Conmemoracións

Conmemoración do Día da Paz 2013

Este curso, o mércores 30 de xaneiro, decidimos realizar un mercadillo solidario de xoguetes usados. Co diñeiro recaudado colaboraremos coa ONG Miradas al Mundo, na construcción dunha nova escola na alde de Dembanje en Guinea Bissau. Tamén aproveitamos para realizar un acto conxunto no patio do Colexio. De todo podedes ver unha selección de imaxes na seguinte presentación. Gracias pola participación.

Actividades sobre o Día da Paz

Achégase o 30 de xaneiro no que conmemoramos o día mundial pola Paz. Este ano realizaremos coa colaboración de todos un mercadillo solidario de xoguetes usados. Coa recadación axudaremos á ONG Miradas al Mundo a construir unha nova escola para os nenos da aldea de Dembanje en Guinea Bissau. Tamén conmemoraremos este día cunha actividade no patio todos xuntos. Deixamos tamén dúas actividades interactivas para que practiquedes os vosos coñecementos relacionados con esta conmemnoración. Picade nas imaxes.

Festival de Nadal

Aquí podedes ver un vídeo resumo dos dous festivais realizados co alumnado para conmemorar o Nadal 2012. Grazas polo esforzo realizado ao profesorado e alumnado para preparar, con pouco tempo, estas actuacións. Tamén podedes ver imaxes da festa do ANPA picando aquíSaúde e felicidade para todos e todas.

FESTA DO 20 ANIVERSARIO

FELICIDADES A TODOS E A TODAS POR ESTES 20 ANOS!!!

Para celebrar os nosos 20 anos fixemos unha tarta enooooorme, unha cadea humana que rodeaba toooodo o colexio, cantamos o cumpreanos feliz todos xuntos, tivemos moitas visitas de profes e xente moi coñecida por moitos de vós e unha pequena gran merenda.

Deixámosvos unhas fotos da celebración desta data tan sinalada para todos.

Adeus Antonio

Logo de 35 anos como mestre, dos que 19 cursos foron no Fdez Latorre, Antonio Palla xubílase. No transcurso do festival das Letras Galegas foi homenaxeado polo alumnado e profesorado do Centro. Nós desexámoslle unha nova etapa da súa vida chea de saúde para poder disfrutala ao máximo. Noraboa Antonio e moitas felicidades.

Valentín Paz Andrade

O xoves 17 de maio celebramos un ano máis o Día das Letras Galegas. Este  ano, como sabedes, conmemoramos ademáis o 50º aniversario desta celebración. O 2012 está adicado a Valentín Paz Andrade, escritor polifacético do século XX.


Facendo clic na imaxe podedes descargar o díptico elaborado polo Equipo de Dinamización da Língua Galega deste Colexio, no que atoparedes resumida información sobre o autor e a súa obra. Tamén podedes traballar con máis profundidade a figura de Paz Andrade seguindo o seguinte link http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas cheo de información e actividades.

50 anos de Letras Galegas

   Este ano cúmprense 50 anos da conmemoración do Día das Letras Galegas. No Colexio quixemos contribuir cunha actividade especial de lectura das obras dos diferentes autores homenaxeados, por parte de alumnas-os de primaria. Nos diferentes vídeos podedes ver e escoitar o traballo dos rapaces.

  http://www.youtube.com/watch?v=2z0g2cbO6RQ - 2ºEP

  http://www.youtube.com/watch?v=W6EPDBhtXhw  -3ºEP

  http://www.youtube.com/watch?v=dtyz6OG1q38 - 4ºEP

  http://www.youtube.com/watch?v=NtSVe2Pw5rI - 5ºEP

  http://www.youtube.com/watch?v=XOY7JurC_HY&feature=relmfu  - 6ºB

Día da Paz solidario

O 30 de xaneiro conmemoramos o Día da Paz participando na Carreira Solidaria para cos nenos do Congo, promovida por Save the Children. Tamén nas clases participaron na actividade "Paraugas pola paz"  GALERÍA DE FOTOS

 

Festa de final de curso

Un curso máis finalizamos coa Festa de Xogos para todo o alumnado, organizada e desenvolvida por todo o claustro de profesores conseguimos despedir o ano académico dun xeito lúdico, deportivo e divertido. Boas vacacións!!

Festival das Letras Galegas 2011

Durante a mañá do venres 27 de maio conmemoramos a festividade das Letras Galegas coa realización de dous festivais, un para os máis pequenos, e o outro para o alumnado de 2º a 6º de primaria. Houbo un pouco de todo, cancións, teatro, música, e a actuación estelar do grupo musical de Pablo Díaz. Neste ALBUM podedes ver as imaxes. Grazas a todos os que colaboraron para que unha vez máis tivésemos un estupendo festival.


O Equipo de Dinamización da Língua Galega do Colexio

Powered by Drupal - Design by artinet