MADAMAS E GALÁNS

 

Este ano dedicamos o Entroido a: “Madamas e Galáns”

 

As Madamas e os Galáns, foron frecuentes nos entroidos galegos; hoxe só se conservan nas parroquias de Santo Hadrián e Santa Cristina de Cobres, no Concello pontevedrés de Vilaboa.

A festa consiste nun baile que vai de casa en casa dos veciños recollendo doazóns para pagar os gastos da comparsa.

A danza é presidida polo “mordomo”, que dirixe o grupo, seguido polas parellas de madamas e galáns, que forman as parellas de “bonitos”, “as aldeas” e “as de branco”.

A comparsa empeza a facer o percorrido, casa por casa, o domingo de entroido, recollendo os donativos dos veciños. As parellas danzan pasodobres e muiñeiras ao son dos gaiteiros. Esta danza repítese os tres días de Entroido. O martes é o día grande e faise tamén “unha corrida do galo”. Para rematar lese o testamento do Entroido, onde se fai público o bo e o malo do acontecido no lugar ao longo do ano.

 

OS TRAXES

 

As madamas ían vestidas con varias enaguas, unha saia con moitos adornos, encaixes e volantes, unha blusa branca con encaixes e bordados e un chal. Sobre as roupas levan moitas xoias.

Os galáns vestían de pantalón e camisa branca e un chaleco negro con pequenos petos dos que penduraba a cadea dun reloxo antigo. Tamén levaban unha faixa azul ou vermella (hai quen cambia a faixa por mantóns de Manila) e un sombreiro de palla cunha cinta negra, da que penduraban outras cintas de cores.

Powered by Drupal - Design by artinet