(2023-2024) Taller de alimentación saudable
O mércores 22 de maio, Julia, Técnico en prevención de condutas aditivas no eido local, achegouse ao noso centro para impartir un taller sobre alimentación saudable.
Despois dunha breve presentación, explicou a importancia de adquirir uns correctos hábitos saudables para poder ter unha mellor calidade de vida (no eido persoal, laboral, educativo...)
A continuación, fixemos un bingo saudable, no que o alumnado debía relacionar os alimentos que tiñan na súa plantilla cas tarxetas que ías saíndo.
Finalmente, xa para rematar, elaboramos unhas merendas saudables a base dos macronutrientes que precisamos para afrontar o día a día (proteínas, hidratros de carbono e graxas).
Grazas pola visita, Julia!!!