Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

infantil, infantil 1, infantil 2 , Infantil xuntos

(2012-2013) Preparamos o noso traballo para participar no Salón do Libro

Este mes, estivemos preparando o noso traballo para participar no Salón do Libro Infantil de Pontevedra- "A toda máquina".

Xuntámonos nunha sesión cos compañeiros de Infantil 2 para facer unha choiva de ideas sobre o qué podíamos saber sobre este tema, as máquinas.

Previamente utilizamos a pantalla dixital para xogar a adiviñar algo que estaba oculto e mirando únicamente a través dunha pequena lupa.

Este foi o punto de partida ou o "elemento motivador"  clave para incrementar  o interese neste tema.

O que estaba oculto resultou ser un "helicóptero" ou tamén chamado "tornillo aéreo", algo inventado hai moitos anos.

 

 

Pero ata chegar a isto hai un percorrido que seguimos, dialogando, según onde estivera colocada a lupa. As nosas percepcións, observacións, deduccións e comentarios ían cambiando.

Vos amosamos un anaquiño dos diálogos que se estableceron:

(a lupa estaba colocada no xusto no medio)

-Es un barco, porque veo que tiene una cosa arriba para vigilar si vienen malos.

-A min parécenme dous perritos de madeira, o corpo.

-Un capitán conduce el barco.

-Es blanco y es nieve.

-É un avión, porque os avións teñen por fora algo redondo como eso.

-Es un helicóptero, porque se le ven alas.

-Me parece que es una pala.

-Una máquina quitanieve.

-Un helicóptero joverchaos.

 

(pasamos a observar coa lupa abaixo no centro)

-Unha escaleira.

-Un columpio.

-Unha ruleta para xirar.

-Es una máquina para deslizarse por las montañas de nieve.

-Me parece que es una máquina que coge madera.

 

(coa lupa arriba)

-Es un barco.

-Me parece que es un trampolín.

-Yo ya lo tengo claro, un avión porque tienen las alas muy cerca.

-Yo creo que es una avioneta. Tienen una ala y dos palas para sujetar otra ala.

 Finalmente o vemos totalmente descuberto e a conclusión á que chegan algúns compañeiros é:

-Es una máquina de volar, porque tiene cosas puntiagudas y una esquina para que entren y alas.

-Es una avión porque tiene cuerdas y alas. 

 

A partir de ahí, ademáis de tratar de dar comezo a un novo proxecto, a profe propúxonos participar no Salón elaborando entre todos un libro sobre "máquinas para axudar a algunhas  persoaxes de contos" que estaban metidos en problemas.

Os contos elixidos foron:

-OS TRES PORQUIÑOS.

-BRANCANEVE.

-CARAPUCHIÑA.

-O FRAUTISTA DE HAMELIM.

-HANSEL E GRETEL.

-O COELLIÑO BRANCO.

-RAPUNZEL.

 

Despois de visionar algún contos, escoitar outros ou incluso contalos entre todos, nos puxemos  a pensar nestas máquinas, poñéndolles forma e nome.

Para a parte de representación nos agrupamos en parellas, levando a cabo dúas actividades:

-plasmamos a estas persoaxes coas regletas e bloques lóxicos para logo fotografialos para o libro.

-debuxamos os inventos, escribindo o seu nome e unha breve explicación mesmos.

 

Ademáis, o profes das aulas que participan no Salón crearon unha "máquina",

unha cámara antiga onde se poderán ver cada un dos nosos traballos, das tres aulas que participamos.

Ademáis de ver o seu funcionamento tamén descubrimos cómo se fixo e de qué materiais estaba formada.

Para presentalo no Salón preparamos un panel coas nosas fotos de inventores, para o cal nos vestimos con roupa para semellar ser doutra época.

Ao noso traballo tamén o acompañan unhas instruccións que os nen@s de 5º elaboraron para explicar os pasos a seguir para saber utilízalo no Salón.

 

 

 

 

 

(2012-2013) Facemos unha tarta para celebrar os cumpreanos de febreiro

Cando comezou o mes de febreiro, anotamos no calendario o día que iamos facer a tarta de cumpreanos dos nenos e nenas das dúas aulas que cumprirían anos nese mes. Cada día fomos comprobando, coa tarxeta do cumpreanos de cada quen, canto faltaba para o seu día  e tamén para a data na que faríamo-la tarta.

Por fin chegou o dìa en que puidemos tachar o día da celebrarción dos cumpreanos.

 

Xa tiñamos nas aulas os ingredientes que pediramos cunha nota ás casas dos catro nenos e nenas, que cumprían anos ese mes: JOAQUÍN, ALBERTO, XIAN e EVA.

Puxémonos mans á obra:

Mentras uns desmenuzaban as galletas OREO...

 

Os outros dous foron mollando as galletas en leite, para ilas colocando no fondo da bandexa.

 

Un pouco de leite axudou a que as galletas OREO desmenuzadas se convertiran nunha pasta, que tivemos que remexer.

 

Despois dunha capa de natillas, e doutra de galletas, chegou o turno de cubrilas coa pasta de galletas OREO.

 

E tras decorala cunhs LACASITOS, a nosa tarta xa estaba lista. Tan só quedaba metela na nevera, e esperar ata o día seguinte, cando celebrariamos a festa de cumpreanos.

 

Ó día seguinte, na celebración dos nosos cumpreanos, soplaron  4 candeas JOAQUÍN, XIAN E ALBERTO, eso si tras cantarlles a canción "cumpreanos feliz".

 

Logo chegou o turno de EVA, que como cumpría 5 anos, tivemos engadir unha candea máis. Tamén foi quen de sopralas todas dunha vez e recibiu a súa merecida canción de cumpreanos dos compañeiros e compañeiras.

 

Con tódolos invitados preparados, os catro homenaxeados comezaron a repartir anacos da tarta que fixeran entre os compañeiros e compañeiras que o pedían. Era importante ir con coidado e non esquecerse do garfo ou culler para poder comela.

 

Cando todos e todas remataron, foron tamén os encargados de recoller os pratos e cubertos de prástico, para metelos nunha bolsa de cor amarelo que logo se levaría o contedor de reciclaxe de prástico.

 

Despois da tarta, chegou o momento de comer unha patacas fritidas e gusanitos, coas que os homenaxeados agasallaron ós seus invitados

 

Rematada a festa anotámolo na nosa axenda, para poder contalo na casa.

 

E aínda nos falta traballar coa receita para poder repetila na casa, algo que xa vos contaremos noutro momento. 

(2012-2013) Os nenos e nenas de 4º visítannos para que lles falemos sobre os minerais.

Xa sabedes que o proxecto de Minerais e rocas está rematado, e exposto o mural no corredoiro así como un panel cunha mostra dalgúns minerais e pedras preciosas.

Como vedes, tamén acompaña ao mural un grande mapa mundi que trouxo David, onde se amosa qué tipo de pedras abundan en cada parte do mundo.

 

E neste mes de febreiro, a profe de 4º, Susana falou coa nosa profe para organizar unha visita á nosa aula dos seus alumn@s pois van comenzar a traballar sobre os minerais e querían que nós lles contáramos o que sabíamos.

Lles contamos todo o que sabíamos a partir dun power point que proxectamos na nosa pantalla dixital, e cando rematamos, os nosos "invitados" se animaron a poñer en práctica o aprendido participando nas actividades LIM sobre os minerais que a profe elaborou.

Se queredes xogar con elas premede aquí.

Nos gustou moito que nos visitaran os compañeiros de 4º, estábamos moi emocionados e orgullosos.

Deberíamos facer moitas máis actividades como estas e ir perdendo pouco a pouco o medo e a vergoña de falar para outros que non forman parte do noso grupo habitual.

 

Ademáis,  un compañeiro de 5º, Dani Camiña, visitounos un par de veces para traernos carbón e tamén cuarzo branco, xa que estivo mirando a nosa exposición e fixouse que faltaban éstes e él podía conseguilos.

Moitas gracias, Dani, polas túas achegas e por estar interesado no noso traballo.

 

 

(2012-2013) Inventamos máquinas para facer o noso traballo para o Salón do Libro

Un día o profe amosounos na clase un xogo no que había que descubrir unha imaxe oculta, finalmente descubrimos que se trataba dunha máquina moi extraña, e estivemos dialogando sobre de que poderia tratarse.

Entre outras xurdiron estas hipóteses, que cada quen tivo que argumentar ós compañeiros e compañeiras:

  • Era unha máquina para facer buratos
  • Era unha tapa dun sumidoiro con alas
  • Era unha máquina que servía para subir
  • Tratábase dunhas escaleiras
  • Era ...

Finalmente descubrimos que se trataba dun helicóptero moi especial, moi distinto ós que coñecemos, e que fora deseñado por Leonardo da Vinci... do que aprendimos algunhas cousas, así como dos seus inventos mirando algúns vídeos, que podes atopar aquí.

INVENTAMOS MÁQUINAS:

Días despois, pola mañá o profe trouxo unha caixa chea de moitas cousas... e tiña algo escrito nun cartel. Para que serviría? 

No lateral da caixa, demos lido entre todos, que poñia "CAIXA DOS INVENTOS", e tamén entre todos fomos descubrindo o que había dentro dela...

O profe contounos que este ano, para participar no salón do libro e poder ir visitar ó  "LOBO ORBIL" había que enviarlle un libro con "máquinas" que inventaramos nos. Tivemos que explicarlle ós novos compañeiros e compañeiras quen era o lobo ORBIL (visitamos as entradas antigas da web das nosas visitas, que podes consultar ó pe desta páxina) e tamén descubrimos como era o cartel deste ano... "A TODA MÁQUINA" é o lema do Salón 2013.

MANS Á OBRA:

O primeiro era facer os nosos inventos, para elo organizámonos por parellas e comezamos a escoller o material que iamos empregar para facer o noso invento.

Así pouco a pouco fomos probando diferentes obxectos para construir as nosas máquinas: plantillas, botes, cepillos de dentes, pinzas, estrelas, flores....

E co material fómoslle dando forma á nosa máquina... entre dous sempre xurden ideas fantásticas.

Pouco a pouco fomos rematando as nosas máquinas, e fomos explicándolle ós compañeiros e compañeiras para que servían.

Ás veces, cando un equipo remataba a súa máquina acudía na axuda doutra parella para darlle ideas e o axudase a rematalo.

Despois de moitas probas e de usar diferentes materiais, tódalas parellas de inventores deron feito as súas máquinas.

Aquí os podes velo todos, de esquerda a dereita estes son os seus nomes:

MÁQUINA DE DAR DE COMER ÁS GALIÑAS

MÁQUINA FAI TODO

SUPERCRAK

AVIÓN DE RESCATE

NAVE ESPACIAL

AVIÓN PARACAIDAS

COCHE VOADOR

Continuamos a crear novas máquinas no xogo LIM "o laboratorio do inventor".

Ti tamén podes xogar no lavoratorio do inventor facendo click nesta imaxe, ou desde o apartado xogos do recanto de infantil.


CREAMOS O NOSO LIBRO DE INVENTOS

Cos inventos xa rematados, cada parella de inventores encargouse de escribir a súa parte do libros dos inventos.

Tras poñerse dacordo cada parella sobre que estratexia empregarían para escribir os dous integrantes de cada parella (por turnos, por partes...), comezaron o traballo:

  • Escribindo un nome para o seu invento.
  • Escribindo como e para que se podía empregar
  • Escribindo os materiais que empregaron na súa elaboración

A diferentes ritmos, segundo cada parella, cada invento conseguiu ter a súa presenza no libro.

Tan só faltaba o título, que decidimos despois de dialogar un anaco que sería: "INVENTOS NUNCA VISTOS". 

Podes ver os nosos inventos no libro "INVENTOS NUNCA VISTOS"

na seguinte ligazón (fai click na portada para ver o libro completo)

 

 

 

 

A MÁQUINA ANTIGA DOS INVENTOS

Este curso, participarán no Salón do Libro connosco, os nosos compañerios e compañeiras de Infantil 1 e os nenos e nenas de quinto. Todos e todas elaboraron os seus inventos por equipos (podedes ver os seus traballos e proceso de elaboración nos respectivos recantos nos vindeiros días)

Pero... Que invento farían os profes para participar no salón?

Unha maña apareceu na aula unha máquina rarísima... Era unha cámra de fotos antiga, e atopamos en internet fotos desas cámaras que xa non se usan.

Funcionaría?... un por un fomos meténdonos dentro e descubrimos que gardaba un secredo. Dentro mirábanse tódolos nosos inventos!!

Como funcionaría esa máquina? de que estaba feita?....Cada quen aportou as súas teorías e explicou como cría que funcionaba a máquina, que tiña dentro e como era posible que se puidesen ver os nosos inventos.

Cal sería a teoría acertada?

Para resolver as nosas dúbidas decidimos investigar, e con moito coidado abrimos a tapa, e descubrimos como era o seu mecanismo interior.

Tiña a nosa lupa pegada diante dun burato (que o profe chamou obxetivo) e dentro tiña unha roda cos nosos inventos moi pequeniños, e se lle dabas voltas xiraba a roda.

Comprobamos que, efectivamente, cunha lupa as imaxes parecía moito máis grandes... igual que sucedía na cámara antiga.

FOTOS DE INVENTORES ANTIGOS

O noso traballo para o salón tamén ía levar fotografías dos inventores das tres aulas participantes, e  como tiña que parecer que foran sacadas con esa cámara antiga , serían en branco en negro, como se fosen vellas,  e vestidos con roupas doutra época. 

O profe amosounos, como co ordenador, e dándolle a un botón co rato, as fotos modernas se convertían en vellas parecían tomadas pola cámara antiga.

Cada parella de inventores foi montando a súa foto dentro uno marco, empregando diferentes estratexias, segundo acoradaran: recortando o marco coa tesoira, picanco e logo quitando o anaco que sobraba, pegando a foto sobre o marco...

Cando fomos a levar o noso libro onde estaba a cámara antiga, no corredor do colexio, descubrimos que alí tamén estaban as fotos antigas "enmarcadas", xunto coas dos compañeiros das outras dúas aulas completando o panel dos inventores...

O traballo xa estaba rematado, e xa tiña os outros dous libros que faltaban, ademáis os compañeiros e compañeiras de quinto escribiran as instruccións para que todos e todas soubesen como empregar a cámara, e os compañeiros/as da outra aula de infantil escribiran xa o título no  panel das fotos antigas.

Pero aínda quedaba a guinda do pastel... poñer un cartel de título para todo o traballo... e eso correspondíanos a nos.

De volta á aula fomos dando ideas de como criamos que debería chamarse o noso traballo... e finalmente acordamos que se titularía "MÁQUINA ANTIGA DOS INVENTOS",  porque dentro podíanse observar os inventos, que logo se podían ver nos libros e porque ademáis facía fotos antigas.

Escribímolo no encerado entre todos e todas..

Para logo poñelo en folios de cores.

Así quedou o cartel rematado, e pendurado detrás do panel das fotos dos inventores.

Esa mesma tarde NOA e NICO coa súa nai, que é a profe Marga, levárono para a exposición do Salón do Libro.

Agardamos que lle guste ó lobo ORBIL!!!

QUERES XOGAR COS NOSOS INVENTOS?:

Podes facelo neste libro de actividades LIM (fai click na imaxe)

Agrora tan só nos queda agardar ata o 5 de marzo, cando participaremos nas actividades do Salón do Libro 2013, ata entón podes atopar máis información sobre as actividades que organiza, e os horarios por se queres visitalo para ver o noso traballo, na seguinte ligazón (fai click sobre o cartel deste ano)




Xa vos contaremos como nos vai nas actividades do Salón e todo o que imos facer ata que chegue o día da visita.

Tamén podes coñecer que é o "salón do libro", en vídeos e imaxes na seguinte ligazón (fai click na imaxe do lobo ORBIL, ou entra nos vídeos do recanto de infantil):




EN CURSOS ANTERIORES...

Tamén podes coñecer a nosa visita e traballos para o Salón do libro, en cursos anteriores, nestas ligazóns:

(2011-2012) Visitamos e participamos nas actividades do Salón do libro 2012

(2011-2012) Participamos no Salón do Libro: facemos o libro dos números da sorte 

(2010-2011) Visitamos o Salón do libro 2011 

(2010-2011) Preparamos o noso traballo para o Salón do Libro 2010 

Para edicións anteriores non dubides en visitar o blog do recanto de infantil 2.

(2012-2013) Celebramos o Entroido

Este curso na nosa escola decidimos disfrazarnos todos de "choqueiros", para o cal nos reunimos todos os nen@s de infantil para informarnos do seu significado e de máis cousas do entroido.

E menos mal que buscamos en internet porque algún de nós pensábamos que o choqueiro é o que choca con outro, ou o que vai pescar chocos,...

Así, descubrimos o entroido tradicional en algún lugares de Galicia e os protagonistas dos mesmos.

Os peliqueiros

 

Os boteiros

 

As pantallas

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ademáis de ver algún videos destas persoaxes tan peculiares, escribimos os seus nomes, debuxamos as súas máscaras,... diferenciando uns de outros, as súas roupas e as súas accións.

Tamén descubrimos que a maioría dos choqueiros levan una máscara e elaboramos cada un a súa.

Elixidas as cores, as pintamos por equipos da mesma cor,

cando secaron as cubrimos de cola paradarlle brilo e resistencia e lles engadimos cellas, dentes e coloretes, aproveitando restos das teas que trouxéramos en Nadal.

 

E así quedaron as nosas máscaras,

Ademáis, tamén estivemos durante toda a semana moi atentos ás ordes do MECO.

A primeira orde de cómo vestirse a decidimos os nen@s de infantil conxuntamente, e así cada día viñamos vestidos dun xeito divertido e diferente.

Luns, CON ROUPA AZUL

 

Martes, CON SOMBREIRO

 

 

 

Mércores, CON ALGO NO PESCOZO

 

Xoves, CUN DISFRAZ, ANTIFAZ, A CARA PINTADA

 

E por fin! o venres, de CHOQUEIROS

 

Cada día saíamos ao corredoiro para averiguar o que o MECO mandaba, e logo o escribíamos para avisar na casa.

 

Ademáis, cada día, anotábamos cómo estábamos vestidos para elaborar o noso dossier e para ter un recordo deste entroido e deixar escrito o que fixemos.

O venres foi cando viñemos de choqueiros e fixemos un equeno desfile dentro do recinto escolar e no pabellón,

e logo de bailar, saltar, correr,...fumos a comer os postres ricos que entre todos trouxemos.

 

(2012-2013) Unha semana descubrindo o Entroido tradicional

Este ano no noso colexio decidimos facer un "entroido tradicional" disfrazándonos o día do desfile de "choqueiros", con roupa vella e estrafalaria.

A primeira aproximación que fixemos foi ó concepto de "choqueiro" é a como era o disfraza que empregariamos o día do desfile. Para elo xuntámonos na aula dos nosos compañeiros de E.I.1 e visionamos varias fotografías no E.D.I.

Cando tivemos claro o que era un CHOQUEIRO, escribimos unha carta pedindo colaboración as familias para que ese día puidesemos vir vestidos deste xeito.

Nas aulas de Infantil, durante toda a semana, tamén estivemos traballando e descubrindo  outros  aspectos curiosos do entroido tradicional galego. 

 

ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO: PELIQUEIROS, BOTEIROS, PANTALLAS E CHOQUEIROS

Cada un dos días da semana, antes do día do desfile, adicámolo a unha persoaxe (e traxe tradicional) do entroido en diferentes lugares de Galicia: BOTEIROS, PANTALLAS, PELIQUEIROS e CHOQUEIROS. Para facelo empregamos uns vídeos, imaxes e información que podedes atopar nos videos do recanto de infantil, ou directamente  aquí.

 

Despois de comentar  e establecer un diálogo sobre cada vídeo (que fan? como se disfrazan? por que actúan dese xeito?...), analizamos polo miudo as máscaras típicas de cada un dos traxes.

 

De cada traxe elaboramos unha "folla informativa" onde escribimos o nome da "persoaxe" a acción que acordamos que facía no diálogo e debuxamos a máscara que empregaba, coas partes que comentaramos anteriormente.

 

Deste xeito elaboramos un dossier con cada un dos traxes típicos dos BOTERIOS, PELIQUEIROS, PANTALLAS e como non CHOQUEIROS, que sería o noso traxe para o desfile.

 

 

O MECO MANDA...

Tamén ó longo de toda a semana do Entroido participamos, xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio, no "MECO MANDA...".

Ós de infantil tocounos facer o primeiro "mandado", e decidimos, todos e todas xuntos que o LUNS todo o mundo debería vir vestido con roupa de cor azul.

Así o escribimos nun cartel·

 

Penduramo-lo no MECO que estaba no corredor disfrazado de choqueiro. Non vos recorda algo a un esquelete que xa fora Cabaleiro, Astrounauta e cen mil cousas máis?.

 

Para non esquecernos, cada día fomos anotando nunha nota para os nosos pais e nais, que era o que o MECO mandaba para o seguinte día.

 

O LUNS viñemos todos de AZUL, tal como acordaramos mandar desde Infantil.

 

Para poder contalo logo na casa, fixemos un rexistro cunha foto do grupo, todos e todas vestidos de azul... primeira proba superada!!

 

Cada un dos días fomos anotando nun rexistro similar se o "mandado" do Meco se cumplira ou non, coa foto de grupo para demostralo.

 

Cada día, antes de saír ó recreo iamos onda o MECO para "ler" o que poñía no seu cartel.

Así soubemos que o MARTES os compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo "mandaron" que o día seguinte viñesemos todos con algo na cabeza.

 

E así o fixemos... todos cun chapeu, gorra ou sombreiro... segunda proba superada!!!, xa podiamos anotalo no noso rexistro.

 

O MÉRCORES, tamén cumplimos o "mandado" do MECO escollido polos compañeiros e compañeiras de terceiro e cuarto curso, de traer algo no pescozo.

Aquí estamos ámbalas dúas aulas de infantil con garabatas, bufandas, panos... Terceira proba superada!!! Novamente anotamolo no noso rexistro individual, cunha foto de grupo.

 

Para o XOVES, que sería o último día do MECO, os compañeiros de quinto e sexto, acordaron que o día seguinte había que vir "cun difraz"... o que cada quen quixera, e así o anotamos na nota para os nosos pais e nais.

 

E aquí estamos, ámbalas dúas aulas cheas de SPIDERMANS, SUPERHEROES, PRINCESAS, ABELLAS, FORMIGAS, MONSTRUOS, VAQUEIROS,  PAIASOS, INDIOS, REIS...  

 

Novamente o anotamos no noso rexistro e saímos ó patio así disfrazados, foi moi divertido xogar no recreo disfrazados de cen mil cousas distintas...

Gustounos tanto vir disfrazados, que o vindeiro ano, buscaremos un día da semana do Entroido para vir difrazados da casa con "cen mil" disfraces, como este ano. 

 

 

FACEMOS AS NOSAS MÁSCARAS DE CHOQUEIROS:

Como xa coñecíamos diferentes traxes do Entroido en diferentes lugares de Galicia, e todos eles tiñan máscara, puxémonos a facer a nosa máscara de "choqueiros".

O primeiro foi pintalas dunha soa cor, cada quen escolleu a súa favorita e organizou o seu equipo para poder pintar "xuntos" a máscara de cada un.

 

Cando estiveron secas tan só quedaba poñerlle uns dentes moi simpáticos, unhas cellas e os "coloretes".

Novamente nos organizamos por equipos, segundo a cor da nosa máscara.

 

E cun pouco de Alkil, demos pegados os diferentes elementos da máscara, cada un no seu lugar, collendo as pezas que estaban organizadas en caixas.Cantas precisabamos de cada unha? onde as tiñamos que colocar?

 

Ademáis como iamos disfrazados, porque o mandara o Meco para ese día, demos feito o traballo con moito coidado sen manchar nada o traxe.

 

Así quedaron as nosas máscaras listas..... que co traxe de choqueiros daban moita risa.

 

 

DESFILE E FESTA DO ENTROIDO.

Cando chegou o venres, e tras unha semana traballando sobre o entroido tradicional, viñemos todos vestidos de CHOQUEIROS para participar na festa e no desfile.

 

Ata as profes Merce e Loli se apuntaron co seu disfraz de choqueiro.

 

Antes do desfile estivemos pintándonos a cara uns ós outros, con maquillaxe do entroido.

 

E ata "decoramos" a cara dos profes que quedaron "guapísimos".

 

Cando estivemos todos/as listos, chegou a hora de facer o desfile ó redor do colexio, como cada ano, xunto ós compañeiros e compañeiras de todo o colexio.

 

Alí estaban as nosas familias para vernos, facernos fotos e rirse con nos :)

 

Despois dalgunhas votas polo patio acabamos dentro do pavillón onde estivemos bailando coa música que había.

 

E como fin de festa, degustamos postres típicos do entroido: orellas, filloas, flores... que fixeran as nosas nais e pais e que trouxeramos ó colexio

 

E, por suposto, xogamos a facer "choqueiradas" polo patio.

(2012-2013) Celebramos o día da PAZ

Hai uns días, con motivo do día da PAZ, levamos a cabo una serie de actividades, sabendo que aínda que temos que levalo á práctica todos os días do ano, ademáis hai una data específica para conmemorala.

 Os profes de Infantil nos reuniron a tod@s para falar deste tema.

Visionamos un video "Los pájaros"  (pulsa enriba para velo) falando posteriormente do seu contido.

E observamos un pequeno cartel que a profe ten na súa aula

no que as persoaxes falan do que poden dar aos demais, sen necesidade de mercalo.

Así que todos reunidos, pensamos en aquelas cousas que podemos ofrecer aos amigos, que non vale cartos e polo tanto teñeñ  moito valor.

E isto foi o que aportamos. Podemos dar:

-BICOS.

-APERTAS.

-UN SORRISO.

-AXUDA.

-UNHA MAN.

-UNHA FLOR.

-UNHA IDEA.

-ESCRIBIR UNHA CARTA OU FACER UN DEBUXO.

-ESCOITAR.

Feitas as propostas, por equipos de 2 ou 3 representábamos cada una delas a través dunha fotografía, dramatizándoa.

e xa nas mesas, pegábamos a fotografía xunto coa palabra ou palabras correspondentes.

ata componer entre todos o mural, decorándoo coas persoaxes que falaban e os bocadillos, así como co ti.

tulo e co símbolo da paz.

Ademáis, pegamos ó lado o noso mural de meniños de todas as cores, que elaboramos para a obra de Nadal, pois está moi moi relacionado co PAZ.

Esta actividade que fixemos en gran grupo e en pequenos equipos, finalmente a plasmamos individualmente nun folio A3 para poder achegar ás nosas familias a mensaxe desta actividade.

Tamén participamos na elaboración conxunta de todo o colexio, dun mural da PAZ, que se atopa na entrada, na nosa cheminea do Nadal.

Coloreamos, recortamos pe pegamos notas musicais nel.

ó redor das frases da PAZ que os nen@s do colexio crearon e aportaron.

Tamén tivemos a sorte de ter un contacontos moi moi especial. Os nenos e nenas de 6º se repartiron por todas as aulas contando contos e facendo algunhas actividades.

Á nosa clase achegouse Noelia

e estivemos tod@s super atentos á historia da boliña de algodón. Logo nos fixo algunhas preguntas para ver todo o que recordábamos, e nos propuxo facer un debuxo do conto para logo expoñelos todos xuntos nun recanto da biblioteca.

Nos encantou que viñeras a clase Noelia, tendes que volver a  visitarnos pronto!

E por último tamén participamos nun pequeno acto na sala de usos múltiples, visionando un par de cortometraxes relacionados coa paz: "Mudar o mundo" e "Los pájaros" e cantando tod@s xunt@s  a canción "Eu non pego", que é unha nova versión da tan coñecida melodía "Eu chi pego".

E así foi o noso día da PAZ. Agora temos que tratar de que cada día teñamos un chisquiño de PAZ.

 

(2012-2013) Celebramos o día da paz: Que podemos dar...?

Para conmemorar o día da paz estivemos traballando sobre o tema durante varios días antes.

Miramos o  VÍDEO "OS PAXAROS" 

Dialogamos sobre o que sucedía nel, pantexando unha serie de preguntas:

Por que non queren estar co paxaro grande?  por que se rin do paxaro? por que lle fan burla? que deberían facer os paxaros pequenos?  por que animan os paxaros pequenos a que picoteen o grande? sucedería o mesmo se deixasen estar con eles ó paxaro grande? Como se sentirían os paxaros?

Debuxamos o que sucedía no  vídeo escribindo o que dicía cada unha das persoaxes do mesmo.

 

Outro día, xunto cos compañeiros e compañeiras da outra aula, estivemos analizando e falando sobre un mural que tiña a profe Ángela na súa aula. Nel unhas persoaxes contaban "que cousas podemos dar"...


Así fomos dando ideas de que "podemos dar..." ós demáis sen que custe cartos:

  • Un bico
  • Unha aperta
  • Unha flor
  • Unha idea
  • Un sorriso
  • Axudar
  • Unha carta
  • Unha man
  • Escoitar

Con cada ídea fomos "dramatizando" o que decidimos escoller: dar un bico, unha flor, unha aperta, axudar... 

 

Organizámonos por parellas ou tríos, segundo apareciamos nas fotografías.

 

Cada parella tiña que, tras poñerse dacordo, recortar a fotografía, pegala nun folio de cor (que previamente dobraran pola metade)

 

E escribir na parte de fora o que sucedía na foto: BICOS, APERTA...

 

A medida que ía rematando cada equipo pendurábao no mural do corredor.

 

Completamos o mural escribindo "DÍA DA PAZ" e "30 DE XANEIRO", que é o día da paz.

 

Na nosa aula coloreamos e escribimos o que dicía unha das persoaxes do mural, e os nosos compañeiros e compañeiras da outra aula encargáronse do outro.

 

Decidimos decorar o mural con "símbolos da paz" que buscamos no ordenador. Tivemos que contar cantos necesitaríamos na nosa aula, e pegar tantos símbolos como nenos e nenas. Unha vez rematados tivemos que "calcular" cantos tiñamos que borrar para que houbese un para cada un dos compañeiros e compañeiras da outra aula.

 

E así quedou o noso mural, case rematado, coas persoaxes, o título e os nosos "agasallos". Tan só faltaba ir pegando no mural os símbolos da paz que estabamos coloreando.

 

Se levantabas un dos nomes... aparecía a nosa foto.

 

Podes ver tódalos agasallos que "queremos dar...", no xogo LIM que atoparás no recanto de infantil no apartado xogos.  Fai click na imaxe para abrir o noso xogo.

 

E así quedou o noso mural rematado, xunto co que fixeramos para o festival de Nadal, na nosa obra "meniños de tódalas cores".

 

Tamén fixemos un mural "en pequeno" para ensinar na casa todo o que "podemos dar...". Fomos pegando as fotos e iamos o mural a ver que "tiñamos que escribir" en cada unha delas.

 

Cun laciño estaba listo para levar para casa.

 

Colaboramos tamén no mural sobre o paz feito por todo o colexio, pegando as nosas notas musicais.

 

CHEGOU O DÍA DA PAZ:

O día 30 de xaneiro, tal como poñía no calendario, iamos celebrar o día da paz no colexio.

Xa pola mañá viñeron unhas nenas de sexto a contarnos un conto titulado "orellas de bolboreta".

 

Logo fomos tódolos nenos e nenas do colexio á sala de usos múltiples.

 

Alí miramos un pequeno vídeo sobre a paz, e tamén o vídeo dos paxaros que tanto nos gustara!!!

 

Como remate de festa cantamos e bailamos a canción "eu non pego". 

 

Despois da celebración, tan só nos quedaba anotar na nosa axenda-diario, o que sucedera ese día.

 

Escollemos pegar unha foto do mural da paz e escribir "día da paz", así o poderiamos comentar na casa coas nosas familias.

 

 

 

(2012-2013) Así quedou o noso dossier sobre os dinosaurios: Queres miralo?

Podes ver os pasos anteriores deste proxecto de investigación, nas seguintes ligazóns:

Como xa nos contamos nuna publicación anterior, cando rematamos a nosa investigación montamos un "museo" no corredor do pasillo. Pero aínda nos faltaba por levar para as nosas casas o dossier persoal.

 

Tamén estivemos xogando cunhas actividades LIM que creou o profe con todo o que fomos descubrindo, podes atopalas no recanto de infantil, no apartado xogos, ou directamente desde aquí.

 

Ó longo da investigación xa foramos completando o noso dossier con cada descubrimento, como por exemplo con "cando apareceron e desapareceron os dinosaurios.

 

Ou como se chamaban os diferentes tipos de dinosaurios, para o que fomos buscándoos na pantalla e pegando (ou escribindo) o seu nome debaixo de cada un deles.

 

E tamén incluimos que fontes de información empregamos e en que equipos de investigación participamos.

 

Completamos o dossier, coas páxinas que quedaron sen completar a cada quen, porque ese día non viñera ó colexio, menos mal que podiamos consultar no mural aqueles aspectos que non lembrábamos.

 

Por último buscamos as letras da palabra DINOSAURIO nos nosos coñecementos previos.

 

Tan só nos quedaba escoller un dinosaurio para poñer na portada do noso dossier.

 

Podes ver un exemplo de como quedou o noso dossier aquí


 

 

(2012-2013) Como transcurriu o mes de xaneiro

Este mes que xa remata, transcurriu a grande velocidade e con moitas propostas, algunhas continuación do comezado, outras novas.

-Demos rematado o noso proxecto sobre rocas e minerais, visionando algúns videos máis, recordando o aprendido, tentando expoñerllo aos demais, ensaiando para contarllo aos compañeiros de infantil 2 e preparando o mural para colocalo no corredoiro como canle informativa.

    

         

Tamén colocamos algunhas imáxenes que recopilamos sobre minerais e pedras preciosas, que máis adiante pasarán a formar parte do noso arquivo de bits da aula.

Ademáis, aproveitando que falamos da arcilla, pois está formada de minerais, traballamos unha sesión con ela, manipulándoa, cortando, amasando, estirando, sentindo a súa textura, temperatura, e creando libremente con ela.

 

 

-Xa inmersos no inverno, ademáis de visionar algúns contos na pantalla relacionados coa temática e por en práctica as actividades lim

tamén traballamos a partir dunha fotografía moi moi invernal.

(pendiente de foto)

observándoa, describíndoa, falando do que nos facía sentir (frío, calor, medo, risa..). Aquí vos deixo un anaquiño dos diálogos:

-Está bonito cuando no está con ramas y hojas.

-Si está la nieve esquiamos y después nos divertimos. Se puede esquiar aquí.

-Nooo (todos).

-En las montañas sí.

-Me da frío si estuviera ahí porque está nevado.

-É bonito porque ten neve e a neve destaca moito co marrón.

-Gústanme os troncos dos árbores coa neve.

-Ahí non se pode andar moito porque se pode un caer e resbalar.

-A min faime frío porque non hai sol. Gústame andar na neve e poder facer muñecos de neve.

-Me gusta, porque la nieve es muy bonita.

-Cando hai neve imos a esquiar a unha veiga que temos cerca da casa.

Falamos de en qué lugar podería estar, de quén podería vivir alí e tentamos poñerlle títulos.

Ademáis, creamos unha historia en gran grupo, despois de elixir ao personaxe principal, partindo da pregunta ¿quén pode vivir ahí?

A transcribimos e ilustramos por parellas,

tentando ver o que podíamos aportar cada un nesta actividade.

Vos amosaremos noutra entrada cómo quedou este pequeno conto.

Tamén fixemos unha actividade plástica que consistía en transformar a fotografía, con témpera e pincel, nun cadro do inverno, pintando por riba dela pero cambiando o que quixéramos.

e decorando posteriormente os marco do noso cadro.

Nuns días vos amosaremos noutra entrada os nosos cadros.

-Ademáis andivemos a facer algunhas actividades e propostas relacionadas coa PAZ.

-Celebramos os cumpreanos correspondentes a este mes: NICOLÁS, RUBÉN (6 anos) e NOA e YÉSICA (4 anos).

que fixeron esta vez a tarta de galletas e natillas de chocolate e vainilla, ademáis de froita para decorala.

despois da rica tarta tamén desfrutamos dunhas patatiñas e gusaniños.

 

Comezamos un novo proxecto de investigación:máquinas e inventos,  partindo dunha actividade na pantalla dixital, onde tiñamos que descubrir un invento que resultou ser obra de LEONARDO DA VINCI.

Éste será un proxecto feito en común cos compañeiros de Infantil 2 e ten relación co Salón do Libro de Pontevedra deste ano: a toda máquina.

E por último tamén comezamos a realizar un traballiño sobre as nosas familias, expoñendo algunhas fotos delas nun gran mural de aula, onde escribiremos os nomes de todos eles.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.