Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

primeiro, segundo, primeiro e segundo, 1º e 2º xuntos

ORDE ALFABÉTICO

Aínda que xa se vos dá moi ben facelo, déixovos aquí un enlace para practicar a orde alfabética, de letras e de palabras.

 

Ordenar alfabeticamente

Xogos

Premendo neste enlace accederedes a varios xogos que vos servirán para repasar algunhas cousas traballadas neste curso. Espero que vos divirtades.

xogos

XOGOS DE LÓXICA

Aquí tedes un xogo que vos fará pensar...

xogos de lóxica

PALABRAS FALSAS

Onte lemos na clase pseudopalabras ou palabras falsas.

Ademais de rirnos coas palabras que nos tocou ler, melloramos un pouco máis a nosa lectura.

Aquí tedes máis pseudopalabras para seguir mellorando:

PSEUDOPALABRAS

BINGO MATEMÁTICO

No seguinte enlace tedes un bingo matemático. Podedes repasar as táboas de multiplicar premendo no signo de multiplicar e logo no nivel 1. Tedes que facer bingo no menor tempo posible.

Bingo matemático

WEBQUEST AS ABELLAS

En marzo iremos a Apípolis, a cidade das abellas, e veredes as abellas, o mel que producen, a súa cera, onde e como viven...ata poderedes ser apicultores por un rato.

Para preparar esa visita, imos aprender algunhas cousas sobre as abellas, nesta ocasión, utilizando internet, a través desta webquest.

 

Webquest "As abellas"

Xogos para aprender e repasar as táboas de multiplicar

Aquí tedes uns xogos que vos axudarán a aprender as táboas ou, se credes que xa as sabedes, comprobar que é así:

 
xogos de multiplicar 

Nova biblioteca de aula

Así quedou a nosa nova biblioteca de aula. Grazas á avoa de Eva, que fixo unha funda para a colchoneta, á nai de David que doou algunhas almofadas, á nai de Diego H. que doou tamén almofadas, a todas as familias que prestaron libros e a todos os que vos ofrecestes para axudar.

La peluca de Luca (coeducación)

Hoxe é 25 de novembro, día contra a violencia de xénero. Oxalá cando sexades maiores non faga falla que exista un día adicado a este tema. 

Aqui tedes un vídeo de pouco máis de 2 minutos e medio para pensar, nenos e grandes. 

https://vimeo.com/55523227

XOGO DE RESTAS

Déixovos un enlace para xogar e practicar as restas.

 

http://www.arcademics.com/games/island-chase/island-chase.html

Distribuir contido