Blog da biblioteca
2019/2020 Repartimos as nosas recomendacións lectoras
Dende a biblioteca escolar elaboramos unha serii de lecturas para toda a comunidade educativa que nos parecen moi interesantes...
E, alá nos fomos, de reparto...ao Concello, á farmacia, á panadería,
Tamén aproveitamos para sacarnos unha fotiño coa bola xigante
Esperamos que sexan lecturas do agrado de todos/as, e ata a próxima!!!!!
2019/2020 Imos á Galiña Azul a contarlles uns contiños
Como a experiencia como contacontos noo cole resultou moi gratificante, alá nos fomos á gardería infantil a ver se aos máis pequerrechos lles gustaba tamén...
A verdade é que teñen unha Escola moi moi bonita...
E empezamos co conto de RENATO...
Seguido do conto da Ovella
Para rematar co da Xirafa e o Crocodilo...
Temos que dicir que foron un público moi agradecido, e como recordo regalámoslle os animaliños que fixeramos de cartón..
E, para remate tamén lles cantamos unha panxoliña..
Moitas grazas a todos/as
VOLVEREMOS!!!!!
2019-2020 Contacontos por un día
Os rapaces e rapazas de 6º convertímonos en contacontos por un día... O noso público foron o resto de comañeiros e compañeiras do colexio.
Eleximos uns contiños entre todos/as, preparámolos moi ben e na hora de ler, deleitamos a tódolos presentes coas nosas dotes interpretativas...
Polas cariñas que teñen vai a ser que lle están gustando!!!!!
(2019-2020) - 22/11/2019 Día das Bibliotecas escolares
Comezamos a andaina da Biblioteca da mellor maneira que existe: Celebrando o seu gran día!!!!!
Este curso traballaremos nun novo proxecto: " ECO,BIO,SAN...ECOLECUÁ, CADA DÍA NOS COIDAMOS MÁIS"
no que abordaremos a alimentación saudable, como unha maneira para sentirte máis sano, e máis feliz.
Ante a pregunta, como che gustaría que fora a túa biblioteca ideal, o alumnado suxeriu ideas creativas,orixinales,novedosas, e ás veces, case imposibles de realizar....
Despois de tantas ideas, proxectamos uns cortos sobre a alimentación saudable que sempre veñen ben para recordarnos como debemos de alimentarnos...
Pois xa sabemos un pouquiño máis sobre o que debemos ou non debemos comer, agora soamente nos queda poñelo en práctica.
(2018/2019) V EDICIÓN DE" LECTURAS NA CARBALLEIRA "
Un curso máis, e xa van cinco, celebramos a nosa edición de Lecturas na Carballeira, adicado este ano á poesía...
E, alá nos fomos, dende infantil ata sexto, a ler, representar, e ensinar, todo o que preparamos para o público que asistiu ao evento...
Coma todos os anos, tamén fixemos "apadriñamento de libros" que sempre ten moito éxito...
A ANPA San Miguel repartiu os premios aos gañadores do concurso de poesía que organizou para o alumnado do centro...
E, por último queremos agradecer a participación nesta edición da mamá de Joaquín e Alberto, Olga, que colaborou con nós coa lectura dun poema...
Agradecer tamén a Ana, técnico de Medio Ambiente do Concello...
E grazas tamén a Almudena por colaborar nesta actividade..
MOITAS GRAZAS A TODOS/AS E VÉMONOS O CURSO QUE VÉN
(2018/2019) CURTAMERAXES para educar na igualdade
O pasado día 2 de maio aistimos no centro a un visionado de curtametraxes que a asoción ASISTOGAL, nos facilitou para proxectarlle ao alumnado.
Estas curtas mostran e dan lugar a debate sobre diversas problemáticas da muller ao longo da Historia: emprego,voto, violencia de xénero,corresponsabilidade etc...
A través das curtas tratamos de concienciar aos máis pequenos...
E, cos maiores, empezamos a debatir....
( 2018/2019 ) ESCOLA DE FAMILIAS: COEDUCANDO
Así estaba a nosa biblioteca a punto de comezar unha nova sesión da Escola de Familias. Esta vez o tema era moi interesante, de aí que houbera tanta afluencia de mamás...
A COEDUCACIÓN: Colaboración familia-escola
Interactuamos nais e mestres. Conversamos, debatimos, propuxemos, solicitamos...Todo para conseguir un bo entendemento.
MOITAS GRAZAS A TODAS POR PARTICIPAR !!!!
( 2018-2019) Celebramos a Semana do libro"
A semana do 23 ao 26 de abril celebramos no colexio a " SEMANA DO LIBRO " con distintas actividades...
O martes 23: " PROFES POETAS"
O mércores 24: " FOTOS AÉREAS"
O xoves 25: " LIBRO FAVORITO", e lectura dos carteis que lle puxemos ás plantas aromáticas e medicinais...
Cada neno/a elexiu o seu libro favorito. Logo fixeron un pequeno resumen para saber de que iba, e finalmente pegáronno nun cartel na entrada do cole...
Ademais, cada curso leunos a ficha que elaboraron co nome de cada planta (o nome científico, o nome vulgar, e o nome en inglés)e os seus usos e propiedades.
E o VENRES 26:" NENOS/AS POETAS"
O recital poético de infantil: XAN , de Rosalía De Castro
O recital de 2º...Cantarolas e Poemas do sol e da lúa...
O recital de 3º e 4º: Verdedades ( Yolanda Castaño)
Os alumnos/as de 5º cantaron un poema de Rosalía que soaba moi moi ben, do libro de poemas: En las orillas del SAR.
E, para rematar, os de 6º interpretaron un poema anónimo
O NOSO XARDÍN AROMÁTICO E MEDICIÑAL
Continuando co proxecto da biblio: " SEMENTANDO AROMAS" damos un pasiño máis e creamos entre todos/as un xardín vertical con plantas aromáticas e mediciñais.
Bueno, temos que engadir que Eva( mamá de Iván) nos axudou un pouco na búsqueda das plantas, e despois a plantalas... e o Concello nos facilitou os palets.
Aí o tendes...Non vos parece chulísimo?????
Menta poleo, herba luisa, romero, perexil, lavanda, rosas, albahaca, incienso...
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »