(2011-2012) Así foron os primeiros días de clase
Nestes primeiros días de clase, ademáis do que xa contamos en entradas anteriores deste blog, tivemos que "poñer ó día" moitas couas na aula, e tamén explicarlles como funcionaban ós novos compañerios e compañeiras.
Arrancamos a casa e colexio e usamos para saber quen está cada día, para poñer no seu sitio unhas novas.
Entre todos pintamos, con pincel, a nova casa para os rexistros...
E o novo colexio.
Entre todos demos rematado de seguido.
Tamén tivemos que preparar os novos nomes para os rexistros, empregando belcro e unha tesoira Marcos deu conta do traballo nuns minutos.
Así quedaron os rexistros da nosa aula.
Colocamos os novos nomes no seu sitio...
Puxemos ó día o calendario da aula, que queda no mes de xuño. O encargado comezou a anotar o día no que nos atopabamos.
E comprobamos que mestres veñen cada día, que tempo vai... e tamén se hai alguén de cumpreanos (se coincide o número da sua tarxeta co do día actual)
As novas compañeiras buscáronse no "libro dos cumpreanos" para ver cando tocaba o seu.
Tamén preparamos a caixas para os traballos.
E puxemos novos nomes nas nosas cadeiras.
Gardamos o material que trouxamos da casa "no seu sitio", clasificándoo e gardando cada cousa no seu sitio.
E fixemos as nosas novas bandexas para as merendas.
Os primeiros días, os compañeiros e compañeiras da outra aula merendaron na nosa aula porque aínda non tiñan mestra. Éramos unha chea alí todos xuntos.
Comprobamos que todo estaba "no seu sitio" no patio dos columpios, e explicámoslle as novas compañeiras as normas que temos alí colgadas.
Tamén lles ensinamos como empregar o ordenador, poñendose de acordo para poder ver todos e escoller o contido que queriamos ver en cada caso.
E todo o que se podía facer no recanto de ARTE...
Tamén onde gardar cada xoguete cando rematasemos de xogar con el. E com gardar os disfraces nas súas perchas.
E os maiores ensináronlle "ós novos" os trucos que sabían para xogar, por exemplo, coa plastilina.
Escribimos unha nota para casa, para avisar ós nosos pais e nais que os MARTES temos que traer un chandal para ir ó pavillón coa profe Merce.
E como un día lemos o conto de "NACHO VA AL COLEGIO", onde choraba porque era o seu primeiro día e facían un gorro de papel, decidimos que como tamén eran os nosos primeiros días, nos queriamos ter un gorro como os seu...
No espello podiamos mirar o guapos e guapas que estabamos.
Tamén clasificamos a plastilina por cores, poñendolle un cartel a cada un dos botes
Así quedaron ordenadas por cores e noutra caixa gardamos aquela plastilina que esté mesturada con outras.