Novo terreno para o Colexio

Despóis de moitos anos de xestións, escritos, entrevistas, etc, o Concello cedeu ao Colexio a parcela anexa ao parque infantil. Todos lembrades que era un terreno degradado, e que non tiña moito sentido, e moito menos, uso e mantenemento. Como vedes na fotografía, recentemente botáronse máis de 23 camións de terra para igualar o terreno, eliminouse o antigo cierre deteriorado e colocouse na entrada unha nova malla metálica máis segura e moderna. A pasada semana botouse a semente da herba, e agardamos que nun par de meses poidamos disfrutar dun terreno cunha cor ben diferente. Ademáis avanzamos que nunha pequena zona poñeremos en marcha unha horta ecolóxica para que o alumnado aprenda e disfrute cultivando productos como cebolas, leitugas, tomates, etc.

Finalmente esta Dirección quere agradecer ao Servizo Municipal de Educación e á Concellaría de Urbanismo o seu traballo e sensibilidade para que este novo e grande espazo verde do Colexio sexa unha realidade.

Powered by Drupal - Design by artinet