Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2010-2011) Facemos o noso mapa para ir ó Salón do Libro

Mañá imos ir a visitar o Salón do Libro, para o que fixemos o noso traballo como xa vos comentamos (pódelo lembrar aquí e aquí) .

Comprobamos que todos trouxeran a autorización, xa que fomos anotando os nosos nomes nunha folla a medida que a iamos traendo.

 

Comprobamos que, efectivamente, mañá iriamos a visitar o salón do libro, xa que o tiñamos anotado no calendario.

 

Falando sobre a viaxe de mañá, sairon moitas preguntas de como iamos ir ata alí, por onde teriamos que pasar... así que decidimos buscalo nun mapa.

 

E facer o mesmo mapa pero en tamaño "xigante", e poñerlle as fotografías dos sitios polos que iamos pasar de camiño.

O primeiro foi marcar no recorrido de onde sairiamos (CAMPO LAMEIRO) e ata onde teriamos que viaxar (PONTEVEDRA), marcámolos con gomets vermellos e debaixo de cada un puxemoslle o seu nome.

 

Pintamos a parte do mapa que representaba ó mar, xa que segundo nos contou Martín Pontevedra está cerca do mar e dun río (que tamén tiñamos debuxado)

 

Comezamos a pegar as fotografías do colexio e do Pazo da cultura (onde está o salón do libro, a primeira en Campo Lameiro e a segunda en Pontevedra.

 

Fomos pegando tamén outras fotografias dos sitios polos que iamos pasar, así mañá poderemos comprobar si pasamos por todos eles. Ata marcamos o Colexio de Cerdeiras (onde recolleremos os nenos e nenas que virán no noso autobús) e as árbores que hai polo camiño.

Remataremos este mural cando voltemos da visita (con fotografías e textos... de todo o que vivamos alí) 

 

Tamén fixemos un mapa para levar para as nosas casas, e así contarlles ós nosos pais e nais cal era o camiño.

 

Nel seguimos o mesmo proceso que no mapa xigante, colorear a parte que representaba o mar, marcar o punto de partida e chegada, poñerlle os nomes dos lugares e pegar as fotos na mesma orde que no mapa feito por todos e todas.

 

Xa tiñamos listos os mapas para levalos para casa, pero antes de irnos comprobamos que os nosos mapas tiñan as mesmas fotos, e na mesma orde, que no mapa xigante.

 

Actualización: 

Durante a viaxe a Pontevedra, fomos facendo fotos desde o autobús a cada un dos lugares que marcamos no noso mapa.

Ó dia seguinte da viaxe, pegamolas no mapa xigante que fixeramos días antes. 

 

E descubrimos que efectivamente pasamos por tódolos lugares.

 

 

Se queredes visitar a exposición, podedes facelo nos horarios de apertura que atoparedes nesta web:

www.salóndolibro.org

Horario de apertura para as visitas:

De luns a venres de 17 a 21 h, sábados de 11 a 14 h e de 17 a 21 h; domingos e festivos de 11 a 14 h. Exposicións abertas ata o 20 de marzo.

Ou ben descarga o folleto informativo, cos horarios e actividades desde aquí.