Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2011-2012) Algúns momentos da xornada no comezo de curso.

Nestas primeiras semanas de curso éstes son algúns dos momentos do día a día.

-Xogando e traballando polos distintos recantos.

        

-Facendo un cartel para a porta de clase con fotos e debuxos de todos.

Primeiro tivemos que compoñer a palabra "infantil", ordeando as letras

Despois de probar unha primeira vez

coa hipótese inicial de que infanti se escribía así,

nos detivemos a pensar un pouco mais ata ir atopando máis sons nesa palabra (xa que nos sobraban moitas letras)

ata formala por completo, asociando son con grafía.

-Visitamos a aula de informática. Algúns dos maiores amosamos aos pequenos os xogos da nosa páxina web.

                      

 

-Acudimos ao pabellón onde fixemos distintos xogos ademais dun pequeno circuito.

-Coa mestra de audición e linguaxe, facendo algúns xogos.

-Fixemos as bandexas para a merenda novas, con témpera e con fotografías de froitas.

 

Estes días estamos a elaborar un libriño sobre o noso cole e fotografiándoo, cando o rematemos volo ensinaremos!