(2007-2008) ¿Xiran os xirasois cara onde se atopa o sol?
Investigando sobre Van Gogh atopámonos co seu cadro "Os xirasois", e descubrimos que estas "flores" sempre miraban cara onde estaba a luz do sol, para poder vivir. Quixemos comprobar se isto era verdade e decidimos plantar xirasois, comprobalo e logo levalos para a nosas casas.
Antes de nada tiñamos que "discutir" que cousas se precisaban para plantar os xirasois. Acordamos que facían falla: uns botes, terra, auga e pipas de xirasois (das que comen os loros). Como os compañeiros da clase do lado xa os plantaran nos deixaron unhas poucas pipas e nos contarno como o fixeron eles.
O primeiro de todo foi poñerlle o noso nome a cada un dos botes, para saber de quen era cada unha e non confundirnos despois. Escribímolo nun papel e o pegamos á nosa maceta.
Pouco a pouco tódalas macetas tiñan xa o noso nome.
Cando xa estaban todas listas comezamos a sementar os nosos "Xirasois", primeiro había que botar terra e logo facer un burato co dedo para meter a pipa de xirasol, decidimos sementar tres pipas por se algunha non medraba.
E claro tamén tivemos que reglas con pouquiña auga
Cando as iamos poñer nunha mesa Sara descubriu algo interesante, al auga que usamos para regar o xirasol, caía enriba da mesa ¿estaría roto o bote?, tras botar unha ollada descubrimos que o bote tiña un buratiños na parte de abaixo para que saíra a auga que sobraba. Así que tivemos que acordar que o encargado cada día regaría as prantas e tería que limpar a auga que sobraba e caira enriba da mesa.
Xa estaban todas listas, agora tocaba esperar a que medrasen as prantas ¿cantos días tardarían?
Despois do fin de semana, algún dos xirasois comezou a medrar, primeiro era moi pequeniño. Dedicimos entre todos ter coidado e non tocalas, porque como eran aínda "bebés" podiamos rompelas e logo non medrarían máis.
Nunha semana case todas medraran e era verdade... todas se torcían cara a fiestra por onde entraba a luz do sol, as veces poñiamola mirando cara outro lado e nuns días xa se torcera cara a ventá. ¡Que listas que son!
Como medraban xa moio, e non cabían no bote decidimos que era o momento de levala para casa, alí cada quen a plantaría no chan para que medrase o xirasol.