Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Blog da biblioteca

(2023-2024) Calendario de Advento rupestre 2023

Ao longo dos meses do primeiro trimestre, estivemos a traballar conxuntamente co persoal do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro para crear un Calendario de Advento rupestre. A idea era que cada aula se fixera cargo da elboración de tres xogos con temática rupestre, e que logo ese xogos se convertiran en agasallos para outros compañeiros e compañeiras da escola. De ahí que, baixo a coordinación das dinamizacións de biblioteca e convivencia, comezamos a traballar en crear os distintos xogos.

Despois de moito traballo, a idea era que cada día do mes de decembro se descubrira un xogo novo relacionado co mundo da arte rupestre. Así, dende o día 1 de decembro iriamos abrindo e xogando aos xogos elaborados polos alumnos/as do centro. Pero aínda non sabiamos de que xeito podíamos gardar todos os agasallos que tiñamos preparados, así que decidimos construir unha aldea de Nadal en miniatura que, nos seus fogares, escondía agasallos para todos os nenos e nenas da escola.

O resultado foi espectacular, pois creamos dende pasapalabras, pasando polo comecocos ou o tres en raia, ata a creación dunha zona de excavación arqueolóxica. E para que todos e todas o puideramos desfrutar, o Porco Espín Serafín, a mascota da nosa biblioteca, elaborou un calendario para a apertura dos agasallos cada día de decembro. E a continuación, dende a dinamización da convivencia, organizáronse sesións de xogo conxunto entre aulas, onde cada grupo explicou como se utilizaban os xogos... Procurando reforzar as relacións entre o noso alumnado, coa nosa biblioteca sendo o centro neurálxico para o desenvolvemento desta actividade. De feito, velaquí podedes ver un vídeo resumo de todo o que fixemos. Esperamos que vos guste!!!

(2023-2024) Poesía por e para elas (25-N)

Ola a todos e todas! Quizais o vichedes xa a través das nosas redes sociais, pero para os que non estades por eses lares, compartimos aquí a nosa actividade para conmemorar o 25-N: "Poesía por e para elas".

En primeiro lugar, queremos deixarvos aquí un video elaborada polo Concello de Campo Lameiro, onde dende os distintos organismos públicos se fala da importancia que esta data ten na nosa forma de entender a educación. Ademais, en el a nosa directora explica en que vai consistir esta actividade e podedes ver o material que elaboramos para a celebración.

Agora si, entrando de cheo na actividade, o que fixemos foi utilizar o recurso literario da poesía para dar voz a aqueles mulleres que xa non a teñen. Quixemos dedicar uns poemas as víctimas, pero uns poemas escritos por mulleres para visibilizar tamén a figura de todas aquelas escritoras que non sempre reciben o recoñecemento que merecen.

Así que elaboramos un mural super chulo en cartón, que puideranos servir de escenario e como mural onde expor os nosos poemas. Polo que chegada a data, reunimos ao cole ao completo para facer o recital de poesía para toda a comunidade educativa.

Unha vez toco organizado, cada curso escolleu unha representante para ler o poema que máis gustou da súa clase. Foi un recital cargado de emocións, e onde tivemos a oportunidade de reflexionar sobre o que está pasando para que aínda teñamos que seguir celebrando esta data. E por suposto, co desexo de que a situación da violencia de xénero remate para poder vivir en igualdade real.

E para rematar, xuntamos todos os poemas e os puxemos na entrada da biblioteca para poder disfrutar deles todos os días.

Con isto despedimonos, non sen antes compartir un extracto dun dos poemas compartidos por unha das nosas alumnas:

"Nin sumisas,

nin escravas

sempre libres

e empoderadas."

(2023-2024) Día Mundial da Infancia, aprendendo e reflexionando sobre os nosos dereitos

Xa estamos de volta cunha nova actividade de dinamización de convivencia, en colaboración coa nosa estupenda biblioteca escolar. Queredes saber en que consistiu.

Pois ben, como xa saberedes todos e todas, este curso estamos a tope co CPIncúe: Iguala-T, polo cal imos traballar o tema da igualdade, tanto dende a perspectiva de xénero como racial. Por tanto, quixemos aproveitar o Día Mundial da Infancia (20 de novembro), para aprender más sobre o que son os dereitos da infancia, e debatir entre todos e todas as aulas se na actualidade todos os nenos e nenas gozan do exposto na Declración de Dereitos da Infancia.

Como o fixemos? Moi sinxelo. En primer lugar, buscamos información na nosa biblioteca, na que atopamos un libro que foi perfecto para esta ocasión: "Declración de los Derechos del Niño" de Jordi Sierra I Fabra e Christian Inaraja. Neste libro puidemos atopar nun formato moi fácil de entender, con rima e unhas ilustracións chulísimas, todo o que necesitabamos saber para por en marcha esta iniciativa.

Tendo toda a información necesaria, o seguinte paso foi a exposición en cada aula da temática. Cada grupo debatiu e falou acerca destes dereitos, e por suposto, a súa importancia para asegurar unha igualdade real entre todos os nenos e nenas, independientemente da súa procedencia, etnia, sexo, condición... Un debate que deixounos unhas reflexións moi interesantes, e que preparounos para a elaborción duns globos moi especiais.

Sintetizando todos os dereitos en dez, repartímolos a dous por aula, e cada grupo indagou sobre os escollidos. Despois, tomando un extracto do libro antes mencionado, escribimos nuns globos de cartolina en que consiste cada dereito, e fixemos unha lectura simbólica en gran grupo como posta en común do noso traballo de investigación.

Unha vez rematada a posta en común, puxemos os globos na entrada do colexio, de xeito que poidamos ter presentes os nosos dereitos todos os días, cada vez que poñemos un pé na escola. Pero xa nos coñecedes, simplemente pegar os globos non era suficiente. Así que unha cordiña por aquí, uns debuxos por alá, uns recortes por ahí... e ao final, coa axuda das nosas mestras e mestres que son unhas artistas, rematamos por facer un mural chulísimo entre todos os cursos.

(2023-2024) XESTIÓN EMOCIONAL. Límites sen dramas.

 

Charla-coloquio para familias na que, a nosa psicopedagoga de cabeceira Gloria Fontán, nos trae un tema moi interesante: Como establecer límites evitando os dramas ( na medida do posible)

Profunda reflexión: Como poñemos límites??? Hai acordo nestas medidas???? Hai coherencia?????

o

De todos/as é ben sabido que os límites son necesarios... pero ás veces resulta taaaaaaaaan difícil...

Moitas grazas a todos/as os que participástedes desta charla, necesaria, recomendable e moi útil, porque os fillos/as chegas ás nosas vidas sen libro de instruccións.

(2023-2024) A narración desde o teatro e o movemento

Benvidos ao blog da biblio! Xa sabedes que na biblio do noso cole encántanos levar a cabo toda clase de actividades e obradoiros. Iso sí, hai unha cousa que nos gusta todavía máis... reunir a toda a comunidade educativa! E iso é o que fixemos para inaugurar o curso 2023-24.

O día 3 de outubro, levamos a cabo o obradoiro: "A narración desde o teatro e o movemento", a mans de María Torres, directora artística da compañía de teatro "Elefante Elegante". Unha actividade do máis completa, pois a trvés da expresión corporal traballamos moitos aspectos básicos na nosa vida: superar a vergoña, comunicarnos mellor, coñecer mellor o noso corpo...

E iso fixemos durante o obradoiro, aprender ao mesmo tempo que o pasamos estupendamente ben. María ensinounos ferramentas moi útiles, tanto para os nenos e nenas, como para as familias e os mestres e mestras.

Foi unha tarde estupenda, e a resposta de familias e alumnado á mesma superou todas as expectativas. Dende o equipo da biblioteca non podemos estar máis contentas de que participedes de forma tan activa... e por suposto, tedes a nosa palabra de que continuaremos organizando obradoiros tan divertidos e interesantes como este. Vémonos pronto con máis!

(2023-2024) Na nosa escola rexeitamos calquer tipo de violencia

Boas tardes a todos e todas!

Como xa sabedes, a principio de curso, na nosa escola comprometémonos a mellorar a través de compromisos de convivencia. Pois moi ben, chegou o momento de levar os compromisos a práctica, e decidimos facelo dicindo "NON!", a calquer tipo de violencia na escola.

Aproveitando a celebración do "Día da non violencia", o día 2 de outubro, decidimos levar a cabo asambleas en cad aaula onde falamos de violencia. Pero non soamente falamos sobre ela, falamos tamén acerca de como podemos evitala, que consecuencias ten, como nos sentimos cando somos víctimas da mesma... De xeito que puideramos concluir se realmente a violencia consigue solucionar os problemas.

Unha vez concluimos as asambleas, recollimos e repartimos polas aulas carteis onde, por acordo do grupo dentro da mesma, declaramos as nosas aulas espazos libres de violencia. E non só violencia física, dentro do noso cole non aceptamos agresións de ningún tipo e por ningún motivo.

Por tanto, a próxima vez que poida iniciarse unha situación que implique violencia; observaremos os nosos carteis para recordar que a violencia NUNCA nos leva a ningún sitio.

(2023-2024) Comezamos o curso comprometéndonos a mellorar

Benvidas a todas e todos!

Xa estamos de volta. Damos inicio a un novo curso onde tanto mestres e mestras, como alumnos e alumnas, volvemos coas pilas cargadas para ensinar, aprender e seguir traballando por facer do noso cole un lugar onde todas e todos poidamos sentirnos libres e aceptados.

O noso xeito de facelo, foi a través de compromisos de convivencia. Cada neno e nena do alumnado tiveron que pensar, que era o que eles e elas podían facer para mellorar a convivencia no colexio. Así, cada titor e titora traballou co seu grupo para chegar a estas propostas, e unha vez os tivemos listos... tocou reunirse!

Aproveitando que fixo un dia estupendo, reunímonos na entrada do colexio. Alí, foi onde introducimos o noso compromiso na súa caixa, cambiando o propósito por unha chapa de benvida ao cole e a este novo curso escolar. Todos os compromisos seguirán nesta caixa ata o final do trimestre, onde os retiraremos e consultaremos para ver se os nosos compromisos foron acadados. Se así é, pasaremos a un novo compromiso, se non, continuaremos traballando para acadar ese compromiso o vindeiro trimestre.

E xa para rematar, os mestres e mestras tamén fixemos os nosos compromisos co alumnado para mellorar a convivencia no colexio. Así que con esta nota positiva, damos a benvida a un novo curso onde agardamos aprender e divertirnos moito!

(2022-2023) A xincana das emocións

Ola a todos e todas! Como xa é tradición para despedir o curso, dende o cole (e cun gran traballo por parte do noso mestre de educación física) organizamos unha xincana. Pero este ano, foi unha xincana moi especial... Queredes saber porqué?

En primer lugar, este ano o cole ao completo subimos a San Antoniño. Os compañeiros e compañeiras de infantil estiveron con nós e experimentaron esta actividade por primeira vez. Pero o mellor de todo foi a temática, pois este curso fixemos a xincana das emocións. Tivemos que pasar por todo tipo de probas onde puxemos en práctica todo o que aprendemos, ao mesmo tempo que superamos desafíos que puxeron a proba a nosa capacidade física.

Non resultou nada sinxelo. Tivemos que poñer a traballar a cabeza, os músculos pero tamén o corazón; xa que as emocións estiveron presentes en todos os aspectos. Aprendendo deste xeito, que ao final o benestar é unha combinación de sentirnos ben no noso corpo a través do exercicio, pero tamén coidando sempre como nos sentimos.

(2022-2023) Recomendacións lectoras para o verán!

Aquí van as nosas recomendacións lectoras para este verán. Ademais incluimos xogos para desfrutar e pasar tempo en familia!

Agardamos que vos gusten e que pasedes un bo verán!!!

2022-2023 LECTURAS NA CARBALLEIRA

 Un ano máis celebramos o noso certame de LECTURAS NA CARBALLEIRA. Unha xuntanza donde alumnado, profesorado, familias e persoas invitadas interactuamos para festexar as NOSAS LETRAS GALEGAS.

Rendimos homenaxe este día a Francisco Fernández Del Riego cunha canción interpretada polo alumnado de 3º e 4º...

Os rapaces e rapazas de infantil tamén aportaron o seu gran de area cunha liña do tempo de autores homenaxeados...

E, tamén entregamos un premio ao gañador do concurso de carteis: Xosé Luis Moldes Domínguez...NORABOA!!!!

E, noraboa a todos/as os que participastes no concurso porque non foi doado elexir o gañador...Aquí recollemos todos os carteis que participaron.

Pero houbo moitas cousas máis ese día...por exemplo, unha morea de libros que agasallamos a quen quixera levar algo de literatura para as súas casas...

E, xa para rematar, este ano tivemos como persoa invitada a unha contacontos fantástica: ALBA GRANDE, que nos deleitou coa súa pandereta e coas súas historias...

Moitas grazas a todos/as os que quixéstedes pasar un anaco agradable con nós!!!!!!

VÉMONOS O PRÓXIMO CURSO!!!! Con máis novedades, autores, libros, contacontos....

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.