(2011-2012) Facemos un cartel para a reunión de pais/nais
Un día o profe leunos unha nota que iamso levar para darlla ós nosos pais e nais, o martes habería, pola tarde, unha reunión con eles.
Comezamos a falar de cando sería a reunión, que se facía nesas reunións, quen ía vir... Alguén comentou que seguro que querían ver a aula, sobre todo os dos novos compañeiros/as.
Pensamos que estaría ben facer un cartel para saúdalos e penduralo na aula, para que puidesen lelo cando viñesen pola tarde.
Primeiro pensamos, e escribimos, a lista do que iamos necesitar para facer o noso cartel.
Unha das cousas que precisabamos era un papel grande. Como xa sabiamos onde buscalo, de cursos anteriores, fomos todos xuntos e trouxémolo entre todos e todos.
Houbo un pequeno problema na porta, porque non cabía, pero despois dun par de voltas descubrimos que poñéndoo de lado, e entrando con coidado pasaba perfectamente.
Logo entre todos e todas acordamos que "ía poñer no cartel", ó final demos escrito tódalas palabra no encerado.
Acordamos escribir "OLA PAPÁ E MAMÁ"
Logo entre todos e todas, por turnos, escribimos o mesmo texto no noso mural, con letras moi grandes.
Por último decorámolo con gomets, neste traballo as máis expertas eran as nosas novas compañeiras de tres anos...
Cada quen escolleu a cor e forma que quería pegar. Ó final con un pouco de axuda démolo rematado.
Para rematar cada quen puxo o seu nome como "autor" do mural.
Así de chulo quedou pendurado na parede.
Mirade que alto quedou... seguro que lles gustará ós nosos pais e nais.
Esta foi unha das moitas cousas que fixemos este comezo de curso, nuns días xa vos contaremos todo o que tivemos que facer para comezar o curso.