Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 

O día 18 de maio celebramos no centro o Día das Letras Galegas.

 Fixemos o maio entre tódolos alumnos e alumnas do centro e quedounos así de bonito.

 

Cada ciclo ocupouse de traer as cousas precisas para adornalo.

Na aula de usos múltiples xuntámonos todos e todas para facer un pequeno acto adicado a Valentín Paz Andrade.

Houbo varias actuacións:

.os de 6º fixeron un pequeno teatriño moi divertido titulado ."O semáforo".

 .todo o centro cantou unha canción titulada:"Que baile con quen" que bailaron os nenos e nenas de 2º e tocaron  nenas de 4º. 

 

.3º ciclo elaborou un conto titulado "O parrulo" que nos leron a todos e todas.

 

.todo o centro escribeu as coplas do maio que cantamos todos xuntos.

 

 

.3º ciclo tocou o "Himno galego"

 

E así rematou o acto.

Logo do recreo tivemos uns contacontos cos cales nos divertimos moito.