Comezan as primeiras actividades conxuntas en Brotes Verdes

O pasado martes día 19 coñecemos aos coles participantes no proxecto Brotes Verdes. Fixémolo por medio dunha videochamada na que compartimos vídeos de presentación de cada un dos centros. Deste xeito puidemos coñecer os espazos de xogos e os hortos escolares que hai noutros colexios e puidemos obter algunha idea para poder aplicala ao noso centro.

O NOSO RETO: 3 de decembro, "Día internacional das persoas con Diversidade Funcional"

A linguaxe Braille de Virginia Pato Alonso

E aquí tedes propostas de lecturas ou vídeos sobre este tema.

PROXECTO BROTES VERDES

“Brotes Verdes” é o nome do proxecto que foi seleccionado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional nunha convocatoria que tiña por obxectivo agrupar centros educativos para levar á práctica proxectos comúns. Trátase dunha proposta para mellorar os espazos de lecer, o horto escolar e poder fomentar a educación inclusiva, a innovación e a creatividade. É un proxecto que levaremos a cabo con outros coles situados en Badajoz, Zaragoza, Madrid, Murcia e León. Permitiranos compartir experiencias, coñecer outras realidades e aprender delas. No colexio abordaremos cambios nos patios e na horta, así como noutros ámbitos, buscando a complicidade de toda a comunidade educativa, especialmente do alumnado e profesorado. Pronto haberá novidades.

25 N POLA CONVIVENCIA SEN VIOLENCIA

Un ano máis dende a plataforma PICUS, invítasenos a participar na convocatoria do concurso exposición sobre a non violencia de xénero. 

Deixamos aquí a ligazón ao cartel con toda a información. Hai diferentes categorías, dende infantil ata adultos/as. 

Animádevos a participar, porque construir unha sociedade igualitaria e sen violencia de xénero é cousa de todos e todas.

CARTEL

A Festa do Magosto

Chegando San Martiño e como é tradición celebramos o magosto no colexio, con algúns cambios debido á omnipresente choiva. Participou todo o alumnado cos fermosos cartóns porta castañas decorados, saboreando este froito que trouxeron eles mesmos e asamos entre o cole e unha empresa externa, debido a choiva. Tamén houbo batidos e música e baile, coa actuación da rapazada de Donaire. 

ACHÉGASE O MAGOSTO!

Vaise achegando o tempo do magosto e pouco a pouco, dende o colexio, queremos ir retomando vellos costumes. Este ano, volveremos asar as castañas no centro, polo que pedimos a colaboración de todas as familias. Se premedes na imaxe, accederedes á información.

E se queredes visualizar ou descargar unha unidade didáctica sobre o magosto, só tedes que facer click nesta LIGAZÓN.

 

CONTACONTOS DE MEDO EN FAMILIA

Moitas grazas familias por compartir todos estes contos con nós para pasalo de medo!

Festa de Samaín

31 de outubro no Barrio do Castrillón de A Coruña, é sinónimo de gran festa no colexio. Grazas a toda a comunidade educativa, que coa súa máxima implicación acadamos cada ano, con gran éxito, o obxectivo de poñer en valor o SAMAÍN como festa tradicional. Ademáis contando coa axuda e colaboración da AAVV IAR e a participación da EEI Carricanta. Grazas a todas e todos por uniros á celebración un curso máis!.

Grazas Begoña!!

Mestra de infantil Begoña con ramo de despedida

Case 40 anos como mestra de infantil, dos que a metade foron no noso colexio, de titora ou de apoio, hoxe termina a súa andaina profesional e laboral, . e queremos no nome de toda a comunidade educativa, o primeiro darlle as grazas e seguidamente desexarlle moita saúde e sorte para desfrutar da nova etapa da súa vida, a partir de agora, seguro que moito máis relaxada.

A propia Begoña elaborou un pequeno e emotivo vídeo que recolle diferentes momentos do seu paso polo colexio e que quere compartir con todos-as. Para velo, premede na foto.

Grazas e ata sempre Begoña!!

SAMAÍN 2023

Un ano máis preparámonos no cole para festexar como se merece o Samaín. Aquí tedes o díptico no que atoparedes información moi interesante sobre como facelo.


 
E aquí está o cartel do desfile que faremos o día 31 pola tarde-noite. Agardamos a vosa participación.
(Preme na foto do cartel se queres velo máis grande.)

Powered by Drupal - Design by artinet