Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

Infantil xuntos

(2020-2021) Percorremos un roteiro polo Día da natureza

Para celebrar o Día da Natureza, todo o centro participou en diferentes roteiros pola contorna.

Anotamos a data no calendario online para non esquecernos, e poder así contar candos días faltaba para o día sinalado.

   

No caso de Infantil, 1º e 2º participaríamos percorrendo unha ruta que descubrimos antes, para coñecer por onde pasaríamos, nun mapa online interactivo.

              

Completamos o noso mapa, indicando os lugares por onde pasaríamos, tal como descubríramos anteriormente. 

   

Pegamos imaxes dos lugares relevantes polos que pasaríamos, poñéndoas na orde correcta (sinalados por números). Tamén escribimos o nome dos lugares que percorría o roteiro.

    

Cando chegou o gran día preparámonos para facer o percorrido. Por suposto levamos o mapa para saber por onde íamos pasar.

    

Pouco a pouco fomos identificando os diferentes lugares que xa tiñamos sinalados.

    

Ata que nos metimos dentro do monte, para comezar un fantástico percorrido pola natureza.

    

Cando chegamos ó lugar sinalado, fixemos un descanso para tomar as nosas merendas "saudables".

   

Retomamos a ruta, de volta para o colexio. 

      

Como durante todo o percorrido, por por das restricións pola COVID-19, tivemos que ir separados dos compañeiros e compañeiras de 1º e 2º.

     

Antes de chegar ó colexio atopámonos, tal como tiñamos sinalado no mapa, cos compañeiros e compañeiras da Galiña Azul, que estaban alí agardando para saudarnos. 

    

Foi un percorrido fantástico, que agardamos repetir noutro momento.

(2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - En infantil creamos o libro das berenxenas e continuamos a coidalas no invernadoiro

Nas últimas semanas continuamos a coidar a nosa plantación de berenxenas no invernadoiro.

    

Pouco a pouco van facéndose cada vez máis grandes.

    

Decidimos que información, de toda a que atopamos en diferentes fontes, era a que queríamos plasmar no libro das berenxenas, que faríamos ó igual que xa fixéramos coas leitugas.

      

Fomos plasmando os nosos descubrimentos nese libro das berenxenas.

  

     

Así quedou o noso libro. Queres velo?. Fai click sobre a seguinte imaxe.

          

E así vai o noso "caderno de campo", coas anotacións que imos engadindo as diferentes observación que facemos.

      

Podes ver as entradas previas sobre o noso traballo no invernadorio nas seguintes entradas:

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

26/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro

09/04/21: (2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos novas plantas no noso invernadoiro

29/04/21: (2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - Os de infantil plantamos berenxenas no invernadoiro

      

   

(2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de maio

No mes de maio estaban de aniversario VALENTINA e ANTÍA, nas aulas de infantil. Como sempre, despois de ir "controlando" cando chegaban as datas (nos nosos calendarios online), preparamos a camiseta de agasallo e a coroa de homenaxeadas.

       

Cando finalmente chegou o último vernes do mes, celebramos unha pequena celebración para homenaxear a ambas. Non a festa coa tarta feita por nós, que facíamos antes da COVID-19, pero isto non impediu que soprásemos as nosas candeas nunha tarta de mentira.

 

 

        

Agardamos que o vindeiro curso poidamos celebrar os aniversarios como tanto nos gusta.

   

      

(2020-2021) ECO BIO SAN 2.0 - Os de infantil plantamos berenxenas no invernadoiro

Unha vez recollidas as leitugas do noso invernadoiro, chegou o momento de sementar novas prantas. Neste ocasión encargaríamonos das berenxenas.

O primeiro foi coñecer que eran, como sementalas e coidalas.

   

Para plantalas precisaríamos abonar a terra, para o que recollimos algún compost do noso composteiro.

   

Entre todos e todas fomos prantando as prantas de berenxena no invernadoiro.

      

Escribimod o cartel identicativo para que todos soubesen o que tiñamos prantado. 

            

Regámolas por primeira vez, e teremos que ir coindándoas para que vaian medrando.

     

Podes ver como imos completando o noso caderno de campo de seguido:  

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo.

   

Podes ver as entradas previas sobre o noso traballo no invernadorio nas seguintes entradas:

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

26/03/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro

09/04/21: (2020-20201) ECO-BIO-SAN 2.0 - Plantamos novas plantas no noso invernadoiro

  

  

(2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0 - En infantil, rematados os coidados, recollemos as leitugas no invernadoiro

Ó longo das últimas semanas do trimestre, os compañeiros e compañeiras de Educación Infantil, continuamos a coidar as leitugas que tiñamos plantadas no invernadoiro.

 

Fomos observando como, grazas ós nosos coidados, pouco a pouco comezaban a facerse máis grandes. 

 

   

Fomos anotando as nosas observacións sobre o crecemento das leitugas, no caderno de campo.

  

Ademais de regalas, tamén tivermos que ir quitando as "malas herbas" que ían aparecendo, para que deixaran medrar ás leitugas. 

   

E por suposto, tamén tivemos que regalas de modo habitual, ata que medraron o suficiente para poder recollelas.

   

Antes de marchar de vacacións de Semana Santa, recollimos as nosas leitugas que xa estaban moi grandes.

 

   

Cada un de nós levou parte dunha leituga, para poder ensinala nas nosas casas.

Foi unha colleita fantástica!

      

Á volta das vacacións, os de infantil, sementaremos algo novo noso invernadoiro.

Podes ver como imos completando o noso caderno de campo de seguido:  

Fai click sobre a seguinte imaxe para velo.

   

Podes ver as entradas previas sobre o noso traballo no invernadorio nas seguintes entradas:

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: Os de infantil plantamos e coidamos tres tipos de leitugas no invernadoiro do colexio

22/01/21: (2020-2021) ECO-BIO-SAN 2.0: En infantil ademais de coidar as leitugas do invernadorio, investigamos sobre elas para crear un libro

   

  

(2020-2021) Así celebramos os aniversarios do mes de marzo

Neste mes de marzo cumplían anos CLAUDIA e ANTÓN. Como o seu aniversario era nos primeiros días do mes, decidimos non agardar a que este rematase, e celebrámolos o primeiro venres do mes.

Durante os días previos creamos entre todos e todas a camiseta de agasallo para os homenxeados.

   

Por mor da COVID-19 non podemos celebralos coa festa que facíamos en cursos anteriores, cunha tarta cociñada por nós do noso libro de receitas.

Pero non por iso deixaron de soprar as candeas na súa tarta "de mentira", despois de que lle cantasemos a canción do "cumpreanos" en 3 idiomas.

 

 

   

Felicidades ós dous homenaxeados.

  

(2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de febreiro

Neste mes de febreiro só BRAIS estaba de aniversario, así o comprobou cando comezou o mes no rexistro correspondente.

 

A semana do seu anivesario agasallámolo cunha camiseta creada por todos e todas.

  

Así de ben quedou unha vez rematada.

 

 

Por mor da COVID-19, non podemos celebrar o anivesario como o facíamos en cursos anteriores (cociñando unha tarta e cunha festa). Pero aínda así puido soprar as candeas na súa tarta. 

 

 

Por suposto, tamén lle cantamos as cancións de aniversario. 

 

 

 Feliz aniversario BRAIS!!!

(2020-2021) Traballamos e celebramos o Entroido: Seguimos as instrucións de Serafín e facemos un disfraz de Capitán Verdemán.

Tal como estaba anotado nos nosos calendarios online, estabamos xa na semana do Entroido. O primeiro que fixemos foi lembrar (nas publicacións dispoñibles na web) como o celebramos o curso pasado.

Descubrimos que como entón non había COVID-19, puideron vir as familias a participar nun obradoiro connosco no colexio, que participamos nun desfile polas rúas, onde a xente non tiña mascarilla, e que fixeramos unha festa con postres típicos do Entroido.

 

  

Neste curso, pola contra, non sería posible contar coas nosas familias, nin facer a festa cos postres nin facer o desfile polas rúas do concello... pero iso non quería dicir que non fósemos celebrar o Entroido. Sería dun modo diferente. Xa voltará a ser igual de xenial o vindeiro curso.

   

INSTRUCIÓNS DO MECO: O PORCOESPÍN SERAFÍN MANDA:

Participamos nas instrucións do noso MECO, a mascota da biblioteca "Serafín o porcoespín". Nós fomos os encargados en dar a primeira instrución para todo o colexio.

 

 

Ocurríusenos propoñer que todos viñeran co pixama posto, e así o escribimos no cartel que penduramos debaixo de Serafín.

 

 

Cada día os diferentes cursos do colexio foron publicando as instrucións do que había que traer. Deste xeito, antes de saír ó recreo, pasabamos a ver cal era a instrución para o día seguinte...

 

... para anotala nunha nota que levamos para casa. 

 

  

O luns, tal como escolléramos viñemos en pixama.

 

O martes, os de 1º e 2º decidiron que viñeramos con algo na cabeza.

 

  

O mércores os de 3º e 4º escolleron que había que traer algo no pescozo.

  

Por último, o xoves, os compañeiros e compañeiras de 5º e 6º propuxeron que cada un viñese disfrazado como quixese.

 

  

Cada día fomos completando un rexistro, con estas fotos de grupo, que había que pegar no día correspondente, e escribir cal era a instrución de Serafín. 

 

 

  

DESEÑANDO E CREANDO O NOSO DISFRAZ:

Este curso, no que celebraríamos o Entroido dun modo tan diferente, o centro acordou que cada curso viría disfrazado dun conto.

Despois de propoñer varios dos contos que tiñamos nas aulas, acordamos que poderíamos disfrazarnos do "CAPITÁN VERDEMÁN", que loitaba porque non houbese lixo nin contaminación.

 

  

Escribimos unha lista das partes que debería ter o noso disfraz. 

 

 

Creamos o primeiro modelo de disfraz, creando as diferentes partes, e fotografando cada un dos pasos. Usaríamos esas imaxes para redactar as instrucións para facer o disfraz. 

   

Xa estaba listo o primeiro modelo de "disfraz de Capitán Verdemán".

 

Redactamos e creamos as instrucións para facer o noso disfraz, posto que aínda que non houbese obradoiro coas familias, seguro que as íamos precisar:

Creamos unhas instrucións en cada unha das aulas.

 

  

Puxémonos mans á obra para crear os nosos disfraces seguindo os pasos que indicanban as instrucións.

    

  

De cando en vez tivemos que revisalas para aseguranos de cal era o seguinte paso a dar.

 

   

E, por suposto, era imprescindible pasar o "test de calidade", comprobando se aguantaban as pezas cando corríamos ;)

  

Xa estaban os nosos disfraces listos para usalos no desfile no colexio.

  

O día do desfile, despois de facernos as fotos individuais (que podedes ver máis abaixo), xa estabamos preparados para participar na celebración no colexio. 

  

Aquí podes ver como quedaron os disfraces que fixemos. Fai click na seguinte imaxe para vernos a todos e todas.

 

Participamos no desfile no pavillón, xunto cos demais compañeiros e compañeiras do colexio. Eso si, respectando as normas de seguridade COVID-19.

 

 

E como remate de festa despedimos ó noso MECO, ó porcoespín Serafín. 

 

 

Agardamos que o vindeiro curso poidamos celebrar o Entroido coa participación das nosas familias, e que volte a ser como sempre.

  

Podes ver o vídeo do desfile e da celebración do Entroido de seguido, ou facendo click na seguinte publicación:

(2020-2021) Celebramos un Entroido... de conto. Xa podes ver o vídeo do noso desfile.

  

(2020-2021) Viaxamos polo mundo, co noso pasaporte, creando vídeos polo Día da Paz. Queres velos?

Durante a semana anterior á celebración do "Día da Paz" en Infantil viaxamos polo mundo, para descubrir diferentes culturas e formas de vida. Completando o noso "pasaporte" en cada viaxe.

De cada un dos lugares "trouxemos un recordo en vídeo", que fomos creando despois de investigar sobre ese país.

Podes ver os vídeos que elaborou cada un dos equipos de seguido, facendo click na seguinte imaxe (ou entrando en O Cervo TV).

 

Para poder facer estes vídeos o primeiro foi descubrir os seis países que visitaríamos, coñecendo os aspectos máis importantes da súa cultura: como falan, que comen, onde se atopan, datos relevantes...

 

  

Xa cos destinos repartidos por equipos, cada un deles foi anotando nun listado os datos máis importantes que contarían no seu vídeo.

 

  

Con eses datos listos, e despois de térense organizado dentro de cada equipo, foron gravando as diferentes tomas do seu vídeo diante do "chroma", no que logo aparecerían outras imaxes e vídeos relacionados.

  

Mentres os profes ían "montando" os vídeos, creamos os nosos pasaportes, como proba das nosas viaxes. Coloreando as bandeiras de cada un dos países.

 

Escribindo o nome de cada país e completando os nosos datos persoais: nome e foto. 

  

Marcando no mapa onde se atopaban os seis países visitados.

 

 

Por último, na folla de cada país, pegamos un código QR do vídeo que, o equipo correspondente, creara sobre ese país.

  

Probamos cunha tableta que, efectivamente, os códigos funcionaban correctamente e amosaban o vídeo que correspondía.

 

 

Queres ver como quedou o noso pasaporte?, podes velo facendo click no seguinte libro dixital.

    

Visionamos os nosos vídeos e fixemos unha valoración crítica dos mesmos. A ti que che parecen?

 

 

E, por suposto, bailamos moitísimo con cada vídeo.

  

Xa de volta da nosa viaxe polo mundo, os nenos e nenas de ámbalas dúas aulas, fixeron as súas "froitas da paz", para pegalas na árbore que crearíamos xunto ó resto de compañeiros e compañeiras do colexio.

Escribimos palabras relacionadas coa paz, para poder escoller entre elas.

 

Cada quen escolleu a súa palabra favorita da "Paz" e escribiuna na froita que elexiu. Coloreándoa e recortándoa para que quedaran listas.

  

Cando chegou o día da celebración do día Paz no colexio, participamos na construición da árbore, pegando as nosas froitas xunto ás dos compañeiros e compañeiras.

  

Tamén bailamos a canción "El mismo sol" xunto ós demais cursos do colexio. Cunha coreografía que nos ensinara o profe Jose Luis de música.

   

Podes atopar máis información sobre esta celebración, e ver o vídeo do baile, na seguinte ligazón:

Blog da biblioteca (2020-2021) Celebramos o Día da Paz, cunha árbore de desexos e un baile. Queres velo?

   

 

(2020-2021) Celebramos os aniversarios do mes de xaneiro

No mes de Xaneiro, ELSA e VALERIA estiveron de aniversario. Este curso por mor da COVID-19 tivemos que cambiar a forma que os celebramos e, no lugar da festa que organizábamos cociñando a unha tarta, celebrámolo deste outro xeito.

Entre todos e todas decoramos unha camisetas ás homenaxeadas, escribindo os nosos nomes para que non se esquecesen de nós.

  

Ademais das coroas de aniversario, que elas mesmas decoraron, e vestindo as camisetas de agasallo, ó ultimo venres do mes celebramos os aniversarios.

 

Sopramos uha candea co número dos anos que cumplía cada unha. 

 

No mes de febreiro teremos novos aniversarios.

Distribuir contido

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 3 invitados conectados.