Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012)Así celebramos o Día da Muller Traballadora

O pasado xoves 8 de marzo foi o día da Muller Traballadora e nós, á nosa maneira quixemos facer unha actividade para celebralo.

Comezamos por falar das nosas "nais" e do traballo que levan a cabo, tanto dentro da casa coma fora, e debuxalas, escribindo algo sobre elas.

 

Despois, nos xuntamos cos compañeiros de infantil 2 para falar entre todos deste tema (tendo en conta que sobre este tema se dialoga e traballa no día a día, sempre que xurde a ocasión).

Tratábase primeiramente de coñecer  os símbolos que representan a muller e home

para despois clasificar as distintas profesións dos nosos pais e nais e escribilas no símbolo correspondente.

Así puidemos observar que hai profesións ou oficios da lista dos "pais" que non é tan habitual que as leven a cabo as nais, e viceversa, aínda que ó respecto algúns tiñamos  bastante claro que todas son profesións que todos poden realizar.

Tamén visionamos un par de dvds, un  era un conto, "Ceniciento", poñendo á clásica cenicienta no corpo dun home, e outro de coeducación.

Feitas a reflexións sobre a mensaxe destes videos e os diálogos sobre as profesións , tiñamos que elixir os nenos unha profesión do listado do símbolo das mulleres e as nenas unha dos listado do símbolo dos homes.

No debuxo desta profesión pegamos a nosa foto da cara, para representar o que poderíamos ser nun futuro se quixéramos.

As nenas elixiron a maioría BOMBEIRA e POLICÍA.

E os nenos, SECRETARIO, PROFESOR, PELUQUEIRO, CAMAREIRO e TRABALLAR NA CASA.

E xunto co debuxo da nosa nai, elaboramos un libriño

.

Así quedaron: