Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal

(2009-2010) Preparamos o Salón do Libro 2010

Este ano o Salón do Libro de Ponevedra ten como tema "A cidade", así que decidimos facer entre tódolos nenos e nenas do colexio un "edificio enorme".

Á nosa clase tocounos facer un dos pisos inferiores empregando unha caixa de zapatos.

En cada ventá puxemos as nosas fotos (tamén a do lobo ORBIL), e claro  tamén "construimos unha porta"

 

 

Agora só nos quedaba por decidir "que habería no noso piso ¿un supermercado?, ¿unha tenda?....

Como xa recibiramos a fotos de Pontevedra, que nos enviaron os nosos compañeiros e compañeiras do colexio Vidal Portela (ver entrada anterior no blog aquí), botámoslle unha ollada para ver se atopabamos alí algunha idea:

Nunha cartolina fomos pegando algunhas das fotos que nos enviaran:

Entre elas atopamos unha foto que tiña un cartel que poñía "MERCADO", buscamos máis fotos en "internet" e descubrimos que era onde se vende o peixe... "e que o tiñan metido en xeo".

Pareceunos interesante convertir o noso piso nun mercado. Fixemos un debuxo do "mercado" para pegar dentro da caixa.

E co noso "piso" e os dos demais compañeiros "construimos" un edificio enorme. 

 

Agora só faltaba por facer o noso "libro" para meter dentro do mercado. Entre todos "inventamos" a historia "DO PEIXE MORADO" e puxémonos mans á obra.

Un equipo encargouse de recortar as páxinas do libro.

 

Outro de facer os debuxos de cada unha das partes do conto.

 

 

Tamén por equipos escribimos por partes o conto "do peixe morado"

 

Para rematar decoramos con gomets de cores as páxinas xa montadas.

 

Cando xa estaba rematado metímolo dentro da nosa parte do edificio.

 

Como ves tamén lle puxemos os nomes dos autores e autoras do libro. 

 

Queres ver o noso conto?, velaquí o tes