Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

Nas primeiras semanas de xaneiro, á volta do Nadal, continuamos a coidar as nosas leitugas no invernadoiro. 

 

Podes atopar máis información na seguinte ligazón:

14/12/20: [Infantil xuntos] (2020-2021) ECO-BIO-SAN: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

   

Pero ademais, ó igual que os restantes compañeiros e compañeiras do colexio que participan nesta proposta de Biblioteca Escolar: "ECO-BIO-SAN 2.0"; tamén investigamos sobre as leitugas para descubrir datos moi interesantes.

 

   

Cos datos máis relevantes que descubrimos, e fomos anotando nunha lista, creamos as diferentes páxinas do noso libro.

    

Así quedou o libro de infantil unha vez rematado.

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo completo.

   

Varios días á semana imos a regar as nosas leitugas ó invernadoiro, e anotamos no "caderno de campo" como van cambiando a medida que pasa o tempo.

 

 

Ademáis tamán continuamos a usar o composteiro, para conseguir o "compost" que empregaremos en vindeiras plantacións.

 

  

Podes ver o noso caderno de campo de seguido.  

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo.



(2020-2020) Chegou o Nadal, así o traballamos e participamos no festival online

Por fin chegou o mes de decembro, que todos e todas estabamos agardando, posto que no noso calendario online aparecía marcado que era o mes de NADAL.

De seguido poderás coñecer todo o que fixemos durante este mes, nas aulas de infantil, para celebralo.  

  

VAIA SORPRESA!! TODO O COLEXIO APARECE DECORADO. ATA AS PORTAS:

Nuns dos primeiros días do mes, cando chegamos pola mañá, todo o colexio estaba decorado, ata as portas das clases eran agora "navideñas". En Infantil atopámonos cunha cheminea e un Santa Claus "enorme".

 

Tamén puxemos o noso gran de area para mellorar a decoración da porta de EI2, montando e creando as nosas botas.

 

 

Visitamos os corredores do colexio para ver a decoración que había en tódalas portas: Reis Magos, renos, pingüíns... non faltaba de nada.

 

Podes ver como quedou o colexio decorado polo Nadal, con tódalas súas portas, no seguinte álbum da galería fotográfica:

(2020-2021) [galería fotográfica] Decoración de Nadal 

  

   

CONVERTÍMONOS EN SANTA CLAUS:

Na porta "cheminea", aparecían fotos dos nosos equipos convertidos en Santa Claus. Empregaríamo-las para facer varias cousas, que vos contamos de seguido, pero aquí podes velas todas

Lembra que podes facer click en cada unha para amplialas.

 

   

CREAMOS E DECORAMOS A NOSA ÁRBORE DE NADAL:

Como cada curso, creamos e decoramos a nosa árbore de Nadal. Nesta ocasión, empregamos unha estructura de paus de madeira, para crear esta "orixinal árbore"

 

Pintamos a estrela que coroaría a árbore...

 

... e cada un foi creando o seu adorno, con masa branca.

  

  

Cunha man de pintura e algo de pururina, quedaron listos para penduralos na árbore.

 

  

Así de fantástica quedou unha vez rematada.

  

  

DECORAMOS O CORREDOR DE INFANTIL:

Ademais da árbore, tamén decoramos o noso corredor cuns adornos xigantes que escolleron e crearon cada un dos equipos.

Tiveron que falar para chegar a acordos e buscar estratexias de colaboración, para poder facelo entre todos e todas (como por exemplo para poder pintalo polos dous lados sen marchar a mesa)


Dentro dos adornos pegamos a nosa foto de "Santa Claus" da que xa vos falamos antes.

  

Cuns calcetíns, papel e moita "maña", craamos uns bonecos de neve moi simpáticos. Tan só había que ir seguindo os pasos que atopamos en internet e que nos ían dicindo os profes. 

 

  

Por suposto tamén escribimos o noso cartel de BO NADAL, para dar a benvida ó noso corredor navideño.

  

Novamente traballamos por equipos, para acodar como decorar a letra que lle correspondeu a cada un.

 

Así quedou ó noso corredor decorado, co cartel, os adornos xigantes e os bonecos e neve pendurados do teito. 

  

 

METÉMONOS DENTRO DUNHAS BOLAS DE NEVE:

Usando as fotografías nas que aparecíamos como Santa Claus, creamos unas bolas "con neve dentro", para decorar a árbore de Nadal nas nosas casas. 

 

Unha vez rematadas levámolas para as nosas casas para poder poñelas na árbore de Nadal. 

 

 

ENVIAMOS  ÁS NOSAS CASAS UNHA POSTAL CUN "RENO" :

Creamos unha postal de "reno" para enviar ás nosas casas. A cara do reno fixémola pintando os nosos pes e estampádoos nun papel. Estaba un pouco frío e facía cóxegas, pero foi moi divertido.

 

Esa pegada dos noso pe foise convertido na cabeza dun reno, para o que tivemos que ir poéndolle as diferentes partes que a formaban: os ollos, os cornos... 

Cun pompóm como nariz estaba rematada e lista para escribir nela a nosa mensaxe de felicitación.

 

Metímola nun sobre, puxémoslle os enderezos das nosas casas e, cun selo, xa estaban listas para seren enviadas.

 

Coa posal xa preparada, marchamos ata o buzón, que hai preto do colexio, para envialas por correo.

 

 

Como chovía cando chegamos, mandamos a profe CRIS "nunha arriscada misión", para metelas todas no buzón. Mentras nos, co profe ÓSCAR, dábamoslle anímos a cuberto ;)

 

   

   

ESCRIBIMOS A NOSA CARTA A SANTA CLAUS, OS REIS MAGOS OU Ó APALPADOR:

Tamén escribimos a nosa carta para Santa Claus, os Reis Magos ou o Apalpador. Non podíamos esquecernos de escribir o noso nome nela.

 

 

Metímolas todas dentro do buzón que había no colexio.

 

 

PREPARAMOS A NOSA PARTICPACIÓN NO FESTIVAL DE NDAL ONLINE:

Este curso, por mor da COVID-19, non habería Festival de Nadal coas familias como público, pero iso non impediu que participásemos no FESTIVAL DE NADAL ONLINE.

Nesta ocasión cada curso prepararía unha actuación, que gravaríamos en vídeo, e sería publicada na web do colexio o día 22 de decembro ás 12:20 horas. Nese mesmo día e hora tamén o veríamos en tódalas aulas, á vez que as nosas familas nas casas.

Nós participaríamos coa obra de teatro "A tartaruga que quería durmir na noite de Nadal", que contaría coa participación estelar do famoso grupo "Os renos rockeiros".

Tivemos que preparar parte do decorado e atrezzo, buscar os difraces, repartinos os papeis... antes de poder gravala.

  

Unha vez reamatada a gravación miramos como quedou, para dar a nosa valoración crítica, antes de que fose incluído no festival de Nadal do colexio, xunto coas demais actuacións.

 

O día 22 de decembro, na hora sinalada, á vez que o resto do colexio (e do mundo na web do colexio), puidemos ver tódalas actuacións. Ademais de na nosa obra de teatro, tamén nos encargamos de presentar o festival.

 

 

E claro, non puidemos evitar bailar cos "Renos rockeiros".

 

Podes ver o festival completo de seguido, lembra que a nosa actuación é a primeira, e que ó final tedes unha mensaxe dos profes.

(2020-2021) Xa podes ver o Festival de Nadal 2020 - ONLINE.

   

 

Que teñades un BO NADAL e un mellor ANO 2021. Vémonos en Xaneiro con moitas máis cousas.

(2020-2021) Así celebramos os aniversarios do mes de decembro

Como xa vos contamos na entrada correspondente ós aniversarios do mes de novembro, este curso temos que celebralos dun xeito diferente, por mor da COVID-19.

Nesta ocasión só ENZO estaba de aniversario este mes, no que cumpría 4 anos.

Como sempre, preparamos a súa camiseta de agasallo, feita polos compañeiros e compañeiras da súa aula, e seguindo as súas indicacións.

  

Tamén escribimos o noso nome parta de atrás, para que sempre puidese lembrar o seu cuarto aniversario. Por suposto tamén creou a súa coroa de homenaxeado.

 

  

O día da celebración, pese a non poder celebrar unha festa nin cociñar a tarta, como facíamos sempre, si puidemos cantarlle a canción correspondente...

 

... e soprar as candeas, nunha tarta "de mentira".

Agardamos que moi pronto, poidamos voltar a celebrar os aniversarios como nos gusta, cunha grande festa e cociñando a nosa propia tarta.

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

Dentro do proxecto de centro "Eco-Bio-San 2.0" desde curso,  todos os compañeiros e compañeiras do colexio, imos plantar e coidar diferentes plantas no noso invernadoiro.

No caso dos de infantil, teremos que plantar e coidar, ó longo das vindeiras semanas, tres tipos diferentes de leitugas.

 

O primeiro foi visitar o invernadoiro para ver onde teríamos que plantalas, como se chamaba cada elemento, etc.

 

Con isto claro, observamos e falamos sobre os tres tipos de leitugas que teríamos que plantar, que eran aínda moi pequeniñas.

 

Para saber como plantalas e, por suposto, para saber como coidalas despois, investigamos e descubrimos, a través de diferentes vídeos, todo o que precisábamos saber. Podes atopar estes vídeos no recanto de infantil, no apartado vídeos.

 

Preparamos o cartel da nosa planta, escribindo o nome "LEITUGA", a data e curso se encargaba de facelo. Colgaríamos este cartel enriba do noso bancal, no invernadorio.

  

Recollimos algo de compost do noso "composteiro" para que servira de abono, e ata atopamos algún verme facendo o seu traballo (que por suposto metimos de novo no composteiro)

 

Con todo preparado, marchamos cara o invernadoiro para poñernos "mans á obra".

  

Unha vez alí fomos plantando cada tipo de leituga, entre todos e todas, seguindo os consellos que miráramos no vídeo.

 

Ata que quedaron todas listas. Regámolas por primeira vez e tan só queda agardar a que vaian medrando.

  

Como podedes ver os compañeiros e compañeiras dos outros cursos, xa foron plantando tamén o que lles correspondía.

  

Ó longo da semana temos un horario, con difrentes días, nos que iremos a regalas, entre as dúas aulas de infantil. 

 

Xa vos iremos contando en vindeiras semanas como van medrando as nosas leitugas no invernadorio, e como ímos completando o "caderno de campo", para facer un seguimento do crecemento.

(2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de novembro... pero dun modo diferente

Como xa sabedes os que levades varios cursos seguindo este blogue, para celebrar os aniversarios cociñabamos sempre unha tarta e celebrábamos unha festa. Aquí podes ver como o facíamos:

01/02/20: [Infantil xuntos] (2019-2020) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro 

Este curso, por mor das normas de hixiene derivadas da COVID-19, e mentras non voltemos á normalidade, non é posible facer "a festa coma sempre". 

Pero isto non ía impedir que celebrasemos os aniversarios dos nosos compañeiros e compañeiras, eso si, dun xeito diferente.

Creamos a camiseta de agasallo para os homenaxeados, os nenos e nenas que cumplían anos no mes de novembro.

 

 

Cada un dos "cumpleañeiros e cumpleañeiras" decorou a súa coroa de aniversario.

 

 

E chegado o día da celebración, o último venres do mes, todos sopraron as candeas, nunha tarta "un pouco especial". Eso si respectando as normas de hixiene e mantendo a distancia cos compañeiros e compañeiras.

O vindeiro mes celebraremos novamente aniversarios, agardemos que moi pronto poidamos voltar a celebrarlos debe ser ;).

(2020-2021) Creamos unhas cabazas terroríficas, participamos nos obradoiros do Samaín... e ata bailamos nun vídeo. Queres velo?

Coa chegada do Samaín, este curso o centro tivo que "reorganizar" o xeito en soíamos celebralo, como consecuencia da COVID-19.

Este ano non habería concurso de cabazas traidas da casa, non habería obradoiro de cociña, maquillaxe...

Pese a todo isto, non iamos permitir que o coronavirus impedise que celebrásemos unha das nosas festas favoritas.

 

CREAMOS UHAS CABAZAS CON "PAPEL MACHÉ":

Usando un globo, e coa técnica do "papel maché", creamos unhas cabazas para poder decoralas o día da celebración do Samaín.

Pasámolo xenial creando as nosas cabazas, respectando eso si, as normas de seguridade e hixiene.

 

 

O día 30 de outubro chegou o día que tiñamos sinalado no noso calendario online. Por fin tería lugar o día da celebración do Samaín no centro. 

Viñemos todo disfrazados con traxes terroríficos, e ata o dinosaurio da entrada decidiu disfrazarse de vampiro.

 

 

PARTICIPAMOS NOS OBRADOIROS DO SAMAÍN:

Ó igual que tódolos compañeiros e compañeiras do centro, participamos nos diferentes obradoiros organizados para celebrar o Samaín.

Decoramos as nosas cabazas, que fixeramos durante toda a semana, tal como vos comentamos anteriormente.

Asistimos a unha sesión de conta-contos, a cargo das profes Nerea e Zaiara, no patio do colexio.

Eleximos diferentes fondos para fotografíarnos no noso "fotomatón".

 

Podes ver tódalas fotos que fixemos facendo click, nas seguintes imaxes:


  

Visionamos diferentes curtametraxes "de medo".

 

 

Fixemos o noso "baile" dos esqueletos, para o gran vídeo do colexio.

De seguido podes ver como quedou a nosa parte do video (ata o profe Paulo se atreveu a bailar con nós):

EXPOSICIÓN NA ENTRADA DO CENTRO:

As nosas cabazas, xunto coas creadas polos compañeiros e compañeiras de primaria, estiveron expostas fora do recinto, para que as nosas familias puidesen velas; posto que este curso non poden entrar no centro, como consecuencia da COVID-19.

(2019-2020) Os aventureiros de Campo Lameiro: A serie. Xa podes ver tódolos capítulos

Remata este curso tan diferente, durante unha parte do mesmo puidestedes ver todo o que fixemos neste recanto de infantil. Desde marzo todo cambiou e "mudámonos" á aula virtual da web (acceso libre como convidados), onde se foi publicando todo o que se estaba a facer desde as casas, ante as propostas que realizabamos desde o centro.

A modo de resumo creamos serie "Os aventureiros de Campo Lameiro", onde podedes ver todo que pasou ó longo deste curso, e que fomos presentando cada día ó longo desta semana.

Agardamos que vos guste.

Grazas a todos e a todas, tanto ós "nosos pequenos aventureiros e aventureiras" así como ás familias, polo seu traballo e implicación durante todo este tempo.

Bo verán para todos!! 

Vémonos en setembro.

(2019-2020) Continuamos a cociñar para descubrir máis sabores do mundo

Como xa vos comentamos en entradas anteriores, estamos a descubrir diferentes "sabores do mundo", cociñando platos con diferentes ingredientes:

11/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos o noso primeiro plato do curso: arroz 3 delicias

30/10/19: [Infantil xuntos] (2019-2020) Seguimos a descubrir os “sabores do mundo”: zumes e chulas de cabaza 

29/11/19: (2019-2020) Sabores do mundo: cociñamos e probamos novos pratos en novembro

01/02/20: (2019-2020) Sabores do mundo. En xaneiro cociñamos “fajitas", doce de leite e galletas da sorte

Nas últimas semanas deste mes  "descubrimos novos sabores", cociñando os diferentes platos que che contamos de seguido.

Con cada unha das letras do noso "dicionario xigante" imos buscando un plato para cociñar de todo o mundo.

 

 

"JUDÍAS" CON XAMÓN E OVO:

O primeiro, como sempre, e lavar e preparar os diferentes ingredientes da receita. Calculamos cantidades, contamos e pesamos seguindo as indicacións.

Traballando todos e todas xuntos, oranizado por equipos, acabamos axiña. 

Despois de cociñalas, así de deliciosas quedaron.

 

  

 

LAMINTONGS DE AUSTRALIA: 


Descubrimos un postre delicioso típico de Australia: os Lamintongs. Seguindo un vídeo puidemos ir anotando os ingredientes e as cantidades que precisamos para facelo.

Fomos seguindo os pasos da receita, organizados en dous equipos, medindo, pesando e usando as cantidades exactas de cada ingrediente indicado na receita.

 

Cando xa estiveron cociñados, cada quen decidiu se quería decoralo ou non con coco, como na receita orixinal.

 

Estaban boísimos!!!

 

 

MACEDONIA DE FROITAS:

Unha das semanas decidimos cociñar macedonia de froitas. Despois de ver e comentar o vídeo da receita descubrimos que era moi doado, tan só había que cortar en anaquiños toda a froita que quixeramos e mesturala con zume.

Despois de acordar entre todos e todas que froias levaría, repartímonos o traballo para preparar as froitas.

 

 

Por suposto tamén preparamos o zume, exprimindo laranxas.

 

 

Cada unha das parellas foi mesturando a súa froita coa dos demais.

 

Xa estaba lista para probala.

 

 

 

NATILLAS DE CHOCOLATE:

O último plato que cociñamos, antes da suspensión das clases :(, foron as Natillas de chocolate.

Mirando e escoitando o vídeo anotamos con moito coidado as cantidades exactas de cada un dos ingredientes que ían aparecendo.

 

 

Fomos seguindo os pasos para facer as natillas e o chocolate, pesando as cantidades, medindo volumes, contando...

 

Despois dun anaco enfriando... así de fantásticas quedaron, con cadansúa galleta. 

 

Por suposto, encantáronnos a todos e todas.

Despois de cociñar cada prato anotámolo no noso "recetario do mundo", onde localizamos o país de orixe e escribimos o nome do prato e do lugar do que procede.

(2019-2020) Creamos unha boca “orelluda” para participar no Salón do libro. Xa llo levamos ó LOBO ORBIL

Este curso participaremos no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, primeiro e segundo.

O tema nesta ocasión e "O HUMOR" e como sempre, para poder participar nas actividades, e reencontranos co LOBO ORBIL, temos que crear un traballo literario sobre o tema entre todos e todas.

O primeiro que fixemos foi lembrar como fora a nosa participación e visita, ó salón do libro do curso pasado, sobre todo para presentarlle a ORBIL ós novos compañeiros e compañeiras.

 

Os profes contáronnos que os de primeiro e segundo estaban creando unha boca xigante, da que saían chistes na súa lingua. Nos seríamos os encargados de facerlle cadansúa orella-libro.

Cada unha das aulas inventou, despois de varios borradores para correxir a historia, un conto de humor, no que as "orellas" fosen as protagonistas.

Repartíndonos o traballo e traballando xuntos, demos creado os nosos fantásticos libros-orella.

Co libro xa rematado, só faltaba darlle a última revisión "de calidade".

 

Por se non podes agardar para velos no "Salón do libro", aquí os podes ler facendo click sobre cada imaxe.

Os compañeiros e compañeiras de EI1 crearon:

 

Pola súa banda, os de EI2 son os autores de: 

Cos libros rematados chegou o momento de que tamén participasemos na creación da "boca xigante orelluda", pintando de negro a caixa onde se atopaba a boca, e a lingua cos chites dos compañeiros e compañeiras de primeiro e segundo.

 

Puxémoslle os nosos "libros-orella" unha vez estivo seco, e quedou listo para levarllo ó LOBO ORBIL.

Así de fantástico quedou unha vez rematado. Deixámolo uns días no colexio antes de levalo a Pontevedra, para que todos os compañeiros e compañeiras do colexio puidesen velo.

Agora tan só nos queda agardar a que chegue o día da visita ó Salón, onde poderemos ver o noso traballo exposto, xunto ós dos demais colexios participantes, e asistir a unha fantástica sesión do contacontos.

Como sempre poderedes velo nunha entrada neste blogue.

Podes atopar toda a información sobre o "Salón do libro 2020", así como horario de visitas de balde en https://www.salondolibro.gal/

(2019-2020) Celebrámo-los aniversarios do mes de febreiro

No mes de febreiro BRAIS e XOAN estaban de aniversario polo que, para preparar a súa festa o primeiro que fixeron foi escoller unha tarta no noso libro de receitas.

Despois de traer os ingredientes precisos, fomos seguindo as instrucións da receita para convertilos nunha tarta fantástica.

Tan só tiña que quedar unha noite no frigorífico para que estivera lista para probala. 

Preparamos tamén cadansúa camiseta de agasallo, cos nosos nomes e as nosas mans.

 

E, por suposto, tamén preparamos as nosas coroas de homenaxeados.

Cando chegou o día da celebración, uns últimos retoques e...

... tan só quedaba soprar as candeas.

Rematamos a festa comendo convidando ós compañeiros e compañeiras a comer a tarta, gusanitos, patacas fritidas e zume.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 5 invitados conectados.