ENTREGA PREMIOS CONCURSO "UN LOGO PARA A AFA"

Esta mañá, na que rematou o actual curso escolar, Imma e Eva, Presidenta e Secretaria da AFA do Centro, fixeron entrega ao alumnado finalista e gañador da convocatoria para deseñar un logo para a Asociación de Familias do Alumnado o seu premio: un vale por unhas clases de debuxo e pintura.

Despois de explicar que foi moi difícial elixir tres, porque a calidade dos traballos era moi boa, aínda resultou máis complicado otorgar un primeiro posto. Valoraron moitísimo todos os traballos e agradeceron a alumnado e profesorado a súa implicación.

O resultado foi:

3º Premio: Aitana Vázquez Vila (6º B)

2º Premio: Angelo Flores Farromeque (6ºB)

1º Premio: Ana Rivera Tomé (5º B)

Parabéns a todos e todas quen participastes, moitas felicidades aos finalistas e grazas tamén á AFA pola convocatoria e recoñecemento ao traballo realizado polo alumnado.

 

Entrega premios concurso logo AFA de CEIP Fernández Latorre

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

O alumnado admitido de nova incorporación ao centro deberá formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño. Para máis información, fai clic na imaxe.

 

IMPRESO MATRÍCULA

ENQUISA GALEGO

CIRCULAR FIN DE CURSO E MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL E LIBROS DE TEXTO PRIMARIA 2024-2025

Chegando xa ao remate do curso, deixamos aquí as ligazóns para acceder á circular de final de curso e ás listaxes de material de E. Infantil e libros de texto de Primaria para o vindeiro curso.

Lembrade que os ACTIVITY BOOK de 3º e 4º e  os libros de MÚSICA, hai que mercalos, porque son libros nos que se escribe e non poden usarse dun ano para outro.

CIRCULAR FIN DE CURSO

MATERIAL EDUCACIÓN INFANTIL E LIBROS DE PRIMARIA

 

Día da Educación Física na rúa

Xa levamos uns cantos anos conmemorando este día en colaboración con outros centros educativos da cidade e a contorna, ademáis da colaboración coa UDC. Este ano tivemos que aprazar pola choiva, pero finalmente o xoves 30 de maio o celebramos en María Pita xogando os 400 alumnos-as a xogos alternativos como "Rosquilla", Twincon e NoqBall. Ao final xuntámonos todos-as para representar o noso logo +EF.

Peregrinos a Santiago

O pasado venres 24 de maio marchamos de peregrinos-as a Santiago e foinos así de ben.

 
 

CEIP Juan Fernández Latorre - A CORUÑA - VEXO VEO XACOBEO 23·24 from Turismo de Galicia on Vimeo.

Agrupamento de colexios en Madrid

Deixámovos unha pequena mostra do que foi a nosa viaxe a Madrid o pasado 22 e 23 de maio. Esta mobilidade enmárcase dentro do Proxecto Brotes Verdes e pretende ofrecer ao alumnado a experiencia de convivir con rapazada doutros centros e coñecer outras realidades. Para as mestras tamén foi moi enriquecedor xa que volvemos cargadas de novas ideas.

 
 

No Camiño con quinto

Acompoñounos un fantástico día na nosa habitual ruta entre Furelos e Ribadiso, onde o alumnado de 5ºEP realizou este fermoso tramo do Camiño Francés disfrutando das paisaxes e a convivencia cos compañeiros e outros peregrinos. Tamén aproveitamos para reforzar "in situ" contidos de historia e arte nos que estamos a traballar en ciencias sociais. Unha xornada redonda!!

Solicitude de Fondolibros e axudas de material escolar para o curso 24-25

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia ven de publicar a convocatoria anual para beneficiarse dos libros gratuitos en primaria, así como as axudas para a adquisición de material escolar, para o vindeiro curso 2024-25. O prazo está aberto ata o 21 de xuño de 2024, e a presentación da solicitude pode ser presencial na secretaría do Colexio entregando os anexos I e II debidamente cumprimentados, ou ben presentando estes anexos-solicitude telemáticamente a través da aplicación Fondolibros ou en Chave 365.

LISTAXE DEFINITIVA DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025

Infórmase da publicación no taboleiro do centro das LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS para o curso 2024-2025.

 

Powered by Drupal - Design by artinet