(2023-2024) Celebrando os aniversarios do mes de febreiro
Ao rematar o mes de febreiro, tal como tiñamos sinalado no calendario online, celebramos os aniversarios do mes, nesta ocasión cumprira anos XOEL, quen foi o encargado de escoller unha tarta do noso libro de receitas.
Seguindo os seus pasos crearía unha torta coa que convidar a todos os compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, nunha fantástica festa.
Xunto aos compañeiros e compañeiras da súa aula, prepararon a camiseta de agasallo e a coroa. Quedaron fantásticas!
Cos ingredientes que trouxera, un día antes da celebración, preparamos a torta, con axuda dos restantes compañeiros e compañeiras das dúas aulas de infantil, seguindo os pasos da receita elixida.
Tan só quedaba levala ao frigorífico e deixala alí ata o día seguinte.
Cando chegou o día da celebración preparamos a mesa para os nosos convidados e convidadas, contanto cantos pratos, vasos e garfos precisaríamos.
Despois dun noite arrefriando no frigorífico, na data da celebración, só faltaban uns últimos retoques de decoración na mesma.
Antes de probala había que soprar as candeas, e escoitar como lle cantábamos o "cumpleaños feliz"
E por fin chegou o momento de que a homenaxeada repartise a tarta entre os seus convidados e convidadas.
Estaba boísima!!!
Rematamos a festa de anivesrarios con zume de mazá e piña, algunhas patacas fritidas e gusanitos para compartir.
No vindeiro mes de marzo teremos novos aniversarios e, por suposto, unha nova celebración dos mesmos.