(2010-2011) Despedimos ós de sexto e a algúns mestres/as
Chegou o final do curso 2010-2011, e para despedirnos dos compañeiros de sexto, que marchan ó instituto xuntámonos todos na sala de usos múltiples do colexio.
Os de sexto cantáronnos unha canción de despedida.
A A.N.P.A. entregou un agasallo ós dous mestres que se xubilan este curso.
Tamén nos depedimos das mestras que non estarán no centro o ano próximo. Alumnos/as das súas aulas entregaronlle uns ramos de flores.
Á profe Rita.
Á profe Tina.
Á profe Concha.
Para rematar, os de sexto amosános unha presentación de powerpoint sorpresa, na pantalla.
E logo leron a súa carta de despedida.
Finalmente os mestres/a que lles deron clase repartíronlle uns agasallos como despedida.