25 Aniversario: acto institucional

Este mércores 7 de xuño celebramos,nun acto de caracter institucional, os 25 anos do Colexio. Foi un emotivo e bonito acto no que reunimos as autoridades educativas (Inspector Xefe, Concelleira), e unha representación importante do profesorado, familias-APA, alumnado, persoal non docente, AAVV Iar, Centro Cívico-Biblioteca, IES Monte das Moas,...Aproveitamos para inaugurar a exposición dos 25 anos do colexio, que a partir de agora poderedes visitar todsos-as, e compartir lembranzas arredor do noso querido cole. Queremos dar as gracias a Donaire por colaborar unha vez máis con nós compartindo a súa música e cancións, tamén ao CEFP Paseo das Pontes e ao IES de Leixa (Ferrol), que colaboraron coa merenda e os carteis e lonas conmemorativas, respectivamente.

O xoves 22 de xuño será o turno, durante todo o día, para a Gran Festa do 25º Aniversario, para todo o alumnado, exalumnado e familias. Xogos, maxia, clown, malabares, música, bailes, talleres, contacontos, hinchables, etc, conformaran o programa, que pronto coñeceredes.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2017/06/08/bodas-plata-castrillon/0003_201706H8C12991.htm

 

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet