Visitounos Chinto

Este venres 24 de marzo, o alumnado de 3º e 4ºEP disfrutou da visita do escritor Chinto (Pinto e Chinto). No vídeo podedes ver unha entrevista realizada por dous alumnnos.

Solicitudes presentadas no proceso de admisión.

Terminado o prazo de presentación de solicitudes informamos aos interesados-as, do número presentado:

4º Ed. Inf. 52 solicitudes 
5º Ed. Inf. 4 solicitudes
6º Ed. Inf. 1 solicitude
1º Ed. Prim. 2 solicitudes
4º Ed. Prim 1 solicitude
5º Ed. Prim 2 solicitudes

Xa que hai máis demanda que prazas ofertadas, será necesario baremar escrupulosamente todas as solicitudes, polo que pedimos ás familias solicitantes que acheguen a documentación acreditativa dos criterios alegados. No caso da renda (se foi debidamente cuberta na solicitude) e o domicilio non será necesario, sempre e cando asinaran na solicitude a autorización para a verificación de datos por parte da Axencia Tributaria. Ata o 5 de abril poderanse presentar estes documentos na Secretaría do Colexio.

 Antes do 25 de abril publicaremos as listaxes provisionais de admitidos.

Semana da Froita

Durante a semana do 13 ao 17 de marzo estamos a disfrutar da 1ª semana de reparto de froita entre todo o alumnado. Esta campaña de distribución de froita fresca na que participamosa nas escolas está financiada pola UE, Ministerio de Agricultura e Xunta de Galicia. Todavía en abril e maio disfrutaremos de un par de semanas máis. Nesta ocasión as mandarinas, plátanos, mazás, amorodos e uvas foron as froitas seleccionadas.

Día da Muller Traballadora - Día Non Lectivo

Este mércores 8 de marzo, foi elexido polo Concello de A Coruña como festividade local. Polo tanto non haberá clases.

ENTROIDO 2017

Estupendo día de entroido o que pasamos este venres. O traballo de todos e todas, alumnado, profesorado e familias, deu como resultado un festival divertido e cheo de colorido e creatividade. Norabóa!!!

 

Admisión de alumnado 17-18

Dende o 1 de marzo na aplicación admisionalumnado, e dende o día 2 no Colexio, pódese solicitar praza para o vindeiro curso. Este prazo remata o día 20 de marzo. A continuación deixamos aquí toda a información relativa a este proceso:

 

 

Novos murais no patio

O fin de semana do 18 e 19 de febreiro completamos a decoración da fachada sur do Colexio cuns deportivos e coloridos murais. A realización do traballo foi obra de un grafitero profesional, froito das propostas do profesorado. Con esta nova actuación pretendemos facer máis amigable e atractivo o centro escolar, obxectivo para o que contamos coa axuda de todos no mantenemento e coidado das instalacións. A esta actuación seguirán outras de mellora e renovación de outros murais existentes. 

Entrega da recaudación do mercadillo solidario

Tras unha semana de mercadillo solidario de xoguetes, chegou o momento da recollida dos artículos sobrantes e o reconto do diñeiro recaudado. Ata un total de 1221 euros conseguidos grazas a vosa solidaridade. Cartos que servirán nesta ocasión para colaborar na campaña de lámparas solares para as aldeas de Guinea Bissau onde traballa dende hai anos a ONG Miradas al Mundo, principalmente no ámbito da educación e a saúde. 

Tres alumnos do cole fixeron entrega da recaudación a Bebe e María, o venres 10 de febreiro.

Comeza a actividade de PROA

Dende o xoves 9 de febreiro iniciamos a actividade de reforzo e apoio escolar fora de horario lectivo, para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. Esta actividade pretende axudar ao alumnado participante, a que mellore as súas competencias matemáticas e lingüísticas, ademáis de axudarlles con hábitos e técnicas de estudo. A profesora encargada da actividade ata final de curso será Paula.

4ºEP 5ºEP 6ºEP
Mércores e venres de 16 a 18h Martes de 16h a 18,30h. Luns de 16 a 18,30h
  Xoves de 16 a 17,30h. Xoves de 17,30 a 19h.

 

 

Almorzos con beizos brancos

É o nome da campaña que desenvolve a Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias coa axuda da Obra Social La Caixa, e na que participamos co alumnado de 5ºEP, para continuar o traballo de aprendizaxe e concienciación do alumnado no ámbito das actividades e hábitos de vida saudables. Neste caso, o almorzo saúdable e con produtos da terra, foi o eixe da actividade. Despois dunha charla cunha nutricionista o alumnado puido degustar unha merenda-almorzo a base de leite, cacao, mel, pan, aceite de oliva e mandarinas.

Powered by Drupal - Design by artinet