Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Comezamos unha investigación sobre o noso corpo

Un día miramos que na clase do lado estaban facendo os seus corpos en papel. Para que o estarían a facer?, así que o encargado foi a preguntarlles para que servía e respostáronnos que estaban a investigar sobre o corpo.

Falando sobre o tema tamén saíron moitas ideas e dúbidas interesantes, polo que decidimos investigar tamén sobre o corpo.

Cando rematemos as dúas aulas imos intercambiar información e contrastar o que descubrimos uns e outros.

 

1.- QUE SABEMOS?

Esto é todo o que sabemos do corpo antes de comezar a investigación:

 

2.- QUE QUEREMOS SABER?

Marcamos cun SI, aquelas preguntas ás que vaiamos atopando as respostas.

 

3.- ONDE BUSCAMOS A INFORMACIÓN?

 

Para pedir información escribimos unha nota para levar para ás nosas casas.

 

Ó día seguinte tiñamos xa unha chea de libros e follas con información sobre o corpo.

 

Así de cheo quedou o noso recanto de investigar con todo o que trouxemos.

 

O primeiro foi botarlle unha ollada a todo o que trouxemos, naqueles libros había cousas moi interesantes.

Algúns xa comezaron a pensar nas preguntas que tiñamos plantexadas e atoparon algunhas respostas.

 

4.-ORGANIZÁMONOS:

Para a nosa investigación decidimos organizarnos por equipos, e facer tamén unha silueta do noso corpo na que ir pegando as partes "que hai por dentro". 

 

5.- INVESTIGAMOS:

Xa con todo organizado comezamos a nosa investigación, segundo o que tiñamos anotado no mural no apartado "organizámonos":

Facemos a silueta do noso corpo:

Cada neno/a axudou a un compañeiro/a a debuxar a súa silueta en papel continuo.

 

Logo cada quen recortou a súa...

 

E pegámoslle unha foto coa nosa cara.

Había que poñerlla enriba do pescozo, tal como descubriamos mirándonos no espello.

 

Cando estaban pendurados, contamos que había tantas siluetas como nenos/as na aula. Eramos 10.

 

Para pintar o noso corpo, despoi de discutilo un anaco, decidimos que o iamos pintar de cor carne. Pero non a tiñamos no colexio, así que comezamos a mesturar cores ata que atopamos a mestura que conseguí a cor que estabamos a buscar.

 

Pintamos o noso corpo co rodillo, con coidado de non pintar a cara.

 

Cando estiveron secos, mirade que roda tan grande fixemos entre as siluetas e nos... case non cabiamos na aula.

 

Cantos osos ten o corpo?

Unha das preguntas que tiñamos era cantos osos tiña o noso corpo. O equipo encargado de investigala pensou que o mellor era coller o esqueleto do colexio e contar cantos osos tiña.

Pero despois dun rato chegaron á conclusión de que non eran capaces porque había moitísimos.

 

Así que pensaron que era mellor buscar no ordenador, onde atoparon que había 206 OSOS no noso corpo.

 

Onde está e para que serve o corazón?

Outro equipo buscou onde estaba e para que serve o corazón, despois de mirar en varios libros chegaron á conclusión de que estaba no peito, era de cor vermella (como a sangue) e servía par levar sange por todo o corpo, por uns tubiños que se chamaban venas.

 

Como nacen os bebés?

O terceiro equipo buscou en libros información sobre os bebes, e descubriron que estaban dentro do corpo da xente antes de nacer. Acordamos seguir investigando esta pregunta outr día.

 

Explicámosllo ós outros equipos:

Cada equipo foi pegando no mural da investigación o que foi descubrindo.

 

E logo contándollo e explicándollo ó resto dos equipos.

 

E como tiñan no mural a información era máis doado de explicar.

 

Poñemos o corazón no noso corpo:

Cos primeiros descubrimentos chegou o momento de ir complentando o noso "corpo por dentro", pegariamoslle en primeiro lugar o corazón.

 

Para saber onde pegarllo tiñamos que mirar no mural, co descubrimento que fixeran, tamén nos axudaba o equipo que o investigou "que sabían moito do tema".

Xa temos os nosos corpos co corazón... pero aínda lle faltan moitas partes.

Para ir facendo tamén o noso libro da investigación, debuxamos o corazón na silueta dun corpo e tamén as venas que van por debaixo da pel.

E por se se nos esquecía como se chamaban tamén escribimos CORAZÓN, VENAS e SANGUE.

 

Tamén pintamos as "venas" que van do corazón a todo o corpo na nosa silueta.

 

E observamos que algunhas das nosas venas se poden ver a través da pel.

Xa vos iremos contando como continúa o noso proxecto de investigación, porque aínda nos queda moito que descubrir.

De momento o noso mural da investigación vai así: