Comedor

Beneficiarios das becas comedor 20-21

O Concello acaba de publicar as listaxes provisionais de beneficiarios das becas do comedor para o presente curso.

Debido ás restriccións polo COVID a capacidade do comedor está limitada este curso a 50 comensais en cada unha das tres quendas establecidas. Na actualidade hai poucas vacantes, o que supón que todos-as os-as beneficiarios de becas non poderán comer presencialmente. A ANPA e Jardanay estableceron as seguintes solucións que podedes consultar nesta CIRCULAR.

Comedor no Curso 2020/2021

CIRCULAR CURSO 2020/2021

 

 

DÍPTICO CURSO 2020/2021

 

A FINAIS DE AGOSTO PUBLICAREMOS INFORMACIÓN ACTUALIZADA SOBRE AS NOVIDADES PARA O INICIO DO CURSO.

A DIRECCIÓN

Solicitude de becas comedor para o curso 20/21

Dende hoxe 1 de xuño e ata o 12 de xuño abre o prazo para solicitar as becas de comedor para o vindeiro curso, que convoca o Concello de A Coruña. Se solicitan nos rexistros municipáis ou na sede electrónica do Concello. Tedes toda a información facendo clic na imaxe.

Resolución provisional becas comedor do Concello

Hoxe 4 de setembro de 2019, publícanse nas oficinas dos rexistros municipais, taboleiros de anuncios dos centros cívicos municipais, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, na páxina web municipal da área dos servizos sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña, as listaxes provisionais de admitidas/os e excluidas/os da convocatoria do Programa de bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.

Nesta listaxe indícanse as causas de exclusión e concédese un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación as persoas que teñan un requerimento dela  que será do 5 ó 18 de setembro de 2019, ambos os días incluídos.

 Prazo de alegacións 

Becas comedor 2019-20

Dende o Concello de A Coruña trasládannos toda a información sobre esta convocatoria de becas para o vindeiro curso escolar. O prazo de solicitude é do 22 de abril ao 6 de maio, ámbolos dous días incluídos. Os impresos e solicitudes poderán obterse e tramitarse nos rexistros municipais, nos centros cívicos e na sede electrónica do Concello. Para ver toda a información detallada desta convocatoria facede clic na imaxe.

CURSO 2018/2019

               MENÚ SETEMBRO 2018

 

                       

Powered by Drupal - Design by artinet