( 2023-2024) PLAN DIRECTOR. Charla-coloquio Escola de Familias.
Dentro do programa do Plan Director para centros, realizamos no salón de actos do cole, unha charla coloquio para familias para abordar o tema da ciberseguridade.
Un tema que nos procupa a todos/as ...
O acceso a internet por parte dos/as menores supón ameazas que van desde o " malware", ao " phishing" ou a suplantación da identidade.
Crear contrasinais seguras, non responder a mensaxes descoñecidos son pautas que poden axudar a protexernos.
As nais e pais solen mostrarse preocupados/as por temas como , os contidos inapropiados, o ciberacoso, as adicións tecnolóxicas...Aquí tivemos un experto que nos axudou a enfrontar e previr algúns problemas deste tipo.
Esperamos que fora do voso agrado e emprazámosvos para a seguinte charla!!!!!!!