Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

2022-2023 LECTURAS NA CARBALLEIRA

 Un ano máis celebramos o noso certame de LECTURAS NA CARBALLEIRA. Unha xuntanza donde alumnado, profesorado, familias e persoas invitadas interactuamos para festexar as NOSAS LETRAS GALEGAS.

Rendimos homenaxe este día a Francisco Fernández Del Riego cunha canción interpretada polo alumnado de 3º e 4º...

Os rapaces e rapazas de infantil tamén aportaron o seu gran de area cunha liña do tempo de autores homenaxeados...

E, tamén entregamos un premio ao gañador do concurso de carteis: Xosé Luis Moldes Domínguez...NORABOA!!!!

E, noraboa a todos/as os que participastes no concurso porque non foi doado elexir o gañador...Aquí recollemos todos os carteis que participaron.

Pero houbo moitas cousas máis ese día...por exemplo, unha morea de libros que agasallamos a quen quixera levar algo de literatura para as súas casas...

E, xa para rematar, este ano tivemos como persoa invitada a unha contacontos fantástica: ALBA GRANDE, que nos deleitou coa súa pandereta e coas súas historias...

Moitas grazas a todos/as os que quixéstedes pasar un anaco agradable con nós!!!!!!

VÉMONOS O PRÓXIMO CURSO!!!! Con máis novedades, autores, libros, contacontos....

(2022-2023) Fora o acoso, e dentro a positividade!

Ola a todos e todas! Sabiades que o día 2 de maio foi o "Día Internacional contra o Acoso Escolar? Pois ben, como no noso cole non se nos escapa nin unha sola data que conmemorar (e todavía máis se é para loitar contra un tema tan serio como este), puxémonos mans a obra para poñer o noso graniño de area contra este problema que padecen tantos nenas e nenos no mundo.

Dende a escola, pensamos que o acoso non é algo que teñamos que abordar só cando sucede, tamén temos que evitalo antes de que se presente. E a mellor forma de previr, e traballando os sentimentos positivos. Quixemos indagar en cales son as frases que poden facer sentir ben aos demais cando as escoitan. Unha vez que tivemos claro que esta era a mensaxe que queriamos mandar, cada alumno e alumna rexitraron as súas nuns anacos de papel.

O seguinte paso, foi buscar unha zona de paso onde, día a día, poidamos pararnos a ler unha destas frases cheas de positividade; de xeito que cando teñamos un mal día, ou necesitemos animarnos, poidamos botar unha ollada a estas bonitas palabras. Deste xeito, creamos un "Taboleiro+", onde un representante por curso colgou as frases dos seus compañeiros e compañeiras de aula.

Agora si, temos nun rincón do cole un espazo onde poidamos transmitir mensaxes positivos e agradables cara aos demais. Así que cando queiramos animar a alguén, poderemos escribir novas frases para ir mudando e cheando este taboleiro de notas que nos debuxen un sorriso de orella a orella!

(2022-2023) Como axudar aos nosos/as fillos/as nos estudos

O éxito dos nosos fillos/as é unha das pricipais preocupacións das nais/pais do alumnado.

Esta guía pretende ser unha axuda para acadar uns bos resultados académicos.

(2022-2023) Libros en cada recuncho do cole

Por fin chegou a semana do libro! Xa sabedes que no noso cole somos moi de ler, por iso o noso obxectivo esta semana era claro: Quixemos encher o colexio de contos ata a última esquina!

Esta tarefa comezou o luns, có alumnado de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria acudindo ao Salón do Libro. Como xa sabedes as persoas que visitades habitualmente esta páxina, participamos cos nosos propios contos e estivemos moi implicados en todo o relacionado con este evento. Se queredes saber máis sobre esta visita, podedes velo aquí.

O martes, o alumnado de 1º e 2º coa axuda das profes Marta e Zaira, grabaron un audioconto que moi pronto teremos dispoñible e que compartiremos aquí na páxina do cole.

O mércores, os libros fixeron unha viaxe ao patio da escola. En diferentes puntos do mesmo, habilitáronse espazos lectores, onde todos os nenos e nenas pasaron para revisar os novos libros da nosa biblioteca, pero tamén para disfrutar dun momento de calma cun libro na man.

Sen duda imos a ter que repetilo pronto, porque a todos pareceu encantarlles a nosa bibliopatio!

Pero as sorpresas non remataron aquí, cando estivemos de volta dentro do cole, agardaban dous contacontos moi especiais a mans dos propios mestres e mestras do cole.

Como podedes ver nas fotos, foi unha experiencia xenial tanto para os alumnos e alumnas, como para o profesorado. Todos e todas o pasamos xenial grazas a lectura!

E xa o xoves, chegou o momento dos apadriñamentos lectores... pero nesta ocasión demoslle un pequeno xiro. Esta vez, os "pequenos" do cole apadrinaron aos "maiores", pero nesta ocasión o sorteo foi algo distinto. Aproveitando o noso Memory xigante de emocións, temática a traballar este curso no noso proxecto de biblioteca, emparellamos as distintas emocións para saber quen apadriñaría a quen para esta actividade.

E así, con cada ovella coa sua parella, os máis pequenos arrancaron a ler para contar aos seus compañeiros e compañeiras algunhas das suas historias e contos favoritos.

Igual que no cole, animamos a todos e todas a que a semana do libro sexa unha realidade tamén nas casas, ensinando a nenos e nenas a disfrutar e divertirse coa lectura!

(2022-2023) Bicos, bicos e máis bicos!

CComo xa sabedes aqueles e quelas que visitades a páxina do colexio, na nosa escola non hai nada que nos guste máis que unha boa celebración. Así que xa imaxinaredes a que liamos para celebrar o Día Internacional do Bico.

Non só nos pareceu unha ocasión perfecta para repartir agarimo polo colexio, senón que ademais foi unha moi boa oportunidade para continuar traballando as emocións como parte do noso proxecto de biblioteca.

E explicados os previos, imos contarvos que argallamos. O primeiro que fixemos, foi pegar un cartel no corredor do colexio, anunciando que día era, e despois preparamos un cadro de cores que sería o lugar no que, quen quixera, podería darse un bico cos seus compañeiros e compañeiras.

E xa co espazo preparado, pensamos que sería divertido poñer unha cámara, e así gardar un recordo de canto nos queremos entre compañeiros e compañeiras. Aínda así, os bicos empezaron moito antes de que puxeramos a funcionar a cámara...

Ningún alumno e alumna librouse de recibir un bico... e o mesmo pasou cos profes. Tan pronto tivemos a algún deles cerca, conseguimso que se acercasen para chearlles a cara de centos de bicos.

Queredes ver cantos bicos repartimos polo colexio tanto os nenos e nenas de infantil como de primaria? Pois aquí tedesos videos onde podedes velo (e un video extra cos momentos máis divertidos que colleu a cámara).

(2022-2023) Estudamos, relaxámonos e aprendemos a xestionar as nosas emocións!

No noso obxectivo de convertirnos en autenticos expertos e expertas na xestión das emocións, e como parte do noso proxecto de biblioteca, hoxe recibimos unha vez máis a Gloria, a nosa experta favorita nesta materia. Nesta ocasión, acudiu ao cole a ensinarnos a relaxarnos e xestionar as nosas emocións, ademáis de falar cos alumnos e alumnas maiores para ensinarlles técnicas de estudio.

Nas actividades levadas a cabo con Educación Infantil, e cos alumnos e alumnas de 1º e 2º, desfrutamos dun contacontos e a presentación dalgunhas ferramentas que nos van a ser de moita utilidade cando nos enfadamos e non sabemos como xestionalo.

Pero se falamos de cousas relaxantes, levase o premio o momento no que paramos para pintar uns mandalas, algo que tamén pode sernos de gran utilidade cando necesitamos relaxar a cabeza e pensar.

Pero non todo se quedou dentro do colexio, fora fixemos toda clase de xogos en movemento para aprender a identificar onde atopar as nosas pulsacións, vivir os nervios e a euforia, pero tamén a calma e a tranquilidade.

E por suposto, traballamos a respiración, unha ferramenta clave para calmarnos. Neste caso o fixemos con pompas de xabón, unha actividade que non só nos ensinou moito, senón que ademais nos divertiu un montón.

Outra das actividades consistiu en pasarnos un vaso de auga, evitando que o seu contido caise fora, o cal nos permitiu seguir aprendendo sobre o corpo en movemento e permitiu estreitar lazos con compañeiros de clases distintas a propia.

E por último, tamén participamos nun xogo grupal no que a respiración foi a protagonista e onde todos o fixeron super ben.

Sen dúbida estamos desexando que Gloria volva a darnos unha visita!

Pore outra parte, os maiores tamén tiveron a sorte de recibir unha charla sobre técnicas de estudio e ferramentas para organizarse que de seguro porán de práctica o máis pronto posible!

(2022-2023) Camiño á escola

Como xa saberedes, o día 15 de abril conmemórase o Día da Infancia. Por iso, nun cole como o noso, pareceunos especialmente importante celebrar esta ocasión dando visibilidade a nenos e nenas con vidas moi distintas a nosa.

Para facelo, visualizamos un fragmento da película "Camiño a escola", onde amósase como un dereito que consideramos tan fundamental como a educación, noutros países e unha auténtica odisea no simple feito de chegar a escola. A través da visualización deste filme, buscamos que os nenos e nenas entenderan que para outros nenos e nenas ir a escola non é unha obriga, senón que é un privilexio.

De forma complementaria ao visionado da película, en cada aula levouse a cabo un debate no que, non solo falamos do que vimos, senón que tamén reflexionamos sobre o seu significado. Pero sobre todo, nos dimos conta da sorte que temos de ter todas as facilidades do mundo para acceder a educación. 

(2022-2023) Traballamos a "Química emocional" coa nosa táboa periódica das emocións

Xa vai algo de tempo da nosa última publicación sobre o proxecto de emocións que estamos a desenvolver como parte do noso proxecto de biblioteca, pero todo é por algo, e neste caso débese a que estivemos argallando unha nova actividade. Queredes saber cal é? Pois ben, nesta ocasión ocurriusenos mesturar ciencia e emocións, e como resultado elaboramos unha taboa periódica de emocións que nos será de gran utilidade para axudar a poñer nome as nosas emocións.

Pero a idea vai máis alá de simplemente colocar os nomes de cada emoción na parede. Nesta ocasión quixemos que o colexio ao completo fose partícipe deste recurso tan especial. Así que a totalidade do alumnado recibiu unha emoción, coa que traballou para expoñer na taboa periódica escribindo o seu nome, deseñando a sua abreviatura e decorandoa ao seu gusto.

Unha vez as recolectamos todas, os nenos e nenas das distintas aulas acudiron ao taboleiro do noso pasillo para ir poñendo a súa emoción. Deste xeito, pouco a pouco, fomos completando a táboa periódica ao mesmo tempo que buscamos o xeito de organizar as emocións según a categoría na que á incluímos: medo, amor, alegría, tristeza, asco, sorpresa...

E así, despois de moitas voltas, conseguimos rematar a nosa táboa periódica. Quizás non sexa o máis bonito, ou as letras sexan distintas, ou haxa erros na elboración... Pero iso é xusto o que buscabamos; que ademais de aprender as emocións, representase a diversidade entre os nenos do noso colexio, e que cada vez que a vexamos poidamos ver un anaquiño de nós dentro de este traballo que tanto disfrutamos facendo.

(2022-2023) - TRABALLANDO AS EMOCIÓNS COAS FAMILIAS

O 18 de abril tivemos a seguda charla-coloquio coas familias  a cargo da psicóloga Gloria Fontán sobre "AS EMOCIÓNS "

A experiencia xoga un papel fundamental na vivencia de cada emoción, por eso resulta imprescindible que as familias saiban recoñecer, entender e actuar ante as emocións que surxen ao noso arredor e, en especial, as do nosos fillo/as

Deste xeito, falamos da confianza, de canto custa gañala e con que rapidez se pode perder. Pero tamén nos falou da escoita activa, de coherencia, de honradez...

Grazas a todas as persoas que vos acercastes a esta charla porque dende a escola sabemos o importante que é saber educar, tamén en emocións...

2022-2023 TRABALLAMOS AS EMOCIÓNS CO ALUMNADO

Seguindo co noso proxecto da biblio : " LENDO EMOCIÓNS ", esta vez foi o turno do alumnado, guiados da man de Gloria Fontán

O alumnado dende infantil ata 6º de E.P. participou nunha serie de actividades dirixidas ao recoñer, entender, e actuar ante as emocións que sentimos a cotío...

Tamén Gloria lles propuxo algunha actividade de traballo en grupo, e resolución de problemas...

E, para rematar, un reto para facer en grupos...

Cómo conseguir facer o cadradro máis grande con 8 folios...

Algunhas das solucións que aportaron foron XENIAIS!!!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.