Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil 2

(2023-2024) E ademais, no mes de xaneiro, sucedeu todo isto...

No mes de xaneiro, á volta das vacacións de Nadal, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

30/01/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Organizamos e participamos na II marcha e carreira solidaria, polo día da Paz 
27/01/24: (2023-2024) Experimentamos con pementa e xabón. Queres saber que sucedeu? 
26/01/24: (2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas 
25/01/24: [Infantil xuntos] (2023-2024) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro 

  

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado foi o/a responsable de anotar o  calendario online, levar a cabo os rexistros e outra chea de responsabilidades.

  

Participamos nas actividades organizadas no Centro polo "Día Internacional da Educación", onde descubrimos os dereitos e deberes que temos como nenos/as.

     

Continuamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas. 

    

Creamos debuxos xigantes, explorando a nosa creatividade, con obxectos da aula.

      

Que podes ver no corredor de infantil, co título que cada equipo decidu poñerlle. 

    

Continuamos co préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.

    

Participamos na elaboración dun menú semanal saudable, xunto cos compañeiros e compañeiras de todo o colexio. 

   

Continuamos a levar a mochila "de lecer" para as nosas casas, seguindo as quendas marcadas. 

 

    

Ás veces o patio estaba conxelado, e puidemos experimentar coas caracterísiticas do xeo.

 

    

"Xogamos a pensar", usando o diáogo como fonte de información e acordo, nas sesión de "Filosofía para nenos/as".

 

     

Exploramos o noso potencial creativo pintando con témpera.

 

Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, podes facelo na seguinte entrada:

Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

  

(2023-2024) Experimentamos con pementa e xabón. Queres saber que sucedeu?

O segundo gran experimento deste curso precisaría usar xabón, pementa, auga e un prato. Que poderíamos facer con este material?.

Por quendas, e a través dunha choiva de ideas, fomos aportando diferentes teorías do que tería lugar ao mesturar os materiais. Comentamos tamén como pensábamos que era a orde na que tiñamos e ilos mestrurando.

   

Despois de varias probas, descubrimos que unha pouca de pementa, que exploramos sensorialmente, na auga, "fuxía" cando a tocábamos co noso dedo cheo de xabón.  

Chegamos á conclusión de que é o mesmo que sucede coa suciedade cando lavamos as nosas mans.

   

Rematado a experimentación e gran grupo, cada un dos equipo cooperativos organizouse para seguir os mesmos pasos , dialogando e acordando os diferentes roles, para que todo o mundo participase no proceso.

     

Finalmente todos os equipos deron conseguido reproducir os pasos satisfactoriamente, e conseguiron que "pementa fuxira" en contacto co xabón.

    

Despois de levar a cabo auto-avaliación figuroanalóxica, chegou o momento de anotar, nos cadernos de campo individuais, as observacións deste segundo experimento.

    

Nesta ocasión foron os compañeiros e compañeiras de Infantil 1 os encargados de facer o vídeo do experimento. Así de fantástico lles quedou.

  

No próximo gran experimento seremos os encargados de crear o respectivo vídeo; ata entón podes ver os vídeos que creamos, de  cada un dos experimentos neste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2023-2024

 

   

  

(2023-2024) Continuamos a investigar sobre os peixes e xa temos as primeiras respostas ás nosas preguntas

Podes ver os pasos previos desta investigación nas seguintes entradas publicadas neste mesmo blog:

30/11/23: (2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso 

  

Co paso dos días fomos recopilando moita información tanto non noso recanto de información "virtual", na web do colexio (recanto de infantil); así como libros e diferentes documentos impresos, no recanto da información da aula.

    

A primeira das preguntas que investigamos, todos xuntos en gran grupo, foi saber que "comen os peixes".

       

Acordamos anotalo no mural da investigación deste xeito.

     

No apartado de "Como nos organizamos" fomos anotando o número da pregunta que íamos respostando, tanto en gran grupo, como cada un dos equipos.

  

Novamente en gran grupo buscamos a resposta a se os "tabeiróns comían peixes", que era outra das preguntas que decidimos investigar.

Atopamos a resposta nun dos vídeos do noso recanto virtual da investigación.

     

Despois de discriminar no vídeo, a información que respostaba á pregunta, acordamos como plasmalo no mural da investigación.   

    

E así quedou plasmada a resposta no mesmo.

   

A medida que íamos atopando a resposta a cada pregunta, fomos marcándooa na lista que escribimos ao comenzo.

      

En equipos cooperativos, atopamos a resposta a tres das preguntas que tiñamos plantexadas, acordando cada equipo que fonte de información poderían usar, e como plasmarían a resposta no mural da investigación.

Os peixes fan pis?

    

Os peixes fan caca?

   

Os peixes fan peidos?

    

Así quedou plasmado, coa parte de cada un dos tres equipos cooperativos, no mural da investigación.

   

Finalizado o traballo de investigación destas tres preguntas, cada un dos equipos contoulle ao resto dos compañeiros e compañeiras, o que descubriran na súa investigación. Agora todos coñecemos a resposta ás tres preguntas plantexadas. 

 

Así está de momento o noso mural de investigación, nas vindeiras semanas continuaremos completándoo coa resposta ás diferentes preguntas que aínda quedan pendentes.

   

     

(2023-2024) E ademais... no mes de novembro

No mes de outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Participamos nas activiades organizadas no centro polo 25N "Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Lendo poesías ao respecto que trouxemos da casa

  

Participamos nas activdades do aniversario da "convención dos dereitos do neno e da nena", escribíndoo algúnd eles en globos e léndoos, xunto co dos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

    

Continuamos a completar a noso dicionario xigante (e individual), empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas.

    

   

Asistimos, en Pontevedra, a unha fantástica actuación musical no edificio de "A Fundación"

     

Comezamos a levar para casa, por quendas, os venres a mochila viaxeira. Grazas ao Beebot sorteamos a orde en que as iremos levando ao longo do curso. 

   

Despois de debuxar a silueta do profe entre todos e todas, convértimola nun monstruo, no que fomos pegando os nosos medos.

   

Desenvolvimos as nosas habilidades creativas pintando con témpera, seguindo as consignas acordadas, poñéndonos dacordo dentro de cada equipo cooperativo.

Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, como por exemplo nas rutinas do encargado que continuamos a desenvolver cada día, podes facelo na seguinte entrada:

Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

(2023-2024) Experimentamos cun fluído non newtoniano... Queres saber como facelo? Mira o vídeo que creamos

Para o primeiro experimento deste curso empregaríamos o seguinte material: Maizena, auga e un bote...

Que poderíamos facer con todo iso?.

A través do diálogo fomos plantexando diferentes hipóteses sobre o que sucedería ao mesturalos.

     

Exploramos sensorialmente as características físicas da Maizena.

    

Mesturamos os materiais, ata conseguir unha pasta.

   

Descubrimos que se lle dabamos un puñetazo forte quedaba "súper duro", pero se o facías frouxo era "súper brando"

   

Miramos tamén un vídeo no que encheron unha piscina con este "fluido non newtoniano", que así se chamaba segundo nos dixo o profe. Podían camiñar sobre el se daban pasos fortes, pero se daba pasos despacio afundían.

 

   

Nesta ocasión correspondeunos aos compañeiros e compañeiras de INFANTIL 2 crear o vídeo do experimento. Por sorteo correspondeulle ao equipo LEÓN.

Os integrantes do equipo de modo coordinado e acordado, elaboraron o panel dos materiais, que se usaría no vídeo e repartiron que faría e diría cada un na rodaxe do vídeo.

Así quedou o vídeo unha vez rematado, para que poidas repetir os pasos na túa casa. 

  

Tan só nos restaba anotar o observado no experimento, no noso caderno de campo individual.

   

Podes ver os vídeos que creamos, de  cada un dos experimentos deste curso, na seguinte ligazón.

Experimentos do curso 2023-2024

   

 

(2023-2024) Decidimos investigar sobre "os peixes" e damos comezo ao noso primeiro proxecto do curso

Por fin chegou o gran momento, tiñamos que decidir entre todos e todos cal sería o tema da nosa primeira investigación deste curso.

Despois de varios diálogos, e a través dunha choiva de ideas, fomos escribindo unha lista de posibles temas, indicando para cada un deles que é o que queríamos descubrir, ou porque considerábamos que ese tema sería interesante.

   

A partir desta lista despois dunha serie de votacións sucesivas, quedámonos con estes 4 temas posibles.

   

Chegou entón o momento de participar da votación final, nunha papeleta que elaboramos, cada quen foi elixindo "en secreto" o seu tema favorito.

   

Vixiados pola "presidenta da mesa electoral", KARINA que era encargada ese día, todos e todas fomos votando, metendo o noso voto na urna. A "presidenta" foi tachando na lista quen votaba, identificado/a polo seu carnet QR, para que non o puidera facer dúas veces.

      

Rematada a votación comezou o momento máis emocionante, o reconto de votos.

   

Despois dunha axustada votación o gañador foi o tema do "PEIXES" con 5 votos.

   

Xa co tema elixido comezamos a preparar o mural da investigación.

  

Nel anotamos o título do proxecto e "os productos finais da investigación", que acordamos que serían: "crear un documental" e "facer un álbum de peixes".

   

Así quedou anotado, entre todos e todas, no mural da investigación.

       

Comezamos a plasmar tamén no mural,  as diferentes fases do proxecto.

Fomos dicindo e anotando todo que xa sabíamos, ao final do proxecto, xa coas respostas atopadas, voltaremos a consultar quen estaba no certo ou non, ou que coñecementos estaban incompletos.

    

Tamén anotamos o que queremos saber, plantexando as preguntas que investigaremos no proxecto. Todos xuntso e xuntas cordamos como redactar as nosas preguntas sobre o tema.

 

   

Pouco a pouco fomos completando as primeiras partes do noso novo proxecto no mural. 

    

Tan só nos quedaba anotar "en que fontes de información" poderíamos buscar as respostas.

 

   

Escribimos unha nota para pedir "axuda" na casa, coa procura de información.

 

     

Ao día seguinte, xa comezamos a recibir o primeiro material para engadir no noso recanto da investigación.

   

Nas vindeiras semanas continuaremos a recibir información e comezaramos a buscar as respostas ás primeiras preguntas.

Poderedes estar ao tanto da nosa investigación neste mesmo blog.

   

  

 

(2023-2024) E ademais, no mes de outubro, sucedeu todo isto en Infantil 2

No mes de outubro, na nosa aula sucedeu todo isto, que xa vos comentamos en entradas anteriores:

Pero ademais tamén tivo lugar todo o que vos contamos de seguido:

Cada día o encargado ou encargado foi o/a responsable de anotar o  calendario online, e outra chea de responsabilidades.

  

Comezamos a completar a noso dicionario xigante, empregando a aplicación online do dicionario, coas imaxes e textos das nosas palabras favoritas.

       

Comezamos o préstamo de libros para casa, os venres, empregando unha aplicación que podes atopar no recanto de infantil.

 

Traballamos o día da "non violencia".

   

Recibimos a visita dunha reponsable do Parque Arqueolóxico da Arte Rupueste de Campo Lameiro, para preguntarnos como fixeramos o noso traballo para eles

Podes ver como che contamos a creación dos nosos xogos rupestes na seguinte entrada:

(2023-2024) Creamos uns xogos rupestres e participamos nun obradoiro organizado polo PAAR, no día europeo da Arte Rupestre 

  

Recibimos novo mobiliario para a aula, e tivemos que acordar onde poñer cada "cousa".

 

    

Participamos nunha formación na "Biblioteca do colexio", a cargo da profe ZAIRA.

 

   

    Tal vez che interese coñecer como usamos os "carnets QR" na aula, podes facelo na seguinte entrada:

    Así empregamos a aplicación do calendario, diccionario e bliblioteca online nas nosas rutinas da aula

    (2023-2024) Xa temos novos equipos cooperativos para este curso... queres coñecelos?

    Chegou o momento de organizar os equipos cooperativos que este curso teremos na nosa aula, e nos que traballaremos en diferenes tarefas que se propoñan ao longo do mesmo.

    Unha vez coñecido en que equipo estaría cada quen, cada equipo escolleu, despois de acordalo, a cor que o idenficaría, escribíndoo nunha lista para logo buscar a témpera desa cor.

        

    Cada un dos equipos pintou o seu panel do equipo da cor elixida. Tiveron que acordar como facelo, e como organizarse, a través do diálogo, posto que só tiñan un pincel para usar entre todos e todas.

     

      

    O seguinte paso foi escoller un nome para cada equipo, novamente tras diálogos e debates, tódolos equipos chegaron ao acordo do nome que convencía a todos e todas. Escribírono nun listado, para poder empregalo posteriormente como modelo.

       

    O equipo VACA que escollera a cor verde.

       

    Pola súa banda o equipo COCODRILO, optou pola cor vermella.

        

    E por último a cor azul foi a escollida polo equipo LEÓN.

        

    Cada un dos equipos estaba preparado para comezar a completar o seu panel.

        

    Acordaron e escolleron unha imaxe idenficativa, que tivera que ver co seu nome de equipo, para recortala e pegala no panel.

       

    Tamén pegaron a foto do equipo e ordenaron as letras móbiles, para reconstruír o nome do mesmo... menos mal que o tiñan escrito no listado. 

     

       

    Despios de escribir o nome dos integrantes de cada equipo, deron o traballo por rematado.

    Así quedaron os paneis, unha vez rematados:

      

      

          

    Rematado o traballo, chegou o momento de levar a cabo a primeira avaliación "figuro-analóxica", autoavaliando diferentes aspectos do seu traballo en equipo con emoticonas.

        

    Xa nos veredes empregar estes nosos novos equipos cooperativos a partir de agora, nas diferentes entradas que publicaremos neste blog.

     

         

    (2023-2024) Creamos uns xogos rupestres e participamos nun obradoiro organizado polo PAAR, no día europeo da Arte Rupestre

    Neste mes de outubro tería lugar o "Día europeo da Arte Ruprestre", polo cal o "Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro" (PAAR), propúxonos participar nun obradoiro que tería lugar no colexio o día 10. Así o marcamos no noso calendario online para non esquecernos.

       

    Pero antes de participar no obradoiro, tiñamos que crear as "vesións rupestres" de tres xogos de mesa: un xogo de memoria (Memory), o Dobble e o Lince.

    Despois de descubrir que era o PAAR, os petroglifos e outros elementos da arte rupestre, estabamos listos para poñernos mans á obra.

        

    O primeiro foi lembrar as normas dos tres xogos e xogar con eles para descubrir o seu funcionamento. Deste xeito xa poderíamos facer unha versión rupestre dos mesmos.

       

    Coas ideas claras, puxémonos mans á obra para crear as tres versións dos xogos, buscando e internet, imprimindo e escollendo as diferentes imaxes "rupestres" que levaría cada un deles.

        

    Traballando todos e todas xuntos/as, chegando a acordos e repartíndonos o traballo, demos conta de tan ambicioso obxectivo.

        

    Cos tres xogos xa listos, só nos restaba escribir entre todos e todas o nom de cada xogo para pegarllo na súa caixa, e así poder identificalos.

     

        

    Non podíamos esquecernos de redactar as instrucións de cada un dos xogos, onde explicamos como poder usalos.

       

    Novamente, colaborando entre todos e toas demos conta do recado.

       

    E así de fantásticos quedaron os tres xogos "rupestres" unha vez rematados.

       

    Usando estes xogos, xunto a todo o que están a elaborar o resto dos compañeiros e compañeiras do colexio, a proposta do PAAR, crearemos algo "fantástico nos vindeiros meses". Como é unha sorpesa....  non podemos contarvos nada polo momento ;)

       

    Obradoiro organizado polo PAAR:

    Cando chegou a data que tiñamos sinalada no calendario online, tal como vos contamos anteriormente, participamos nun obradoiro "rupestre" oganizado polos traballadoes e traballadoras do Parque Arqueolóxico da Arte Ruprestre de Campo Lameiro.

       

    Pasámolo xenial, xunto aos compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

    Moi pronto xa vos contaremos o que imos facer cos "xogos rupestres", como sempre poderedes lelo neste mesmo blog.

      

    (2023-204) Xa temos novas normas da aula... así as acordamos e refixemos

    Despois de todo traballo que fixemos nos primeiros días de curso, que podes ver na seguinte entrada, chegou o momento de acordar e refacer as normas da aula:

      

    O primeiro que fixemos foi ir anotando as normas que pensabamos necesitar, todo aquilo que si podemos facer no colexio e o que non debemos.

             

    Por equipos pintamos tantos cadrados de cores como normas escribíramos, o difícil foi pintar sen "entrar" no cadrado do compañeiro ou compañeira, pero traballando de forma coordinada e dialogada démolo conseguido.

       

    Dramatizamos cada unha delas para poder ter unha fotografía na que, como actores, se contase cada norma.

        

    Pegamos cada unha das fotografías, dramatizando as normas, en cada un dos cadrados que pintaramos.

       

    Escribimos debaixo de cada unha delas, o texto que acordáramos para cada norma, separando as diferentes palabras cando era necesario. 

          

    Entre todos e todas demos rematado o noso novo panel de normas, para este curso, en Infantil 2.

     

        

    Puxémolas no lugar no que estaban as normas acordadas no curso anterio, agora xa podemos consultalas sempre que queiramos ou necesitemos.

         

    Reproducimos as mesmas normas "en pequeno", para poder levalas para casa, e contarllas ás nosas familias. 

     

    Había que pegar cada imaxe no cadrado de cor que lle correspondía, tal como figuraba no "gran panel das normas".

    Fixándonos na orde, e na cor de cada unha, tamén o demos conseguido. 

          

    Tan só faltaba engadirlle o texto que se correspondía con cada unha delas.

      

    Por fin estaban listas para poder levalas ás nosas casas.

        

       

    Distribuir contido

    Acceso rápido

    Punto Laranxa contra o acoso escolar

    Formación do profesorado

    Proxectos T.I.C. do centro

    Eleccións ó Consello Escolar

    Eleccións ó Consello Escolar
    Infomación do proceso

    Usuarios conectados

    Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.