértense en artistas da banda deseñada

O alumnado de 1º e 2º do Mnuel Sueiro embarcáronse nunha emocionante viaxe ao mundo da banda deseñada, aprendendo a crear as súas propias historias a través de debuxos, globos de diálogo e onomatopeas.

Nesta divertida actividade, os pequenos e pequenas artistas descubriron os elementos básicos do cómic, dende as viñetas que enmarcan cada escena ata os globos que dan voz aos seus personaxes.

Aprenderon a diferenciar entre os diferentes tipos de globos, como os de diálogo para as conversas, os de pensamento para mostrar o que están a imaxinar, ou os de voz baixa para os susurros. Tamén practicaron a creación de onomatopeas, esas palabras que imitan sons como "boom", "crash" ou "miau", para dar máis vida ás súas historias.

Para completar as súas obras de arte, o alumnado incorporou símbolos que transmiten emocións, como corazóns para o amor ou raios para o enfado, e liñas de movemento que indican a acción que está a ocorrer.

O resultado final foi unha colección de cómics cheos de creatividade e imaxinación, onde cada viñeta conta unha pequena historia e cada personaxe ten algo que dicir.

1º Premio Rexional do Exército

1º PREMIO FASE REXIONAL

Por cuarto ano consecutivo, o alumnado de 5º E. Primaria acadou o 1º PREMIO na súa "FASE REGIONAL" dos "Premios Ejército 2024", obtendo así o pase á Fase Nacional da que resultaron gañadores os dous últimos anos.

No curso 2020-2021 gañaron por primeira vez a Fase Rexional e quedaron finalistas na Fase Nacional cun proxecto titulado “SI FUERA FÁCIL, LEERÍAN OTROS”, no que destacaron o traballo que mulleres e homes da Base Gabriel de Castilla desenvolven na Antártida, coidando ese ecosistema tan fráxil.

No curso 2021-2022 acadaron o 1º premio na súa Fase Nacional co proxecto “DE BASE A BASE E LEO PORQUE ME TOCA”. Nesa ocasión o proxecto poñía de relevo a importancia do persoal da Base Cid Campeador na escavación no xacemento de Atapuerca.

O curso 2022-2023 decidimos valorar o traballo do persoal da Base Oroel San Bernardo en Jaca a prol da inclusión das persoas con discapacidade visual cun proxecto títulado “MIRANDO SIN VER”.

Este curso o proxecto gañador leva por título “MIS PIES JUNTO A LOS TUYOS”, destacando o coidado dos máis débiles, en especial, nenos e nenas nas zonas de conflito internacional. E onde son precisos axudan na construción de pozos de auga potable, protección de almacéns de alimentos, creación de hospitais, ...

Despois do fallo do xurado nacional daremos conta de todo o noso traballo, resulte gañador ou non.

MOITA SORTE!

1º Premio Rexional

 

 

ODS nº 2: Fame cero

Traballando o ODS nº 2; "Fame Cero"

Nun esforzo por abordar a problemática global da fame e promover unha alimentación responsable, o alumnado de 2º de primaria mergullouse nun emocionante proxecto centrado no Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 2: "Fame Cero".

Ao longo do curso escolar, investigamos e exploramos en profundidade o significado do ODS 2, participando en actividades educativas innovadoras que van dende a lectura de textos informativos ata a creación de emocionantes creacións audiovisuais.

O alumnado non só mellorou as súas habilidades de lectura e comprensión, senón que tamén recitou poemas con entoación, investigaron sobre a fame no mundo e aprenderon sobre a importancia dunha alimentación saudable e o consumo responsable.

Ademais, os estudantes volveron participar na creación dun horto escolar, onde aprenderon de primeira man sobre o cultivo de alimentos locais e de proximidade. Esta experiencia práctica non só fortaleceu a súa conexión coa natureza, senón que tamén lles ensinou sobre a importancia de apoiar a produción local para combater a fame e promover a sostibilidade.

A colaboración foi fundamental para o éxito desta iniciativa. Os estudantes demostraron unha notable mellora na súa autoestima ao compartir os seus coñecementos coa comunidade escolar de forma audiovisuale ao traballar xuntos para crear conciencia sobre un tema tan relevante.

Con estas actividades, desde o cole demostramos o noso compromiso coa educación integral do noso alumnado, preparándoos para converterse en cidadáns conscientes e axentes de cambio na loita contra a fame e a promoción de hábitos alimenticios sostíbeis.

Este proxecto continuará desenvolvéndose ao longo do curso, coa esperanza de inspirar a máis nenos e nenas a unirse a esta importante causa e traballar cara un mundo onde a fame sexa só un recordo do pasado.

Nas seguintes ligazóns ampliamos información de algunhas das actividades realizadas:

Club de lectura de 1º Ciclo

O Club de Lectura do 1º Ciclo experimenta un impresionante crecemento e éxito durante o Curso 2023/2024

Tras o éxito do curso anterior, o Club de Lectura do 1º Ciclo experimentou un notable crecemento e consolidación durante o curso académico 2023/2024. A participación e o entusiasmo do alumnado alcanzaron niveis sen precedentes, convertendo esta iniciativa nun pilar destacado dentro do programa educativo.

Durante este ano escolar, o club explorou unha variedade de libros cativadores, abordando temas que espertaron a curiosidade e o interese dos mozos lectores. Os títulos traballados incluíron unha selección diversa que podedes consultar máis abaixo.

Un dos aspectos máis destacados foi a continuación e o éxito dos concursos de animación á lectura, organizados como actividade final despois da lectura de cada un dos libros seleccionados. Estes concursos non só incentivaron a comprensión e o goce coa lectura, senón que tamén fomentaron a participación activa e a creatividade entre o alumnado.

Unha innovación notable este ano foi a introdución de técnicas de relaxación antes da lectura, utilizando técnicas de mindfulness. Esta práctica permitiu que os nenos e nenas se prepararan mentalmente para a lectura, creando un ambiente propicio para absorber e disfrutar das historias.

Ademais, como parte das actividades do club, incorporouse a gravación de lecturas de algúns capítulos dos libros utilizando o programa Audacity. Esta iniciativa non só mellorou as habilidades de lectura en voz alta do alumnado, senón que tamén contribuíu significativamente a elevar o nivel lector de todos os participantes.

En resumo, o Club de Lectura do 1º Ciclo foi unha experiencia enriquecedora e exitosa para todos os implicados. A combinación de actividades innovadoras, concursos emocionantes e unha coidadosa selección de lecturas contribuíu a fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento integral do alumnado.

A continuación, encontraredes unha lista dalgunhas das actividades realizadas este ano no club:

Mochila viaxeira 2023/2024 en 2º de Ed. Primaria

Ao longo do curso 2023/2024, volvemos implementar na aula de 2º de Educación Primaria o programa de Mochilas viaxeiras que se promove desde Bibliotecas escolares de Galicia.

Estas mochilas ofreceron aos estudantes a oportunidade de levar o seu contido durante unha semana para compartir coas súas familias. O material foi seleccionado coidadosamente polo titor e a mestra de lingua, coa supervisión da biblioteca, asegurando unha ampla variedade de textos e formatos en galego e castelán para que os nenos e nenas tiveran opcións diversificadas.

Cada mochila contiña un libro en galego, outro en castelán e unha revista, e ao comezo de cada trimestre renováronse os materiais para manter o interese e a variedade.

Ademais, ambas mochilas ían acompañadas de "O diario da mochila", onde tanto os nenos como as súas familias podían expresar as súas opinións, crear novas obras, debuxar e facer suxestións sobre o contido da mochila e os libros lidos.

Esta iniciativa resultou ser moi divertida para a maioría das familias, promovendo a interacción e o vínculo entre todos os seus membros, enriquecendo así a experiencia de aprendizaxe e lectura.

Podedes atopar unha selección dos traballos realizados polo alumnado no diario da mochila na seguinte ligazón:

Hora de ler de 2º Ed. Primaria

Éxito na Implementación da "Hora de Ler" en 2º de Ed. Primaria

Na aula de 2º de Ed. Primaira levouse a cabo con gran éxito a implementación da "Hora de ler", unha actividade diaria que se realiza entre as 12:00 e as 12:20 horas co obxectivo de fomentar o amor pola lectura e desenvolver as competencias literarias no alumnado.

Durante esta actividade estruturada, os nenos e nenas gozaron dun tempo dedicado exclusivamente á lectura autónoma cunha selección de materiais adaptados á súa idade e nivel. Libros, revistas, contos e outros recursos foron proporcionados para enriquecer a experiencia dos alumnos de primeiro.

O ambiente na aula transformouse nun recanto acolledor de lectura, deseñado para que os alumnos e alumnas se sentiran cómodas e estimuladas durante a actividade. Ademais, o profesorado estivo presente para ofrecer orientación, apoio individualizado e fomentar o intercambio de ideas entre os lectores sobre os libros lidos.

Entre outras, destacamos as seguintes actividades:

Os resultados foron extraordinarios. Observouse un notable aumento do interese pola lectura entre o alumnado ao longo do curso. Manifestaron entusiasmo pola selección de libros e compartiron activamente as súas experiencias cos seus compañeiros. Do mesmo xeito, observáronse melloras significativas na comprensión lectora e na ampliación do vocabulario.

A "Hora de ler" non só estimulou a imaxinación e a creatividade dos estudantes a través da lectura de diversos xéneros literarios, senón que tamén sentou as bases para desenvolver habilidades de lectura independente desde unha idade temperá.

En conclusión, esta iniciativa foi todo un éxito para fomentar o amor pola lectura e o desenvolvemento de competencias literarias no alumnado de segundo. Recoméndase continuar promovendo a lectura como unha práctica habitual na aula, dado que contribúe de maneira significativa ao desenvolvemento integral e ao enriquecemento cultural e lingüístico dos e das estudantes.

Lobo Ramón

O Club de lectura do 1º ciclo mergúllase nas aventuras de "Lobo Ramón"!

Os lectores e as lectoras do Club de lectura do 1º ciclo están inmersas nunha emocionante viaxe polas páxinas de "Lobo Ramón", obra da recoñecida autora María Canosa. Nesta ocasión, os pequenos e pequenas lectoras non só están a gozar da historia, senón que tamén están a aproveitar a oportunidade para perfeccionar as súas habilidades lectoras.

Para mellorar a súa fluidez lectora, os estudantes están a gravarse lendo utilizando a aplicación Audacity. Desta forma, poden identificar os seus erros de pronunciación e entoación e traballar na súa corrección. Ademais, están a empregar o caderno de lectura proporcionado pola editorial Loqueleo para avaliar a súa comprensión do texto.

Unha vez rematada a lectura do libro, o Club de lectura dedicará unha sesión a compartir as súas impresións sobre a historia e a participar no tradicional concurso de animación á lectura, unha actividade que sempre esperta gran entusiasmo entre os nenos e nenas participantes.

Sen dúbida, esta experiencia lectora está a ser enriquecedora para as persoas participantes do Club de lectura, permitíndolles non só gozar da literatura infantil, senón tamén desenvolver importantes habilidades para a súa aprendizaxe.


 RECURSOS PARA TRABALLAR O LIBRO


A porta secreta do museo do Prado

“La puerta secreta del museo del Prado” foi o libro que nos acompañou durante todo o curso no club de lectura, eso si, con outras lecturas polo medio: Somos quen de ler varias historias ao mesmo tempo e de facer un alto no camiño lector para retomalo de novo.

Alá polo mes de outubro, achegámonos a este libro, pero non dun xeito calquera. Lembramos as andanzas doutros compañeiros/as uns cantos cursos atrás, en proxectos arredor do Museo del Prado:

Chegado o mes de novembro, descubrimos que a ciencia tamén estaba nos segredos do Museo del Prado: Espertaron os nosos sentidos coa lectura do libro do que estamos a falar.

E, como é ben sabido que no noso cole todos somos iguais e diferentes, no Club de Lectura “Sueiriños”, demos un paso adiante para que todos e todas podamos desfrutar dunha boa lectura.

Por eso, e grazas aos recursos didácticos a prol da diversidade do alumnado no proxecto “Prado inclusivo”, accedemos aos seguintes materiais:

E chega o remate final: Gravamos un audio libro de “La puerta secreta del Museo del Prado”. Non foi o libro enteiro: Na nosa teima de que todos e todas coas nosas diferencias desfrutemos da lectura, un resumo foi suficiente para que ninguén quede sen descubrir cal é ...

“A PORTA SECRETA DO MUSEO DO PRADO”.