(2010-2011) Rematamos o segundo trimestre con varios traballos
Ademáis de continuar co proxecto de investigación sobre o corpo, que vos estamos a contar en outras entradas publicadas, e do que vos poñeremos ó día dentro de pouco; antes de irnos de vacacións sucedeu todo isto na nosa clase:
LIBRO DOS CUMPLEANOS:
Para saber quen estaba de cumpleanos cada mes decidimos facer un libro.
Deste xeito cada vez pasemos unha folla do calendario, tamén poderemos pasar a do noso libro e coñecer quen está de cumple cada día.
Cada quen escribiu debaixo da súa foto o número do seu cumpleanos.
Imprimímola e plastificámola e xa a podiamos pegar na folla que correspondía ó noso mes.
Agora tan só temos qeu pasar as follas para saber en que mes toca o noso cumple
Tamén anotamos nun folio da cor que máis nos gusta, o mes e o número do noso cumpleanos. Tamén pegamos a nosa foto.
FIXEMOS OS BOLETÍNS PARA LEVAR PARA CASA:
Como cada trimestre tamén fixemos o noso boletín de autoavaliación.
Ademáis das fotos dos dos feitos máis relevantes do trimestre, aproveitamos para contar o que xa aprendimos no proxecto de exposición sobre o "corpo".
DISFRAZÁMONOS:
Un día pola mañá atopamos unha chea de disfraces na aula.
Empezamos a probalos todos: de princesa, guerreiro, indio, policía, bombeiro...
Así de guapos estabamos disfrazados:
Na clase temos un recanto onde podemos colgar, en perchas, os difraces para poder telos organizados.
Acordamos que só poderían usar este recanto tres compañeiros/as á vez.
Pouco a pouco iremos engadindo máis disfraces.
COIDADO, O CHAN ESVARA!
Un día a profe Rosana esvarou no chan do baño, así que decidimos facer un cartel avisando do perigo.
Buscamos en internet un sinal que puidese servirnos.
Escribimos debaixo o texto de aviso.
E pegámola na porta para que todos e todas puidesen mirala antes de entrar, e así ir con coidado.
EXPLORAMOS AS FIGURAS XEOMÉTRICAS E O ESPAZO:
Tamén exploramos as figuras xeométricas en volume.
Fixemos unha escaleira ordeándoas de "maior a menor", por equipos.
Logo representámolo nun folio, debuxando de maior a menor a escaleira usando a mesma orde e cores.
Tamén traballamos cos bloques lóxicos, ordenándoos por equipos segunda a cor, forma, tamaño e incluso con dous criterios (círculos vermellos, triángulos azuis...). Para elo empregamos unha tarxeta cos símbolos a empregar.
Tamén clasificamos as figuras seguindo criterios inversos (non triángulos, non amarelos...), tamén empregando tarxetas con símbolos.