Vacacións de verán

Terminou o curso 2013-14 e aproveitamos para comunicaros algunhas novas.

  • As familias que non retiraron o cheque para os libros poden facelo a partir do 1 de setembro.
  • Se algunha familia quere libros de texto de 3º, 4º ou 5º, todavía quedan algúns exemplares no Banco de Libros. Podedes pedilos o día 2 de setembro.
  • A constructora Abeconsa acordou ter finalizadas as obras que afectan ao Colexio, antes do 10 de setembro. As principais novidades serán a modificación do acceso por Casanova de Eirís, e a apertura dunha nova porta para vehículos pola Av Dos Caídos.
  • Despedimos afectuosamente a Loló, a nosa Secretaria durante estes últimos oito anos. e desexámoslle que disfrute desta nova etapa na súa vida.
  • Por último, informarvos de que o Colexio obsequiará o primeiro día de clase a todo o alumnado de primaria coa nova axenda escolar do Fdez Latorre, que seguro, será moi útil durante todo o curso.

Powered by Drupal - Design by artinet