LETRAS GALEGAS 2024- LUISA VILLALTA
RECURSOS
Este ano a Real Academia Galega dedícalle a Luisa Villalta o Día das Letras Galegas.
Deixámosvos diferentes páxinas con recursos educativos para traballar a súa figura (vida e obra).
- Blogue da biblioteca: Genially con recursos e calendario.
- Seminario Galán: recursos en papel, xogos interactivos, escolma de textos, paneis de robótica...
- Primavera das Letras: Nesta web a Academia ofrece Violino, Inglesa e o libro xigante. Pequena biografía de Luísa Villalta, unha historia de Xoán Babarro e Ana María Fernández ilustrada por Óscar Villán, así como actividades interactivas ou fichas para colorear.
- O Portal da Lingua Galega
- Real Academia Galega: Podedes encontrar unha sección dedicada á protagonista do Día das Letras Galegas 2024, na que reúne distintos contidos divulgativos sobre a súa vida e a súa obra. Entre eles destacan a serie documental web Luísa Villalta, a rebelión da palabra, seis episodios nos que máis dunha vintena de voces trazan un retrato coral sobre a poeta, narradora, ensaísta e articulista coruñesa á que a institución lle dedica o vindeiro 17 de maio; e a biografía da homenaxeada.
- Fiestras abertas ("Papagaio")
- Cruel filosofía ("As palabras ingrávidas")
- Guía didáctica proporcionada polo concello de Sada: Inclúe actividades e roteiros pola Coruña e Sada traballando a súa figura.
- Canción: Nas ás dun poema- Uxía
XIV CONTOS COMPARTIDOS
CONTOS COMPARTIDOS 2024 de Raquel Martínez
CINTAS DE CORES CON MENSAXES
LETRAS GALEGAS 2024 de Raquel Martínez
REVISTA AQUELARRE
LISTAXE PROVISIONAL DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2024-2025
Infórmase da publicación no taboleiro do centro das LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS para o curso 2024-2025.
Tamén se poden consultar no seguinte enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/ con chave 365 ou certificado dixital.
Prazo de reclamación: 5 días hábiles (ata o 3 de maio) dende a súa publicación.
IMPORTANTE: CONVOCATORIA BOLSAS COMEDOR ESCOLAR
Estimadas familias: un ano máis ábrese o prazo para solicitar bolsa para o comedor escolar de cara o vindeiro curso. Deixamos aquí a información correspondente. Lembrade que o prazo para presentala é do 17 DE ABRIL ao 8 DE MAIO.
IMPORTANTE: AS FAMILIAS NON TEÑEN QUE APORTAR O CERTIFICADO DE ASIGNACIÓN DE PRAZA NO CENTRO. Na solicitude xa se autoriza a consulta aos centros.
PÁXINA DE REFERENCIA PARA A TRAMITACIÓN
XIV CONCURSO CONTOS COMPARTIDOS
Un curso máis realizamos a convocatoria dos "CONTOS COMPARTIDOS". Animámosvos, familias a participar nela. Podedes consultar as bases no díptico que aquí aparece.
Esperamos a vosa participación!
TEATRO EN INGLÉS
O pasado xoves 29 de febreiro veu ao noso colexio por primeira vez unha compañía de teatro chamada Face 2 face para representar dúas obras en inglés. Para 1º, 2º e 3º de primaria foi "Jack and the giant" e para 4º, 5º e 6º "Trouble in the jungle". Esta última trataba dunha rapaza que vivía nunha árbore na selva xunto aos seus amigos animais.
Pareceunos moi entretida porque pediron voluntarios/as para participar na obra e disfrazáronos de animais. Tamén foi divertida porque os personaxes eran moi graciosos.
(Ana, Antía, Alejandra e Hugo de 5ºB)
TEATRO EN INGLÉS de CEIP Fernández Latorre
8 M. MARZO, MES DE MULLERES
Hoxe, 8 de marzo, Día Intenacional da Muller, poñemos en primeiro plano recursos para este día, de forma especial, e para todos os días, de forma xeral.
FELIZ 8 M!
SOLICITUDE DE PRAZA PARA O CURSO 24-25
Entre o 1 e o 20 de marzo está aberto o prazo para presentar solicitudes de admisión de alumnado para o vindeiro curso escolar 2024-2025. A presentación pode realizarse tanto por vía telemática, como presencialmente na secretaría do noso colexio en horario de atención ao público. (Non é necesario solicitar cita previa). A continuación tedes toda a información actualizada necesaria para preparar e presentar as vosas solicitudes.
- SOLICITUDE ORDINARIA : GALEGO - CASTELÁN
- SOLICITUDE EXTRAORDINARIA GALEGO - CASTELÁN
- CIRCULAR INFORMATIVA CON VACANTES OFERTADAS
- DOCUMENTACIÓN NECESARIA
- HORARIO DE SECRETARÍA
- CRITERIOS DE VALORACIÓN
- RÚAS DA AREA DE INFLUENCIA DO NOSO COLEXIO
- MAPA DE ZONAS DE COLEXIOS DE A CORUÑA
- SORTEO PRIORIDADE NO CASO DE EMPATE A PUNTOS
- XORNADA DE PORTAS ABERTAS O LUNS 4 DE MARZO ÁS 18H.
Horta escolar
Hoxe martes 20 de febreiro botou a andar de novo o noso horto escolar. Fíxoo da man de Yago García-Garaball, asesor e creador de hortos ecolóxicos, xunto co alumnado de 5º e 6º. Nas vindeiras semanas e ata rematar o curso irán pasando polo horto tódalas aulas do cole para aprender sobre sementes, ferramentas e coidado do horto, compost… e moitas cousas máis!!
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »