5º e 6º xuntos
2022-2023 APRENDEMOS A RECICLAR
Saber reciclar todos os resíduos, respectar o medio ambiente e coñecer que podemos facer para preservar a nosa natureza foi o cometido da charla que o alumnado de 3º,4º,5º e 6º tiveron esta semana no centro.
Debemos educar á seguinte xeración para que non cometa os mesmos erros e educala para construir un mundo mellor e máis sostible...
Aprender a reciclar pode resultar fácil e divertido... se o facemos como un xogo.
Debemos ensinarlles a xerar menos basura...
A separar resíduos e reutilizar...
E aínda que xa temos un composteiro no cole, construimos un, vacío eso sí...
A ver se aportando un pouquiño cada un, conseguimos que o noso planeta sexa verde de verdade!!!!!
(2022-2023) Arrancamos!
Os maiores do cole xa estamos de volta!
Pouco a pouco fomos collendo a rutina e o ritmo de traballo e podemos dicir que estamos a tope.
Este ano imos facer máis actividades por grupos, polo que comezamos facendo varios retos para aprender a traballar de forma cooperativa.
En ciencias comezamos o curso aprendendo sobre os seres vivos. O que máis nos gustou foi usar o miscroscopio e poder ver o que trouxemos. Incluso vimos un montón de protozoos en acción!
Mención especial a unhas altruístas libélulas, que despois de morrer cedéronlle o seu corpo á ciencia. En agradecemento, fixémoslle un sentido enterro.
Agora mesmo estamos inmersos en varios experimentos sobre plantas.
En lingua realizamos unha entrevista a unha ex alumna do centro: Sofía Gulias Becerra. Encantounos falar con ela, quedamos abraiados cos seus logros e afán de superación. Podedes escoitar o programa aquí.
Tamén celebramos o Samaín, e logo de decorar o colexio e a nosa aula, participamos nos obradoiros que nos organizaron os profes.
Animámosvos a ver a galería de fotos do cole, onde podedes ver moitas máis mostras do noso día a día.
Ata a próxima!
(2021-2022) Hai cousas de mulleres e cousas de homes?
Pensades que hai cousas de mulleres e cousas de homes?
Esta semana, nun debate sobre identidade e roles de xénero, demos con esta pregunta.
Tomando como exemplo a roupa, vemos que antigamente o pantalón se asociaba aos homes e unha muller non podía vestilo. Imaxinádesvos o escándalo que provocaron as primeiras mulleres que decidiron vestir pantalón nos anos 30?
Afortunadamente, a día de hoxe isto témolo superado. E hoxe as mulleres somos quen de vestir pantalón se nos apetece. Temos a LIBERDADE de elixir.
Pero, somos libres realmente? Somos libres de ser nós mesmos? Podemos expresarnos libremente sexamos como sexamos? E se somos diferentes? É mais difícil ser un mesmo cando es diferente ao resto?
Aproveitando que o noso proxecto este ano é "Ser diferente é un efecto secundario de ser incrible" decidimos facer un experimento sociolóxico: uns valentes nenos de 5º e 6º decidiron vir vestidos con saia ao colexio e observar as reaccións que provocaban.
Houbo reaccións positivas e negativas. E deunos pena comprobar como eran xulgados. Comprobamos que as persoas, a día de hoxe, non somos libres de expresar quen somos cando somos diferentes. E concordamos en que aínda hai moito por facer en materia de coeducación.
Pero quedamos satisfeitos de remover conciencias, xerar reflexións, e (esperamos) novas apendizaxes.
Ogallá que con xestos coma estes contribuamos a ser cada vez máis tolerantes, respectuosos, empáticos e amables coa diversidade.
Grazas Lucas Fentanes, Lucas Gómez e David Valiño pola vosa iniciativa!
(2021-2022) Carballos
Na aula dos maiores este trimestre plantamos landras. O interesante é que cada un o fixo do xeito que estimaba mellor, anotando o que facía para despois comparar resultados. Algúns saíron xa e outros aínda están en proceso.
Chegamos a varias conclusións:
- A calidade da landra elixida é importante
- Hai que regalo a miúdo, pero pouca cantidade
- Botarlle abono é unha boa idea
Campo Lameiro xa conta cuns cantos carballos máis!
(2021-2022) Árbores de Campo Lameiro
Neste último mes os rapaces e rapazas de 5º e 6º estivemos aprendendo a identificar árbores a partir da observación das súas follas.
Tras moito traballo elaboramos un álbum no que recollemos follas de diferentes árbores que atopamos en Campo Lameiro.
Deixámosvos o vídeo no que vos mostramos o resultado.
Felices festas!