Skip to Content

Actualidade

Xogamos coa xeometría

Durante estas semanas os nenos/as de 4º e 5º de E.P. tiveron que resolver un reto que consistía en conseguir que os robots seguisen un circuíto con diferentes formas xeométricas.

Houbo dúas partes no reto. Na primeira os grupos debían pensar como podían conseguilo utilizando os coñecementos que tiñan sobre os actuadores. Algunhas das solucións foron utilizar os bloques de avanzar e esperar no mBlock e para calcular os desprazamentos que tiña que realizar o robot medían  tempo que tardaba e percorrer cada lado da figura.

Algún dos grupos pensou que podían facelo co sigueliñas, pero descoñecían os valores a utilizar e os bloques necesarios.

Posteriormente planeouse un texto que tiñan que pasar á linguaxe do robot e no que tiñan que utilizar os bloques necesarios para que os sensores sigueliñas actuasen de xeito que o robot permanecese dentro do cricuíto. Co alumnado de 5º, con máis experiencia programando con Scratch só tiveron o texto e axuda puntual a través do EDI. Co alumnado de 4º utilizamos unha presentación coa que iamos guiando o proceso.


A última instrución do texto fai que o robot quede parado se ambos sensores saen do circuíto, pero o reto implica que sempre estea en movemento, polo que tiveron que solucionar este último atranco, pensando en equipo para conseguilo. Os grupos que antes resolveron o problema axudaron a aqueles que aínda non o lograran.

A través deste reto traballouse a competencia matemática, lingüística, social e cidadá e a dixital.

Neste vídeo temos algún dos momentos e resultados do reto, na maioría dos casos houbo que probar varias veces o código xa que había erros que tiveron que detectar e despois solucionar.

 

Bo traballo!

Brazo hidráulico

Nesta ocasión traemos un proxecto elaborado por Ana (1ºC) e a súa familia na súa casa. No seguinte vídeo explícanos o seu funcionamento, algúns dos materiais que utilizaron para a súa construción e o tempo que levou facelo. Este brazo robot axudaranos a comprender que non todos os robots teñen compoñentes electrónicos.

 

Neste outro vídeo vemos todo o proceso por se queredes animarvos a realizar este proxecto de "Brazo hidráulico" e a comprender o seu funcionamento.

 

 

Grazas por compartir con todos/as o voso traballo!

EXERCITAMOS O NOSO PENSAMENTO

   Ao longo deste curso, todos os luns na aula de Educación Infantil de 4 anos “B”, estamos a adicar unha sesión á desenvolver habilidades de pensamento. Nelas os/as nenos/as se poñen en situación de dialogar sobre diferentes propostas da cultura que nos rodea, co obxectivo de mellorar o seu pensamento.

   As familias desta aula poden ler no dossier que se formatea con todos os diálogos do curso, como os seus fillos/as van camiño de ser máis críticos/as, coidadosos/as e creativos/as. Pero para aquelas persoas que non tedes acceso a esta dinámica de aula, a revista “Crear Mundos” recolle moitas experiencias en diferentes niveis educativos. Na páxina 297 do agora publicado nº 15 (no arquivo adxunto), poderedes ler unha sesión programada e documentada no noso colexio.

MAR Santiago Arca, marzo 2018.

 

DÍA DE ROSALÍA

     Mural no Aulario Infantil   Mural en Educación Primaria

 

O venres día 23 de febreiro celebramos o DÍA DE ROSALÍA baixo o lema promovido pola AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) de #AbrideAFiestra enchendo de debuxos de Rosalía as fiestras do noso colexio. Tamén acompañounos a nosa Rosalía (realizada por todo o alumnado mediante diversas artes plásticas) tal e como pode contemplarse nos murais da entrada dos colexios. Unha escolma de alumnos de educación primaria recitou o poema "Adios ríos, adios fontes" a través da megafonía do colexio ao igual que  o alumnado de infantil que recitou diversos poemas da insigne escritora galega.

 

 

 

 

 

 

 

...

Comunicámonos cos robots

Bloques mBlock

Tras aprender a montar o robot e coñecer as súas partes, no que levamos de segundo trimestre aprendemos a utilizar o programa mBlock que nos permitirá comunicarnos co robot e conseguir que se mova, que acenda luces, que detecte movemento, temperatura e moitos aspectos máis que iremos descubrindo.

O primeiro paso foi coñecer as diferentes partes e opcións que ten o programa, despois a forma na que se conecta o robot ao ordenador e o xeito polo cal trataremos que o robot "escoite" o que lle estamos transmitindo.

A continuación establecimos un reto a cada unha das clases de 4º e 5º de E.P. no que tiñan conseguir que o robot se movese cara adiante, cara atrás, xirase, acendese leds de distintas cores, que os apagase, que reproducise unha determinada nota musical e que por último se detivese.

Os bloques que utilizamos foron os que aparecen desordenados na imaxe e que combinaron para que o robot realizase as accións indicadas. En canto á nota musical o programa utiliza a notación americana que equivale:

C - DO / D - RE / E - MI / F - FA / G - SOL / A - LA / B - SI

Sendo os números que as acompañan os acordes.

Tamén tiveron que combinar as cores que facilita o bloque (vermello-verde azul) para que os leds mostrasen cores como o amarelo, rosa ou violeta.

No seguinte vídeo podedes ver algúns dos momentos destas sesións:

 

Seguimos aprendendo!

FESTIVAL XUNTARTE 2018

"INDO EU" (DANZAS COMÚNS)

 

"LA RASPA" (CEIP EMILIA PARDO BAZÁN)

"KOCE BERBEROT" (DANZAS COMÚNS)

 

Montaxe do mBot

 Durante a primeira fase os nenos/as de 4º e 5º realizaron a montaxe  dos robots mBot, de xeito que a través das instrucións do propio fabricante e as elaboradas no centro, ademais do videotitorial o alumnado, seguindo a estrutura do "Folio xiratorio", catalogou as pezas que contiña a caixa, comprobando que non faltaba ningunha e aprendendo novo vocabulario, completou a montaxe dos robots e comprobaron que funcionaban correctamente. Evidentemente houbo erros nas conexións, na posición dos parafusos, pero grazas ao traballo en equipo e ao análise dos problemas que xurdían conseguiron solucionalos na maioría dos casos con axuda mínima dos mestres/as.

Nesta presentación están algún dos momentos nas aulas. 

Bo traballo!

Refugabots

Esta actividade formou parte da primeira fase do proxecto de robótica que se está a desenvolver nos cursos de 4º e 5º de E.P. a través do proxecto BÓTalle Imaxinación. Nesta actividade os grupos de cada un dos cursos tiveron que deseñar uns robots, de forma que, utilizando a estrutura cooperativa 1-2-4, primeiro cada neno/a deseñou o seu propio robot, que entre dous completaron para formar un novo, para finalmente crear un so que contivese aspectos de cada un dos nenos/as do equipo. Tiveron que ter en conta o material do que dispoñían para a elaboración das obras e facer un listado do material que necesitarían e ao que tiñan acceso.

Presentámosvos algunhas das creacións do grupo de 4ºA e momentos do proceso, nas próximas semanas faremos unha exposición no centro cos robots de cada un dos equipos e que serán os seus símbolos durante o curso.

 

 

Agradecemos o traballo e implicación tanto por parte das titoras/es como do alumnado participante.

PARA LEMBRAR O QUE PENSABAMOS EN EDUCACIÓN INFANTIL

Dende sempre as portas da nosa aula están abertas a colaborar con outras entidades educativas, máis porque tamén son abertas as tarefas que realizamos nela e que permiten que cada quen resolva segundo o seu nivel de desenvolvemento (ni tan sequera fan todos/as o mesmo ao mesmo tempo).

Por iso cando, despois de rematar o ciclo de educación Infantil, podemos ler os pensamentos que se “cociñaban” pola nosa aula o facemos con ledicia.  Son argumentacións froito do desenvolvemento do seu pensamento aínda en proceso, pero totalmente sinceras e espontáneas. O que si é certo, é que as súas palabras deixan pegada para a comprensión do mundo no que vivimos.

Así pensaba sobre tecnoloxía o meu alumnado que agora cursa 2º de Educación Primaría, dialogando coa mestra da UDC Concepción Sánchez Blanco (páxinas 1279-1258).

 MAR Santiago Arca, decembro 2017

Tecnologías de la información y la comunicación en el aula de Educación Infantil: críticas y desafíos

Concepción Sánchez Blanco

Tecnología, innovación e investigación en los procesos de enseñanza-aprendizaje / coord. por Rosabel Roig Vila, 2016, ISBN 978-84-9921-848-9, págs. 1279-1285

http://rua.ua.es/dspace/handle/10045/61787

 

SEMANA DE VISIBILIZACIÓN DA DISCAPACIDADE - SINDROME DE WEST

 

 

O mércores día 13 de decembro o curso de 5º fomos a unha charla sobre as discapacidades.

Explicounos a nai dun compañeiro doutra clase que ten o síndrome de West. Ademáis trouxo unha cadela de terapia.

Un amigo meu que se chama Eduardo, fixo preguntas moi interesantes e intelixentes. Enseñáronnos como se sinte un ao utilizar unha

cadela guía. Díxonos que os nenos só necesitamos cariño e respeto e que estaba moi contenta do noso colexio que coida moi ben a Javi

que é o seu fillo con ese síndrome.

Tamén nos contou que a súa cadela enseñou a Javi a xogaar ao escondite e que Antón, un amigo e compañeiro meu enseñouna a xogar

ao fútbol, pero que foi Kira, a cadela, a que lle ensinou a tirar a pelota.

 Miguel Diz 5º A

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut