Iniciar sesión: Accede co teu contrasinal
       

(2023-2024) Este mes non paramos nin un segundo, benvidos e benvidas a entrada do blog de outubro!

Rematou outubro. A uns podeu pasarlle rápido, a outros lento, a outros indiferente... e logo estamos nós, que o pasamos traballando un montón. O curso acaba de comezar, pero non temos tempo que perder, pois temos moitas ideas e pouco tempo para levalas a cabo. Así que, ao igual que facemos na clase, toca poñernos mans a obra cunha nova entrada do blog! Esta vez, faremos un breve resumo de todo o que fixemos en outubro. Recordade que estas fotos son só unhas mostras, se queredes ver todas as fotos das actividades do mes podedes facelo AQUÍ.

Comezamos co máis típico do mes de outubro, o Samaín. Supoño que xa todos e todas teredes vista a entrada correspondente a todo o que fixemos para esta celebración. Os que aínda non tivestes a oportunidade, podedes botar unha ollada AQUÍ. Preparamos a decoración coa axuda dos maiores nalgunhas ocasións, pintamos un castelo xigante, e ata compuxemos (os nenos e nenas a historia e o profe a rima) e escribimos un poema en conxunto co que conseguimos un dos premios do concurso de poesía terrorífica.

Este mes comezamos tamén unha nova actividade, a búsqueda das letras. Todos os lunes, as letras do abecedario se esconden por todo o cole para que as busquemos. Xa atopamos a A, E, I e O; pero o curioso é que estas letras levan con elas unha maleta. E isto se debe a que as letras non só sirven para ler... Tamén teñen cheiro! E cada vez que atopamos unha, tentamos adiviñar a que cheira cada letra. Xa descubrimos que a letra "A" cheira a albahaca, que a letra "O" cheira a orégano... En conclusión, comezamos a semana a tope buscando estas letras tan viaxeiras.

Celebramos o "Día da Non Violencia" cunha asamblea onde falamos das consecuencias e alternativas a violencia, ademáis de preparar e xerar uns carteis que repartimos por toda a escola para amosar que na nosa escola non toleramos ningún tipo de violencia.

Tamén retomamos o traballo cos nosos diccionarios xigantes e pequenos. Os maiores xa son uns expertos, así que estamos traballando de forma coperativa, de xeito que os maiores titoricen aos seus compañeiros e compañeiras pequenas en canto a como facer este traballo. Por agora está funcionando moi ben, seguro que dentro de nada os máis pequenos e pequenas xa o poderan facer por si mesmos.

Pero o movemento no para nin cando os compañeiros e compañeiras teñen clase de relixión. Durante a hora de alternativa estamos facendo toda clase de actividades artísticas. Pintamos con espuma, con moldes de plastilina, con esponxas... Ata pintamos cos pés! Sen duda unha das horas máis divertidas de toda a semana.

No que se refire as letras, non só as buscamos e as cheiramos, tamén xogamos moito con elas (os pequenos cos maiúsculas, e os maiores coas minúsculas). Deste xeito, reforzamos aspectos como a identificación, os sons e os trazos; e deste xeito afianzamos un proceso de lectuescritura máis sólido. E por suposto, o pasamos xenial aprendendo!

E como xa somos bastante maiores, as clases non se reducen ao espazo de aula, senón que nos imos movendo por todo o cole. Un dos nosos espazos favoritos e a biblio, que ademais de usar para ler contos, tamén visitamos para buscar información, pintar, aprender... Sempre coa axuda da profe Zaira, que sempre nos fai todo moito máis sinxelo.

Nos pouxos ratos que temos libres, continuamos desenvolvendo a percepción sensorial con materiais de distintas texturas. Por agora estamos traballando con plastilina, area de cores e pasta de letras. Nalgúns casos xogamos de forma libre, outras con obxectivos marcados e outras simplemente ocurren cousas tan chulas como o día que conseguimos facer todas as vogais en maiúscula e minúscula con plastilina! Estes rapaces e rapazas están feitos uns campeóns!

Por suposto, o noso proxecto anual de claendario xa está en marcha tamén. Con esta actividade diaria traballamos os números, a temporalidade, historia... en realidade é difícil resumir todo o que facemos cando abrimos o calendario porque as actividades poden variar tanto como facer un cadro con circunferencias, resolver un crucigrama, elaborar o noso propio periódico coa técnica do collage, escoitar a historia dalgún personaxe histórico importante... e este curso, por encima de todo, dar visibilidade as mulleres non sempre visibilizadas, pero si fundamentais para avanzar hacia unha sociedade onde a iguladade sexa unha realidade.

Por se isto non fose pouco, tamén nos metimos de cheo nun proxecto colaborativo co Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. A nosa clase é encargada de facer tres xogos: un crebacabezas rupestre, un set de estampado con follas e uns abalorios para elaborar collares rupestres. No caso do estampado e os collares estivemos practicando antes de poñernos a traballar, o crebacabezas por outra parte xa esta feito e listo para a sorpresa que estamos preparando para decembro.

Os pais e nais dos nenos e nenas de EI1 xa o saberedes porque o teredes na casa, pero tamén fixemos o noso propio horario da semana con recortes. Deste xeito podemos anticipar que faremos cada día e planificarnos mellor no día a día. Quedou chulísimo (casi tanto como traballo costou facelo).

Por suposto retomamos un clásico xa en infantil, que son os nosos xogos de lóxica-matemática. Iso si, como este ano somos un pouco máis maiores, o grado de dificultade aumentou un pouco, de xeito que non quede outra que poñer a cabeza a funcionar as máximas revolucións.

E por suposto, elaboramos as nosas normas. Como xa as acordamos nunha asamblea en septembro, agora solo nos quedaba plasmalas e poñelas nun lugar visible da nosa aula. En verde o que se pode facer, e en vermello o que non; acompañado de fotos que representan cada norma. Xa non hai excusa para non portarse ben no cole!

Tal e como imos facer agora neste blog, que parece que nunca acaba, tivemos tamén algún que outro parón para descansar e xogar ao noso aire porque... hai que admitilo, o profe é un pouco pesado e hai que aproveitar os momentos nos que se pode desconectar e xogar a... a... Todavía non sabemos ben a que estaban xogando nas fotos, así que aceptamos suxerencias sobre que credes que están a facer nas fotos!

Como parte do CPInclúe, na súam odalidade Iguala-T que comezamos este curso, aproveitamos o noso calendario de aula para visibilizar as mulleres destacadas na historia, tal e como vos falamos antes. Así que cada vez que celebramos unha data importante relacionada cunha muller, preparamos unha pequeña lámina-resumo da súa aportación, escribimos o seu nome, e o compartimos fora da aula para dar a coñecer cantas heroínas descoñecidas hai na historia da nosa sociedade.

E xa por último, celebramos os aniversarios de outubro. Na nosa clase estivo de cumple Miguel Ángel, e por suposto lle prpearamos unha camiseta e unha coroa de regalo, ademais de unha deliciosa tarta que se comeron entre todos, mentres os pobres mestres limpaban os pratos. Xa veredes xa cando cheguen os nosos aniversarios...

E con isto rematamos! Se chegaches ata aquí, parabéns. Foi unha entrada moi larga, pero tamén o foi este mes. E non vóos digo nada de outubro, aina temos moito por facer e por aprender, así que estade atentos porque pronto volveremos con máis!

Acceso rápido

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Formación do profesorado

Proxectos T.I.C. do centro

Eleccións ó Consello Escolar

Eleccións ó Consello Escolar
Infomación do proceso

Usuarios conectados

Agora mesmo hai 0 usuarios e 1 invitado conectados.