CURSO 2019/2020

CÓXEGAS

O programa Cóxegas é unha proposta que xurde como resposta a demanda das
familias para poder conciliar a vida familiar e laboral ata o último día do curso escolar.
Os obxectivos do programa son os seguintes:
- Ofertar unha vía de conciliación familiar no propio centro educativo.
- Afianzar hábitos e normas de comportamento e convivencia.
- Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade
dos nenos e das nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a
cada idade.

PERÍODO DE REALIZACIÓN
Período1: do 11 ao 30 de setembro de 2019
Período 2: do 1 ao 19 de xuño de 2020
HORARIO
De luns a venres, das 16.00 ás 18.00 h.
PERSOAS DESTINATARIAS
Nenos e nenas matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña,
precisando un mínimo de 10 escolares inscritos para a formación de grupo
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así coma
actividades lúdicas de animación teatral, plástica ... baixo un enfoque integrador onde os nenos
e as nenas serán os propios protagonistas, mediante a creación dunha aventura virtual nestas
tres semanas de duración.
PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN
Período 1: a partir do 2 de setembro de 2019
Período 2: do 4 ao 8 de maio de 2020

On line: utilizando a ligazón https://forms.gle/ioajbL29PiKRHxjKA
Os escolares inscritos aboarán una única cota de 4 € en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de Anpas para o curso 19/20.
Estarán exentos de calqueira cota os nenos ou nenas que xustifiquen ser beneficiarios da beca comedor para o curso 19/20
COTA A ABOAR
Período Cota
Setembro 15€
Xuño 15€

Powered by Drupal - Design by artinet