Tarefas

E agora que facemos?

O Apalpador non é o único personaxe que habita nos montes e baixa aos pobos e ás vilas no Nadal... noutras partes do mundo, fóra de Galicia, hai outros personaxes semellantes que debemos coñecer. Queremos que lle fagades un carné de identidade a cada un destes personaxes: o Tió de Nadal, o Olentzero, o Esteru, Sinterklass, Ded Moroz, Joulupukki, Stekkjastaur, a bruxa Befana e, como non ao noso benquerido Apalpador.
O carné de identidade destes personaxes terá que levar:

  • un debuxo feito por vós
  • o seu nome
  • o seu lugar de procedencia
  • o seu oficio
  • os regalos que fai

Primeiro terás que imprimir os carnés, e logo cubrilos. Para imprimilos preme no carné que colocamos aquí abaixo e se abrirá un documento en pdf que podes imprimir facilmente.

Logo imprime tamén este mapa, premendo nel e imprimindo o documento que se abra, e sitúa no seu fogar a cada un dos personaxes seguintes:

  1. O apalpador
  2. Olentzero
  3. Tió de Nadal
  4. Esteru

Continúa á páxina seguinte onde terás os enlaces ás páxinas nas que podes atopar información sobre estes personaxes.

AnexoTamaño
carne.pdf17.4 KB
mapa.pdf197.44 KB

Powered by Drupal - Design by artinet