Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

E.F.

(2012-2013) Coñecemos a LOITA LIBRE OLÍMPICA

Esta semana todos os nenos e nenas de Primaria estivemos coñecendo un pouco a Loita Libre.

Visitounos Marcos, un entrenador do Clube de Loita de Pontevedra, para explicarnos un pouco en que consiste esta modalidade deportiva.

Algúns nenos do centro xa o coñecían da actividade extraescolar que leva a cabo no pavillón, e sempre nos andaban a contar o ben que o pasaban nas clases e competicións ás que acudían.

Por fin todos os demais podiamos coñecer de que se trataba aquilo da "loita".

Despois dunha pequena presentación puxémonos mans á obra. O primeiro que nos mandou foi facer uns exercicios de quecemento.

Logo explicounos as normas básicas do que sí e non se está permitido facer. O máis importante era non facer nada que puxese en risco ou puidese danar ao contrario ( xusto o contrario ao que nós asociabamos coa loita)

O obxectivo que tiñamos que perseguir era o lograr que o contrario pousase a espalda no chan e bloquealo nesa posición. Explicounos para elo algunhas técnicas para poder conseguilo.

Todo o que nos ía explicando logo o practicabamos nós.

Unha sesión de Educación Física non da para moito, así que de seguida rematamos. Quedamos con ganas de máis. Para iso deunos uns papeliños con información sobre como facer se queremos seguir coñecendo esta modalidade.

Ademais temos a sorte de poder practicalo ben cerquiña: no noso pavillón!

Tamén vos deixo aquí uns enlaces de interese sobre o tema por se quedastes con curiosidade ou fame de máis!

.

Se clicades neste logo accederedes a páxina web da Federación Galega de Loita libre.

Tedes nela información e imaxes dos distintos campionatos e méritos conseguidos polos nosos deportistas.

.

.

.

E a través desta outra imaxe poderedes acceder a páxina da wikipedia que nos aportará toda a información sobre a Loita.

Imos acabar como uns verdadeiro entendidos no tema!

(Atoparedes máis fotos desta xornada no recanto de celebracións ou dentro da galería fotográfica)

(2012-2013) Práctica de deportes alternativos

Durante este trimestre estivemos a traballar unha unidade sobre deportes alternativos co alumnado do terceiro ciclo.

O último deles foi o intercrosse.Xa vos falaramos un pouco sobre el na seguinte entrada

Para a súa práctica, os que puidemos, trouxemos botellas valeiras de auga, refrescos,... da casa. Nelas introducimos unha pica de prástico que fixamos con cinta americana. Logo cortámoslle un anaco para darlle a forma (máis ou menos) do pau empregado como implemento deste deporte.

Aquí estamos todo o alumnado de 6º posando cos seus paus xa dispostos a desputar o seu primeiro encontro!

Semellaba que sería un pouco lioso, parado e incluso perigoso o xogo con este material; mais seguindo as normas de xogo... para nada!

Foi bastante entretido a pesar de non contar co material orixinal para a súa práctica.

Aquí tedes unha pequena mostra de diferentes momentos de xogo.

(2012-2013) Deporte alternativo: LACROSSE - INTERCROSSE

Outro novo deporte alternativo co que tentaremos traballar na próxima semana

Ademais do Floorball, Kin ball, Ultimate, Bijbol,... agora é o turno do

LACROSSE e a súa versión adaptada: o INTERCROSSE

Aquí tedes unha presentación na que toparedes toda a información necesaria.

Os deportes alternativos: o KIN BALL

Aquí vos deixo un enlace a unha presentación da cal obteremos toda a información necesaria para comezar a xogar a este novo deporte alternativo co que imos a traballar. Prestade atención...

(2012-2013) Os deportes alternativos: o ULTIMATE

Neste terceiro trimestre o alumnado do terceiro ciclo estamos a coñecer deportes alternativos: ultimate, kin ball,...

Rematada a unidade de Expresión corporal (na que traballamos a dramatización, mimo, expresividade do corpo, desinhibición,...) xa tiñamos ganas de máis movemento.

Así foi como esta 1º semana comezamos a coñecer  a través de só dúas sesións  o Ultimate: quen o creou, onde e como xurdiu, os equipos que temos en España e, o máis importante, como se xoga!

Para que afondedes máis neste deporte tan entretido aquí vos deixo o enlace á wikipedia .

Clicade na imaxe do disco voador:

Para entender mellor o seu reglamento, técnicas,... preparamos esta presentación coas fotos do alumnado durante estas sesións.

Agardo que quede clariño

Ánimo! Agora que xa sabedes case todo sobre el... a poñerse a xogar, que xa (tamén xa era hora) parou de chover e podemos disfrutar do aire libre ou incluso da praia para pasar un bo rato con este novo deporte!

(2012/2013) Traballando a expresión corporal .

No terceiro ciclo estamos a traballar unha unidade didáctica sobre a Expresión corporal.

Para elo, na 2º sesión realizamos unha clase co obxectivo principal de desinhibirse e perder un pouco o sentido do ridículo e vergoña a que nos vexan facer o que se nos ocorra.

Nela empregamos xornais que trouxo o alumnado. Con eles empapelamos o chan de media pista. Ao sinal todos nos introducimos nesa gran piscina de papel.

Pasárono bastante ben nas actividades que fixemos con eles.

 Mirade unha pequena mostra...

Tedes algunhas imáxenes máis na galería fotográfica de Educación Física.

(2012-2013) Participación na carreira de Campo a través

 

O pasado martes 29 de xaneiro participamos todos os nenos e nenas de segundo e terceiro ciclo na competición de cross escolar celebrada en Soutelo.

Non facía moi bo día, mais tivemos xorte pois xusto cando iamos comezar saiu o arco da vella. Traerianos sorte?

Ao chegar dimos unha volta ao circuito para ver por onde tiñamos que pasar

Sobre as 11:30 comezaron a chamar a todos os participantes para que se fosen colocando na liña de saída.

As primeiras foron as nenas de 3º curso que participaban por primeira vez nesta competición ao igual que os rapaces da súa clase:

Seguíronlle os nenos de 3º:

As seguintes foron as nenas de 4º e 5º curso. Estaban un pouco asustadas!

E logo os rapaces de 4º e 5º curso:

Seguíronlle as nenas de sexto. Este ano correron soas xa que non participaron as de 1º de E.S.O.

      

E remataron os nenos de sexto. Eles si que estaban todos tranquilos. Xa é o cuarto ano que compiten. 

E como premio final, coma os demais anos, un chocolate quentiño (ou dous, ou tres,...).Despois de soportar a choiva e o frío ben o mereciamos.

 

 Aquí o estamos a saborear despois do gran esforzo feito.

Noraboa a todos e todas por vir a participar nel.

Agora queda agardar a que nos manden os resultados.

De momento só sabemos seguro que un de nós quedou e primerio posto e dous nos segundos

(2012-2013) DEPORTES individuais e colectivos

Agora que comezamos a traballar sobre algún deporte no terceiro ciclo viravos moi ben botarlle unha ollada a toda información que atoparedes sobre algúns deles. Para elo aquí tedes un enlace a unha web sobre deportes individuais e colectivos. Pinchades sobre a que queredes e atoparedes toda a información sobre campo, implementos,....

.

(2012-2013) Xogos do Magosto

 

Para a celebración do Magosto dende a nosa área preparáronse como os últimos anos unha serie de xogos polos que o alumnado iría pasando.

Este curso fíxose un circuito de 7 xogos cunha temática común que foi "as celebracións do noso centro" ( A festa das festas) . Así de haber un xogo sobre o MAGOSTO, tamén houbo outros sobre: o NADAL, o día da PAZ, o ENTROIDO, as LETRAS GALEGAS, o día do LIBRO, os MAIOS e o SAMAÍN.

En cada un deles estaban de monitores 2 nenos e nenas de 6º curso. Eles encargáronse tamén de preparar algúns dos materiais e carteis.

A estación número 1 ocupouna o Magosto co xogo do Tizón. Explicábano Fátima e Ismael Escariz

De alí pasaban a actividade do Día do Libro, onde tiñan que ordenar e completar cada curso unha historia. Estaban de bibliotecarias Antía e Tania.

O 3º xogo foi sobre a Festa do Nadal. Nel tiñan que seguir o percorrido que os levaría ata Papa Noel. Se lles contaban o ben que se portaron este darialles un caramelo. O noso Papa Noel foi Xermán e a súa dona Andrea

 No medio da pista estaba a xogo do Día da Paz. Tiñan que tentar botar fóra do paracaídas sacudíndoo unha pequena bomba. De militar estaba Jose e de pacifista Uxía

Na 5º estación do circuito celebrábase o Día dos Maios. Alí Lara e Meritxell pedíanlle axuda aos nenos e nenas para colorear e recortar flores e laranxas para decorar o seu maio.

De alí pasamos a celebrar o Samaín cunha carreira de bruxas e bruxos que se pisaban as vasoiras unhas as outras. De monitoras estaban Noelia e Tamara

E , por último, celebramos o Entroido. Para elo o paiaso Ismael Serrapio prestábanos unha das súas motos para ir a mercar a tenda de Maica un gorro de paiaso . Pagábase cun pequeno chiste ou broma. Se Maica ría, Maica vendía!

(2012-2013) Traballando a nosa hixiene postural

Durante este mes de outubro o alumnado do terceiro ciclo andivo a traballar unha unidade didáctica que xiraba en torno a nosa saúde, hixiene corporal e postural, primeiros auxilios, ...

Para elo simulamos na clase ter diferentes lesións que os nosos compañeiros atendían, analizamos todo o que deberiamos ter nun botiquín, analizamos as nosas pegadas, ...

 

Tamén tivemos unha clase na que traballamos a través dun programa informático todo o referente a levar unha vida saudable.

Podedes acceder a ela clicando nesta imaxen

Como remate dela elaboramos un panel no que iamos explicando con imaxes e pés de foto as posturas correctas e incorrectas nas diferentes actividades da nosa vida diaria. Así os demais poderían poñerse ao día nisto de coidar a nosa espalda.

Quedou así de chulo:

(Se pinchas enriba del poderalo ver a modo de revista)

Agardo que tomáredes nota e recordedes o que non se pode facer...

 Coidade a vosa espalda!

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 1 usuario e 1 invitado conectados.

Usuarios conectados

  • oscar_abilleira