Recomendámosche

BO E LECTOR NADAL!

Se queredes coñecer máis libros e de que tratan, só tedes que mirar esta guía máis completa.
Boas Festas!

 

GUÍA LECTURAS NADAL 2018

Velaquí o noso tríptico de recomendacións lectoras para este Nadal.

 

FOLLETO GUÍA LECTURAS NADAL 2017

Aquí tedes a guía que cada alumno/a leva ás súas casas cunhas pouquechiñas recomendacións lectoras para este Nadal. 

Felices Festas a todas as familias!

 

 

LECTURAS PARA CELEBRAR O NADAL

Un ano máis aquí propoñemos algunhas lecturas para que os Reis Magos, Papá Noel,  o Apalpador, etc. teñan ideas para agasallarnos. 

Saúdos lectores e moi Bo Nadal para todos e todas!

 

POR SE QUEREDES SABER MÁIS PARA ESTE NADAL LECTOR

Por se queredes consultar de que tratan os libros recomendados, aquí tedes máis información sobre as lecturas que aparecen na guía que se repartiu ao alumnado.

Esperamos que vos axude e lembrade: o Nadal é unha moi boa época para ler e descubrir o pracer dun bo texto.

Bo Nadal a todos e todas!

 

GUÍA DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Velaí vai a guía simplificada de recomendacións lectoras que se entregou a todo o alumnado para este Nadal 16. Se queredes consultala, podedes picar no documento adxunto.

 

NADAL LECTOR 2015

Aquí tedes máis recomendacións lectoras.

NADAL LECTOR 2014

Aquí tedes unha guía de lecturas que cremos poden ser moi interesantes. Podedes pedirlle algunha aos Reis Magos e pasar un tempo disfrutando de todo o que un libro encerra. 

E se, aínda por riba, ás veces esa lectura é compartida con alguén, o pracer pode ser moito maior. Animádevos a abrir algún libro; xa veredes como a maxia nace das vosas mans.

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet