TRABALLAMOS POLA IGUALDADE

Co motivo do 25 N, día Internacional contra a Violencia de Xénero, no colexio estivemos traballando de forma máis concreta o tema da igualdade e da violencia de xénero.

Realizamos diferentes traballos que presentamos ao concurso convocado pola plataforma PICUS e que forman parte da exposición que se inaugurou o luns 5 de decembro no Centro Cívico do Castrillón.

Despois do fallo do xurado, os premios das distintas categoría foron para:

- Educación Infantil: Mural colectivo do alumnado de 5 anos A e B.

- 1º Ciclo de Primaria: Traballo da aula de 2º C.

- 2º Ciclo de Primaria: Traballo colectivo da aula de 4º A.

- 3º Ciclo de Primaria: Traballo grupal realizado por Fatoukine Dieye Ciss, Irene Rodríguez Pedredo, Lilieth Urbano Salazar e Yaretzi Varela Crestar, da aula de 6º C.

Parabéns a todos os traballos premiados e a quen os realizou!

E moitas grazas pola participación!

Se queredes ver os traballos presentados, picade na presentación seguinte.

Resultados das eleccións ao Consello Escolar

Celebrada a votación o luns 28 de novembro de 2022 os representantes candidatos elixidos foron:

SECTOR PROFESORADO: Alfonso González López e Luis Seijas Penas

SECTOR FAMILIAS: Rubén Cuellas Vázquez e Ramiro Eduardo Maceira Martínez

Tamén aproveitamos esta ocasión para agradecer a súa implicación e participación ás representantes saíntes, que son as nais María García e Mónica Scandura, e as mestras Eva Fariñas e Ana Roca.

Mini Olimpiada 6ºEP 2022

Terminamos a UD de atletismo con 6ºEP, e como é habitual dende hai 10 anos o celebramos cunha xornada lúdica nas pistas de atletismo da Universidade de A Coruña, entidade coa que colaboramos dende hai moitos anos. Cansados pero contentos, así podemos definir como terminou todo o alumnado de 6ºEP.

 

FESTA DO MAGOSTO

Martes 8 de novembro foi festa de Magosto no cole con castañeiro e música e baile con Donaire. Unha festa da que desfrutamos moito un ano máis. Podedes ver as imaxes na presentación de Kizoa e a continuación os vídeos do baile e a música de Donaire na lista de reproducción en YouTube.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De acordo coa resolución do 19 de setembro de 2022 pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros de educación non universitaria (DOG do 30 de setembro de 2022) a Xunta Electoral deste Centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar.

Convocatoria nais, pais e titores legais

Modelo de candidatura nais, pais e titores legais

 

 

SAMAÍN 22

Regresou a festa de Samaín ao grande!!, a que creamos e  desfrutamos todas e todos na Comunidade Educativa, coa Asociación IAR e a Escola Infantil Carricanta.

Parabéns pola vosa gran participación e moitas grazas!!

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares (24 de outubro), e tras a boa acollida que tivo no noso alumnado o curso pasado, celebramos o II concurso de Caixas Literarias Sorpresa.

Mirade que preciosidade de caixas literarias!!! 

Agora, a ver quen adiviña que conto esconde cada caixiña do seu ciclo!!! A xogar!!!

Feliz Día das Bibliotecas Escolares!!!

Powered by Drupal - Design by artinet