(2010-2011) 1º trimestre en E.F.: 5º e 6º curso
Durante o 1º trimestre os nenos e nenas do terceiro ciclo traballamos as seguintes unidades:
-Ola, que tal?: na cal tomamos contacto cos alumnos, xa que entre eles xa se coñecían pero a mestra a eles non. Nela explicáronselle as normas e rutinas coas que traballariamos diariamente (quecemeto, hixiene, ...) e realizáronse xogos de presentación, integración, desinhibición,...
Tamén, ao igual que nos demais cursos, fixemos o rexistro de peso e talla mais o debuxo do seu corpo.
-Estades en forma?: buscando desenrolar neles por medio de xogos as súas capacidades físicas básicas: resistencia, forza, velocidade e flexibilidade.
Nela tentamos:
- identificar cando estaban presentes nos distintas actividades,
- coñecimos os cambios fisiolóxicos que acontecían no noso corpo: pulsacións (tomando rexistro delas antes e despois das actividades), aumento de temperatura corporal e sudoración,...
-realizamos actividades para melloralas
- estudamos os efectos da actividades física no desenrolo , na saúde e na calidade de vida.
Este gran tema axudounos a estar mellor preparados para o Cross que se celebrou en Soutelo dentro das competicións de Deporte Escolar.
(toda a información e fotos desta xornada)
Polo medio del tamén adicamos un par de clases a preparar os carteis, debuxos e xogos que se farían o día da Festa do Magosto. Os de 6º encargáronse cada un de ser os monitores nas oito probas que había que superar e , a verdade, fixérono moi ben! (xogos Magosto)
-Patas arriba!: neste tema centrámonos na práctica ximnástica adaptada ao entorno escolar, basándonos nas habilidades básicas traballadas, nos xiros, saltos e equilibrios.
Con ela buscamos que soubesen facer ben: voltereta cara adiante, cara atrás e lateral, cravo, pino de 3 e 2 apoios, salto de potro, tanque,...
E ademais que tiveran en conta en todo momento as normas de seguridade neste tipo de actividades, que soubesen dar as axudas nos distintos exercicios, aumentasen a confianza en si mesmo a través das tarefas practicadas, adoptasen posturas correctas, que aceptasen as súas posibilidades e limitacións,...
Algúns destes momentos son os seguintes: