Teatro en inglés no Anxo da Garda

Os nenos e nenas de 6º fomos ao colexio do Anxo da Garda onde houbo unha obra de teatro de inglés que se titulaba 'The Sword in the Stone'. Foi moi divertido.  Cando nos sentamos para que comezara a obra, a Bruxa Morgana foi onde ao público a coller dous rapaces e unha rapaza. A sorpresa foi que me elixiu a min. Esa foi unha experiencia moi divertida, tiven que representar á princesa Xinebra. Todo o mundo ría e escoitaba atentamente.
A obra trataba do Rei Arturo, Sir Robin, Mago Merlín, Princesa Xinebra e a Bruxa Morgana.
As palabras que dixen foron: 'Oh yes!' e 'I don't no'. Foi moi divertido pasámolo moi ben!!. (Carla 6ºA)

Powered by Drupal - Design by artinet