Premio Nós Tamén Creamos

Finalmente, hoxe venres 6 de marzo, na Casa Museo de Rosalía en Padrón, tivo lugar a entrega de galardóns aos colexios participantes na campaña Nós Tamén Creamos do curso 2013-14. O proxecto consistía na elaboración dunha curtametraxe coa técnica "stop motion" sobre un libro infantil. O noso Colexio levou á pantalla o título "Non quero ser un polbo" e recibíu o premio pola ambientación musical e a expresividade. Norabóa ao alumnado de 1º e 2º que participou na elaboración de personaxes e nos diálogos, e parabéns ao profesorado que desenvolveu este traballo: María José Fernández, Virginia Pato, Ana Sánchez, Sol Garrido, Fran Manteiga e Pablo Rey.

Powered by Drupal - Design by artinet