Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2009-2010) Novos recantos e materiais na aula

Hai unhas semanas, ó chegar das vacacións de Semana Santa, a profe trouxo a clase un aparello un pouco raro, que si lle dabas a un botón saía luz e colocándoo contra unha parede branca reflexaba a sombra das cousas e tamén ás veces as cores.

Resultou ser un proxector de luz

   

Nel podemos proxectar cousas con distintas formas (temos tapóns das botellas de leite, redes das bolsas de froita, papel celofán de cores que permite que se vexan reflexadas as cores na parede e moitos maís materiais que estamos xuntando).

con él xogamos a facer sombras coas mans, a facer diferentes tipos de caras e despois as representamos na pizarra pois a temos xusto ó ladiño.

e ata xogamos cos animais, a ver as súas sombras en función de cómo os coloquemos.

 

 

Un día pintamos nuns folios de plástico, que se chaman acetatos e pintamos cuns rotuladores especiais, e despois puidemos ver os nosos debuxos reflexados na parede. Toda unha sorpresa!

Como nos gustou tanto pintar no plástico, a profe comprou un plástico enorme para facer unha parede invisible no recanto da casiña e entre todos a decoramos.

Agora non temos fotos dela pero nuns días vola ensinaremos, xa veredes qué chula quedou.

 

Outro día, como algúns nenos trouxeron flores do seu xardín, Ángela propúxonos debuxalas noutro plástico grande, cos rotuladores permanentes para decorar a clase pola chegada da primavera,

    

a idea era representar as que tiñamos na clase, aínda que finalmente fixemos moitas máis e o noso mural quedou moi colorido.

 

Tamén estivemos completando o noso panel dos números (nel tiñamos ata o 31- os días dos meses), os nenos e nenas de 5 esta semana cada día nos puñamos un ratiño a repartirnos números, escribilos, e co velcro e o celo, pegalos no panel,

                     

E continuaremos a facer máis, polo menos ata o 100!

Contarvos tamén que esta semana fixemos intercambio de libros coa clase do lado para o que queda de curso: nós lles deixamos case todos os nosos e eles todos os seus, para así poder desfrutar de novas lecturas, sen  ter que mercar novos libros, compartíndoos.

Así que esta semana non subimos á bibliteca do cole, pois con tantos contos novos na clase todos tiñamos xa claro cal queríamos levar para casa!