Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Unha chea de espirais!

Hai uns días, recordando cousas aprendidas sobre o espacio, estivemos a facer espirais, pois así é a forma que ten a nosa galaxia a Vía Láctea.

E que mellor que facelo que por equipos.

Tivemos que elixir algúns compañeir@s ao resto de compoñentes e o formábamos 3 nen@, un de cada idade.

Un día estivemos a facer espirais con diferentes materiais da aula; nós, unha vez constituido o equipo, tiñamos que elixir con qué material e en qué lugar facela.

Estas foron as espirais que conseguimos facer:

con xoguetes do recanto da "casiña".

 

con trozos de madeira.

 

con pezas das construccións.

con regletas.

Ademáis algúns nenos da clase de infantil 2 viñeron a velas e elixiron a que lles gustaba máis.

Todos estábamos moi atentos por saber cal elixían.

A algún equipo custoulle poñerse dacordo sobre qué material elixir ou  á hora de empezar a facela e ter en conta aos demais membros do equipo.

Pero ao día seguinte volvimos a xuntarnos os mesmos equipos para facer espirais con plastilina e nos organizamos moi moi ben, téndonos máis en conta os uns aos outros.

Así quedaron

Finalmente tamén plasmamos en papel e con rotuladores libremente a nosa percepción da espiral.

O pasamos moi ben, traballamos de xeito cooperativo na consecución  dun  fin común  e a maioría de nós chegamos á conclusión de que.....

EN EQUIPO  SE  TRABALLA  MELLOR!

Ata pronto!