Día das Persoas con Discapacidade e Voluntariado

O mércores 5 de decembro conmemoramos esta data adicando a xornada as persoas con discapacidade visual. Para isto contamos coa colaboración de Covadonga, traballadora da ONCE, que realizou talleres de braille co alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. Por outra banda o resto do alumnado experimentou, dun xeito lúdico as diferentes sensacións que viven diariamente as persoas con ceguera, todo realizando un circuito cos ollos tapados pero coa colaboración extraordinaria dos nosos-as voluntarios-as do proxecto de Voluntariado Miúdo que o fixeron xenial. Aquí tedes unha mostra en imaxes.

Powered by Drupal - Design by artinet